Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Guía Sexual da Sociolingüística |
|
Normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua. Si, pode ser que antes lle chuchemos o dedo a alguén ou que lle mordamos o lóbulo da orella, mais son as nosas linguas as primeiras que nos exploran por dentro en serio, de verdade. A nosa lingua é unha das principais vías para o coñecemento humano.
Por iso é difícil esquecer a primeira vez que lle metes a lingua a alguén, a primeira vez que unha lingua entra na túa boca. Porque non deixa de ser a primeira vez que lle permitimos a outra persoa entrar dentro nosa. Ao descubrirmos a nosa intimidade, coa lingua expresamos a nosa identidade.
A que non sabías que durante un beixo se moven 29 músculos? E que os batimentos cardíacos aumentan de 70 para 150 e melloran a oxixenación do sangue? Si, o beixo beneficia o corazón. E ademais adelgaza. Nun bo morreo gastamos preto de 12 calorías!
Tamén é importante saber que o morreo é cousa de dous. Un morreo é un diálogo entre papilas gustativas, entre a lingua e o ceo do padal, entre o cuspe e os dentes. E nun diálogo entre dúas persoas hai que dar e recibir, ofrecer e aceptar, avanzar e retroceder, facer ruído e gardar silencio, entrar e saír. Morrear é unha das máximas expresións da comunicación humana.
O proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda da lingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico? Un pouco de humor tamén é necesario e podemos falar de cousas serias cun sorriso nos labios. Estabamos falando de beixos con lingua?Eis a Guía Sexual da Sociolingüística.
1. Exixamos para a nosa lingua o mesmo pracer do que goza calquera lingua.
2. Se aínda nunca o fixeches busca alguén con quen te sintas cómoda ou cómodo e adiante! Aínda que ás veces facelo con persoas descoñecidas, así de súpeto, resulta mellor.
3. O proceso de normalización é un proceso social que parte de cada persoa e que se basea no intercambio de comunicacións. Podemos facer moitas cousas en solitario?, mais non nos podemos morrear a nós mesmas.
4. Se teu pai e túa nai non che aprenderon nin che dixeron como se fai, non pasa nada? Aínda estás a tempo de aprender pola túa conta.
5. Sobre este tema sempre houbo ?e hai? tabús, falsos mitos, pouca información e moita ignorancia? Pasa dos prexuízos doutros tempos e adiante.
6. Hai xente á que lle gustaría probar porque intúen que lles vai gustar mais..., dálles corte! Non te acovardes, desinhíbete e goza coa lingua.
7. Aínda hai xente que pensa que darlle á lingua non é fino e xente que pensa que é un pouco vulgar?. He, non teñen nin idea!
8. A lingua é un instrumento imprescindíbel para relacionármonos, integrarnos, darnos a coñecer e coñecer xente. Sen non usas a lingua fechas portas. Non sexas pechado ou pechada.
9. Pode ser un rollo dunha noite. Ou unha relación para toda a vida.
10. A eficacia da lingua depende da práctica. A lingua mellora co uso. Ninguén nace aprendido!
11. Hai persoas que teñen problemas psicolóxicos que lles impiden darlle á lingua con normalidade. Eses problemas ?identificados pola Sociolingüística como diglosia, autoodio?? teñen solución.
12. Hai persoas que teñen problemas ideolóxicos que dificultan ou impiden o uso natural da lingua. Esas problemas teñen máis difícil solución?
13. Isto tamén é un feito cultural. Respecta a cultura da túa sociedade. Se vivísemos no polo norte entre esquimós sería normal dármonos os beixos chocando o nariz.
14. Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. A ignorancia non ocupa lugar.
15. O morreo, como a lingua, non diferencia ás persoas, é democrático: non debe discriminar por idade, raza, sexo, clase social ou lugar de nacemento.
16. É bo para a saúde e para a túa calidade de vida persoal e social. Unha habilidade necesaria no mundo de hoxe.
17. Hai quen pensa que son as linguas as que lles dan prestixio ás persoas cando realmente somos as persoas as que prestixiamos ou desprestixiamos a nosa lingua. E se nós non valoramos a nosa lingua, quen o vai facer?
A lingua é a mellor forma de descubrirnos e descubrir outras persoas. O mellor é ter como obxectivo vivir a nosa lingua como a nosa sexualidade: de forma libre, satisfactoria, consciente, responsábel e saudábel. Con normalidade!
Da relación da Sociolingüística co sexo oral falaremos noutro momento.
|
|
|
|
3 Comenta-se que... |
|
1 |
Creo que dixen nun comentario por aí que era un pesimista con isto da lingua. Pero levas razón: unha das cousas que sempre discuto co ENL do centro no que traballo é que é preciso deixar de lado o discurso victimista e promocionar a lingua como algo positivo. Gosto do teu enfoque.#blgtk08#
Por outra banda, e para que mires por qué ando pesimista, http://www.blogoteca.com/ruben/index.php, hai xente para todo.
Ah, e feliz aniversario, meu. Quen o diría: o planeta deu xusto 21 voltas arredor do sol desque nasceches. Calquera motivo é bo para a festa. |
|
|
Dito por O'Padín (21-05-2007 12:04) |
|
|
2 |
Non sei que pasa hoxe coa blogoteca que case é unha odisea tentar deixar un comentario.
Repito. Este artigo é brillante, un dos mellores xeitos de contax#blgtk08#iar as ganas de falar e escribir en galego, se con un bico coma este alguén non se anima é que non ten ganas de falar (en xeral).
Grazas por compartilo. |
|
|
Dito por Doutora Seymour (21-05-2007 12:21) |
|
|
3 |
De nada Doutora, pra iso estamos :)
O'Padín, eu creo que co descurso victimista só logramos crear máis autoodio, o que temos que facer é tirar cara adiante, sempre cara adiante. Xa abonda de falar continuamente da "Doma e castración"... os galegos, coma sempre, botámoslle dous collóns daquela e pasamos de deixar de falar na nos lingua, e agora é o que temos que seguir a facer. Temos que deixar que #blgtk08#os iñorantes se pudran na súa iñoranza e rebenten berrando contra nós ó comprobar que todo o que nos din nos entra por unha orella e nos sae pola outra.
Eu comecei a falar en galego pra ligar máis... non creo que poida haber mellor excusa pra iniciarse na fala dunha lingua.
Grazas polos parabéns... en realidade o máis difícil de facer unha festa é procurar unha boa excusa, hehehe. X) |
|
|
Dito por Suso (22-05-2007 19:24) |
|
|
E ti que pensas disto? |
|
|
|
|