Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Sempre en Galiza
Onte decidinme, din o paso. Pensei que xa estaba en disposición de ir Máis Alá, como dicía Manuel Antonio. Tras unha tarde de estudo, paseo e internet dirixinme a última hora con paso firme á libraría Follas Novas, baixei as escaleiras até o terceiro andar e fun onde estaban os libros de Castelao... botei unha ollada e alí estaba: Sempre en Galiza. Collino firmemente, pagueino relixiosamente e dirixinme á casa.

Non puiden agardar... non tiña tempo pra lerias... de cea fíxenme un par de ?sándwichs? de salchichas con ketchup (unha receita rara e rápida que aprendín en Irlanda, están bos, en serio! E ademáis o ketchup évos moi bo pra a próstata) e fun ó sofá. Puxen música (non me gusta o silenzo) e, tras unha fotografía de Castelao e unha adicatoria ?En memoria de Alexandro Bóveda?, lin as primeiras liñas:
Os tres feixes de discursos que se axuntan neste volume -reflexos dun mesmo ideal- foron escritos no desterro, para escorrentar a morriña, e responden a situacións diferentes de lugar e tempo: Valencia e Barcelona (1937), Nova York e Océano Atlántico (1940), Bos Aires (1943). E cavilando no limiar que debía compor para encabezalos, opino que poden valer os pequenos artigos que escrebín en Badaxoz (1935), cando Lerroux tivo a ben ordear que me preparase para maores ausencias.

Comecei a lelo e sorprendeume moito, moitísimo o que di este home... non polo de novidoso, senón porque eu cheguei ás mesmas conclusións sen ter lido máis que algún pequeno fragmento das súas ideas nalgún blog, unha parte ínfima da súa obra literaria. Esta obra érame (éme de feito, pois aínda moito me queda por ler) completamente allea e, nembargantes, Castelao e mais eu chegamos a unhas mesmas conclusións. Isto fíxome cavilar... fíxome cavilar no moito tempo que este home tivo que pasar a darlle voltas á cabeza, e dígoo porque eu pra chegar ás conclusións ás que cheguei até o de agora (e que agardo que continúen evolucionando cara adiante, e sempre en positivo) deille centos de miles de voltas ás miñas ideas, lin cousas por aquí e por acolá, machiqueinas, remoínas, transformeinas e fíxenas miñas.

Que sinificado ten isto pra min? Non é senón a confirmación de que o galeguismo e a galeguidade non son froito das teorías dun home que deu en escribir un libro, senón que veñen dadas pola lóxica ilóxica da nosa Terra. Unha nazón é ou non é... se non existe non se pode inventar, e se existe non se pode agochar.

Por que tardei tanto en lé-la que se considera obra mestra do nacionalismo galego? Tiven eu un mestre, un dos bos mestres que tiven, de tecnoloxía, que dicía que Sempre en Galiza era unha obra imprescindíbel a ler pra todo o que se profesase de nacionalista. Eu non quería ter unhas ideas de papel, unhas ideas baseadas en tinta que enchoupa a folla... o ?nacionalismo? andaluz considera a Blas Infante o pai da súa patria, o que escribiu o que era Andalucía; iso é precisamente inventar unha patria, iso é o que fixo Isabel de Castela cando quixo unificá-la península baixo o seu xugo pra crear unha patria artificial. Eu quería que as miñas ideas viñesen da base, do pobo, e non dunha panda de intelectualoides de café; pra iso autoimpúxenme un proceso de aprendizaxe no que fun coñecendo dende o máis rancio galeguismo reclamador da independenza da Galiza pra sermos unha nazón de gaita, cacique e carro dos bois ó máis rancio españolismo reclamador dunha unidade de destino no universal de flamenco, misa e touros.

Eu, coma Castelao, intereseime polos eidos a seguir da Galiza dende o estranxeiro, dende fóra da nosa Terra... porque é dende fóra cando realmente se entende á Galiza. Sempre me gustou o punto de vista obxectivo... se os españois todos visen España dende fóra o seu xeito de pensar había ser ben distinto, e se tódolos galegos vísemos á Galiza dende fóra outro galo nos cantaría. Agora ben, á hora de defendela hai que facelo dende dentro, porque senón sería imposíbel comprender as inquedanzas da xente, e xurdirían cousas como as que suceden co voto emigrante, que se cren con dereito a decidí-los vieiros a tomar da Galiza sen tan sequera ter pisado os seus montes nin arrecendido o seu mar.

Arrisqueime a poñerlle á miña bitácora o nome desta obra arriscándome a que alguén me falase dela e comprobase que era un perfecto iñorante do seu contido... sómentes vía entón a forza do seu nome, a súa representabilidade. Agora vexo neste proxecto a procura dos mesmos anceios que este homiño predicaba dende tódolos vieiros do mundo, e matei así, aplastando definitivamente, ós meus ídolos.

As ideas ás que chegou Castelao non chegou por ser un xenio... chegou porque veñen dadas, estan aí, só hai que saber velas có cerebro e non só cos ollos. Eu mesmo cheguei a todas esas conclusións, e non son un ilustre escritor nin político, e non teño nin idea de pintura.

Penso agora en tantísimos artigos e ideas que escribín e non publiquei, ou que directamente borrei cando tiña a medio escribir porque non me remataba de convencer o xeito de redactalas... eu sonvos mellor predicador de bar, escudado tras unha caña e abrazado polo fume do tabaco non hai contenda verbal que se me resista... cantas ideas firmemente aferradas nalgunhas persoas teño deitado cun certeiro golpe dunha idea totalmente tola, que só a alguén que antes lle deu moitas voltas ó tema se lle poderían ocorrer, e que sorprenden pola súa sinxelísima lóxica aplastante.

Agora sei que a meirande parte destas ideas non precisaba de publicalas... xa estaban escritas nun libro que curiosamente comparte nome coa miña bitácora ;)
E así, mirando sempre cara adiante, pensando sempre en positivo, evolucionando sempre no meu pensar, agardo que todas estas ideas se espallen polo mundo, mais, sobre todo, que boten raíces... e fiquen... Sempre en Galiza.
Comentários (4) - Secçom: Reflexions - Publicado o 30-05-2007 18:59
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comenta-se que...
1 Moi boa a reflexión, máis que ideas eu vexo un sentimento de quenes de verdade queremos á nosa terra e a vemos coma unha parte nosa, pois a tradición e a cultura propias s#blgtk08#on evidentes, incluso a paisaxe, algo do que pouco se fala. E estes conceptos na experiencia da vida marcan a un,unha parte de nós estará coma ti ben dis Sempre en Galiza.
Dito por Nesinho (30-05-2007 21:30)
2 So podo dicir que me em#blgtk08#ocionei o leer o post!
Dito por Anxelica (31-05-2007 00:36)
3 Non serás un ilustre escritor nin un político e non terás nin idea de pintura...p#blgtk08#ero o teu blog é maravilloso! Cada día alumeas o meu maxín cos teus comentarios.
Dito por bubamara (31-05-2007 01:50)
4 Moitas grazas polos v#blgtk08#osos comentarios!! :)
Dito por Suso (31-05-2007 23:55)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0