Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Conmigo vanse foder...
Andan nesta época os políticos rabiosos na procura de votos. É incríbel... había cousas que levaban anos son solución e de súpeto, coma se dun milagro se tratase, arránxanse tódolos problemas.

Supoño que todo canto conte se pode extrapolar a tódolos concellos da Galiza, mais hei comentar dous casos que coñezo de preto e me afectan en particular.

Pra comezar... o tema da República Independente de Buscalte, que administrativamente depende do Concello de Xermade. Así contado en poucas palabras, o señor alcalde deste concello (do PP) axudouse imos a dicir que non sabemos de quén e apoiado por algúns veciños que diremos que iñoramos quen son pra facer unha das cacicadas máis gordas que vin nos últimos anos.

Situémonos. Unha casa á que se accede únicamente ó traveso dunha finca asfaltada que remata nela, é dicir, non pasan máis coches que os que alí van, situada nunha entorna idílica. Hai que reformar unha estrada pra que quitarlle curvas e mellorá-lo seu trazado, perfecto. E de súpeto, sen vir a conto, cámbiase o trazado orixinal da estrada e faise unha tremenda curva que fai que esta pase ó pé da casa, tálanse carballos, tunélase un río e métese unha perigosa rotonda no medio desta suposta estrada que ía mellorá-las comunicacións... cómo se come? Amiguismo caciquil!

Os de sempre a protestar... esa familia de toleiráns que non saben do que falan, son iñorados. Eles posúen planos orixináis cruñados polo Concello do trazado orixinal da estrada, cousa que proe quinindiola ós gobernantes. Resultado ó rematá-la estrada: os veciños din que é unha merda e un perigo o que se fixo... tarde piaches meu!!

A solución que se propón agora pra recuperá-lo voto... ollo ó dato meus, a ver a quén lle soa:
Xa que te fodin coa estrada esa, agora asfáltoche a pista!
Non sei se é pra rir ou chorar.


Sufraxio Universal, Política de Asfalto


Mais non vos creades que o de ser caciques é exclusivo do PP... os que se autodenominan de esquerdas tamén se corroen co poder.

Na miña vila, As Pontes, goberna o BNG con maioría dende hai dúas lexislaturas... e lémbrame terríbelmente ó "caso Aznar". Aznar era un tipo que na súa primeira lexislatura parecía un tipo normal (lembrádesvos??), mais en canto se viu continuando no poder entroulle o mal da monarquía absolutista e creu que podía facer o que lle saíse dos collóns... pois ídem pasou co BNG eiquí.

O caso é que se deberon de decatar das cagadas que teñen feito, porque nos últimos meses se fixeron non sei cantos parques infantís... chamoume especialmente a atención un que non existía dende hai penso que máis de seis anos.
Estivera vivindo dous anos na Avenida da Habana... unha rúa na que estivemos logo dun ano coas beirarrúas destrozadas a golpe de martillo pneumático sen que houbese trazas de que puxesen novas baldosas, eu a piques estiven de foder un nocello varias veces.
Tamén onde agora vivo está o asfalto machacadísimo e cheo de fochancas... non hai moito que mandaran uns paisanos a "amañalo" e fixeron a típica chapuza española: dende o camión botaron unhas presas de xistos e nin sequera lle pasaron unha capiña de alcatrán pra que se fixasen... obviamente durou unhas semanas nas que ó pasá-los coches erguíase pó de carallo. Pois ben, agora resulta que a van a asfaltar, ben quero dicir, como hai que asfaltar.

En fin... o que se presenta polo PSOE é un veciño meu, novo, que ó parecer ten boas ideas e un equipo de xente nova disposta a traballar canto menos con ilusión. A xente aquí ten bastante confianza posta nel polo que vexo. O que pasa é que vai polo PSOE, e como eu son dos que pensan que tería que pasar a chamarse PE, porque como dí unha cantiga dun amigo meu o Socialista Obrero comeuno Felipe, pois xa me diredes...

Os independentes ponteses non me chistaban nada, este ano non se presentan, pero nin me vai nin me ven. E o PP... qué dicir del?

Conclusión: Pra votar en branco cómo hai que facer? Hai que botá-lo sobre sen nada dentro?

Non busquéde-lo meu voto... conmigo ídesvos foder!


