Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Linguas cruzadas |
|
María Yáñez e Mónica Ares escribiron e dirixiron Linguas cruzadas, un documental que analiza a situación da lingua na mocidade e os diferentes fenómenos de conversión lingüística que se están a producir nos últimos anos. O traballo tenta responder a preguntas como cal é a lingua que emprega a xente nova, se se manteñen os estereotipos que marcan un idioma ou outro, se hai conflito e cal é o futuro do galego.
O espazo emitirase na Galega o Día das Letras pola tarde e redifundirase o sábado. Recolle as opinións de máis de 35 persoas, aínda que se centra en cinco delas:
María, unha moza de Castro de Rei que pertence á xeración dos resistentes: falan galego, séntense orgullosos de facelo e non van renunciar á súa lingua.
Outro é o caso de Roli, coruñés que nunca fala galego aínda que o coñece, porque o seu contorno non emprega a lingua. Fer, tamén da Coruña pero que decidiu converterse ao galego cando comezou a estudar en Compostela: é un neofalante.
Andrés, de Bueu, amosa a situación da lingua nas vilas e a súa perda por non parecer ?do monte? e pola escolarización en castelán. Por último, reflíctese o caso da xente que vén de fóra para aprender galego: Lilian, unha coreana de 21 anos.
O documental tamén ofrece o testemuño de tres grupos de pop do país: 6PM, Nadadora e The Homens. Está realizado por Xacobe Sineiro e producido por Control Z.
Hoxe creo que xa mo perdín... mais o sábado hei estar enganchado ó televexo! :)
Creo que me vou sentir identificado con Fer. |
|
|
|
1 Comenta-se que... |
|
1 |
Proud to be Neofalente :D
(Sim, sou o fer do documental X#blgtk08#D XD)
E Maria e Mónica fixerom um gram trabalho! |
|
|
Dito por Fer (19-05-2007 23:03) |
|
|
E ti que pensas disto? |
|
|
|
|