Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Couto Mixto |
|
Unha República entre dous reinos, un lugar cheo de singularidades históricas e culturais, un símbolo da conexión entre a Galiza e Portugal. Asi é o Couto Mixto, un enclave de tres aldeas que durante séculos funcionou coma unha República Independiente, na fronteira galaico-lusa.
O Couto Mixto estaba constituído polos lugares actuais de Santiago, Rubiás, e Meaus, tendo unha superficie aproximada de 27 quilómetros cadrados. Na actualidade Santiago e Rubiás pertencen ó Concello de Calvos de Randín mentres o de Meaus pertence a Baltar.
Atópase entre dúas cadeas montañosas, a do Cebreiro e a de Larouco Pena. Unha lenda conta que os veciños da zona protexeron unha vez a unha fuxitiva princesa preñada, que deu a luz no Couto. Cando ela chegou a raíña otorgoulle grandes privilexios aos seus protectores. O neno foi San Rosendo, fundador de Celanova e Bispo de Mondoñedo. Nos mellores tempos documentados, a poboación no Couto chegou ao millar de habitantes; malia que hoxe tan só haberá unha cuarta parte, e a maioría de idade avanzada.
A orixinalidade do enclave foi que mantivo unha organizazón de seu, desvencellada tanto da Coroa Portuguesa coma da Española.
Así, as pequenas aldeas conformaron un territorio autónomo, unha pequena ?república? que se rexía polas disposicións dos veciños, comerciaba ceibemente e non dependía na práctica nin de España nin de Portugal.
Un xuíz, ou xefe político, elexido polos veciños, constituía a máxima autoridade de goberno, administrativa e xudicial, auxiliado por tres homes de cada aldea (chamados ?homes de acordo?) e un vigairo de mes, o axente executor. Os homes de acordo posuían cada un unha chave, e as tres xuntas abrían a arca na que gardaban os documentos oficiais. Esta arca gardábase nun dos tres pobos, e para abrila debíanse reunir doce homes máis os tres gardiáns das chaves, un total de cinco por pobo.
Ao carecer dun señor feudal, evitouse que o embrión de Estado se cohesionase, polo cal hoxe non figura nos mapas. Nembargantes, mantivo durante séculos esta independenza de facto, que lle daba privilexios como non contribuir con homes a ningún exército, practicar un comercio ceibe sen dar contas a ninguén, polo chamado Camiño Privilexiado (un camiño inmune á acción dos gardas da fronteira, que comunicaba o Couto coa vila portuguesa de Tourém, atravesando terras galegas de Randín nun percorrido duns seis quilómetros que aínda hoxe se conserva). Recoñecían o dereito de asilo para fuxidos da xustiza hispana e lusa, e tiñan liberdade para cultivar tabaco e outros productos, cultivos que nos países veciños estaban fortemente controlados.
Cando no 1868 se rematou esta situazón, o lugar foi un nudo de contrabando, traendo tabaco, menciñas, xabrón, azucre, bacallau e sal de Portugal, e en sentido inverso desenrolouse un curioso tráfico de calzado. Os portugueses entraban no Couto cos seus zapatos máis vellos, compraban uns novos a bo prezo, e volvían a pasar a fronteira, previo abandono do calzado vello na cuneta. Ningún garda fronteirizo puido nunca reprocharlles nada. Este contrabando estivo arraigado até ben entrados os sesenta.
Dende hai anos, un grupo de veciños quere reviví-la zona e lembrá-lo pasado histórico das tres aldeas. Celebran para iso un festival a mediados de xullo, unha cerimonia na que lembran o protocolo dos tempos históricos. Malia que seña difícil algo de recoñecemento actualmente, os veciños conseguíronno recentemente, cando Portugal instalou uns muíños eólicos na serra de Larouco, fronteiriza coa Galiza. Pero dous destes muíños estaban en terreos de pastos comunais do Couto, marcados cun pedrón coas iniciais C.M. Denunciada a situazón, Portugal recoñeceu o erro, e agora paga uns 6000 euros anuais en concepto de aluguer. |
|
|
|
2 Comenta-se que... |
|
1 |
moi interesante artigo,u#blgtk08#hna magoa que rematara |
|
|
Dito por maria (04-06-2007 17:03) |
|
|
2 |
graciñar por escribir sobre nos. #blgtk08#un bico dende santiago dos mixtos |
|
|
Dito por noemia (21-06-2008 18:01) |
|
|
E ti que pensas disto? |
|
|
|
|