P.D.- Terán collóns dunha puta vez os que saian gobernantes en As Pontes de clausurá-lo cemiterio vello?? Trá-las elecións non han ter problema de perder votos, non?
Comentários (8) - Secçom: Política - Publicado o 13-05-2007 00:02
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comenta-se que...
1 Hai gobernos bos e malos en todas as casas. pero hainos mois bos e m#blgtk08#oi malos.
Votar en branco é o mesmo que non votas compañeiro.
Dito por A vida en Ponteareas (13-05-2007 09:56)
2 Se keres votar en branco estás no teu pleno dereito,non sempre tes ke elexir unha opción. Polo menos es un do#blgtk08#s poucos mozos ke non menospreza o dereito o voto, ese polo cal loitaron moitas persoas durante a dictadura.
Dito por bubamara (13-05-2007 13:52)
3 Sucede que eu non vexo alternativa que me represente... de votar un partido faríao polo PSOE, mais lembrando iso de "Zapatero, no nos falles", a min falloume en diversos aspectos. No meu pobo non hai EU nin outro partido co que me vexa algo identificado.
Se como dí o BNG, dende os Concellos tamén se fai país... eu non quero un país que erre.

Ponteareas, por esta vez discrepo ó 100% contigo. O voto en branco é precisamente o meirande triunfo da Democracia, o poder de elección do pobo, o dicir non me gusta o que hai e os que gobernan non me representan.

O voto en branco é dicir: sodes todos uns mamalóns, a ver se vos deixades de politiqueo e demagoxia barata e facedes algo polo pobo. É amosá-la túa plena discrepancia co Sistema, é a procura dalgo mellor.

Eu teño un amigo que pas#blgtk08#a plenamente da política, mais nunca se esquence de ir a botá-lo seu sobre en branco pra amosá-la súa discrepanza co Sistema.

Hai unha novela de Saramago que plantexa precisamente isto... qué pasaría se de súpeto nunhas eleccións saíse unha maioría de votos en branco? Os analistas e os políticos dirían que é o fracaso da Democracia... eu digo que sería o meirande triunfo que a Democracia puidese ter. Por unha vez veríase cumprida a vontade do pobo, un pobo que diría: isto non nos gusta, imos facer algo novo, mais imos facelo dun xeito democrático pra que TODOS teñamos cabida neste Novo Sistema.

O voto en branco é o voto da Dignidade, o voto dos que non se venden, o voto dos que cren que outro sistema mellor e máis xusto é posíbel.

O voto en branco é o voto dos verdadeiros demócratas.
Dito por Suso (13-05-2007 16:22)
4 Que boa a primeira exposición do tema que nos ocupa. Supoño que o de se lle soa a alguén o de asfaltoche a pista vai por min non? Así amigos quixo comprar o alcalde de Xermade ó meu pai para que deixaramos de protestar pola maior acción caciquil que se recorda no concello. Que sinxelo é pr#blgtk08#a os políticos meterche un puñal e por diante sorrirche pa non perder unhas eleccións.

Sigue así primo, que con estes artigos que nos vas expoñendo abres os ollos a sociedade da Galiza, para poder conseguir que un día cando mexen por nós, digamos que están a mexar por nós.
Dito por pita (14-05-2007 09:53)
5 Totalmente dacordo, son galegista, gustame en parte a politica nacional q fai o bng, per#blgtk08#o nas pontes, necesita un relevo pero xa. Outra cousa ,xa non se presentan fpg, nin eu?
Dito por pablo (16-05-2007 02:23)
6 Pois non Pablo... este ano nas Pontes só se presentan tres partidos: BNG, PSOE e P#blgtk08#P. As alternativas son moi poucas, ese é o motivo que me empuxa ó voto en branco.
Dito por Suso (16-05-2007 17:11)
7 Na procura dalgún adorno visual pra un post cheguei aquí... co teu permiso róuboche o segundo "vidrio" que é boísimo.

Pero témome que tal e como está montado o SISTEMA o voto en branco non é precisamente o xeito de dicirlles que NON ao seu sistema, de feit#blgtk08#o, na miña humilde opinión e tamén segundo leín por aí dalgún republicano, é o xeito de dicir "non hai partido pra min, pero SI aprobo o sistema". É precisamente do que estaba a escribir cando atopei este site.

Moloume o blogue, moi activo.
Saúde.
Dito por louBaN (25-05-2007 13:41)
8 Eu considero peor non votar... é como dicir que che tira da pirola o que faga#blgtk08#n, e eu o que quero é que se deixen de lerias, pero que fagan as cousas ben.
Dito por Suso (25-05-2007 18:31)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0