Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Regreso ó futuro... e volta ó pasado
Estiven alí, vin o futuro, e quería voltar pra comprobar se era certo. Vin un país orguioso de si mesmo, no que vivir nunha vila de 3000 habitantes non era sinónimo de ausenza de futuro, no que o ecoloxismo non estaba enfrontado coa creación de postos de traballo, no que o rural tiña prestixio, no que os desportes de sempre tiñan seguidores e ligas, no que nos bares se mesturaba a música tradicional co Bulería de Bisbal, no que escribir ou falar na lingua de seu non era sinónimo de reivindicá-lo pasado senón de mirar cara o futuro. Vin un país que miraba por si mesmo e non polos seus veciños, vin un país que miraba á cara a aquel con quen tiña que negociar no canto de agachá-la orella e dicirlle que sí a todo.

Logo voltei ó pasado, e descubrín que aquilo do que eu falaba, aquilo que eu reivindicaba non era unha utopía, pois vino cos meus ollos, non foi un soño... mais agora semella que si que o foi, un soño marabilloso, un soño como aquel que tivo Martin Luther King, unha utopía realizábel.

Espertei nun país que se odiaba a si mesmo, no que vivir nunha vila de 13000 habitantes non implicaba ter un futuro asegurado senón máis ben incerto, no que o ecoloxismo tan só se adicaba a desprezar e cuspir sobre todo o que trouxer postos de traballo, no que o rural estaba denostado, no que os desportes de sempre eran vellos e pasados de moda, no que nos escasos bares que se escoitaba música do país non había ninguén vestido con camisa e zapatos, no que escribir ou falar na lingua de seu era visto coma paletismo ou politismo. Espertei nun país que miraba por todo o mundo agás por si mesmo, nun país que agachaba a orella mentres era explotado.

- Na televisión de Euskal Herria dan o parte do tempo pra todo o país, pra que tódalas xentes que nel viven saiban se lles vai chover ou poden ir á praia... na televisión da Galiza considéranse radicais e imperialistas a aqueles que cremos que os de Vegadeo ou os bercianos teñen dereito a saber se lles vai caer un trebón.

- Os sinais das estradas de Euskal Herria están en euskara ou son bilingües e inclúen a lingua do Estado que os denosta; na Galiza moita xente se ten que adicar a corrixilas porque só están na fabulosa lingua cervantina, ás veces cometendo horrorosas deturpacións. Á entrada da vila na que viven meus tíos e curmáns hai un sinal que dí “Zizurkil Independentziaren Aldea”, á entrada de As Pontes, onde goberna o BNG e hai uns anos que puxo por todos cantos sitios se entra ós territorios do concello letreiros de “Benvidas e Benvidos a As Pontes” aínda hoxe, entrando por Momán, se pode ver un sinal que pon “Puentes” cunha corrección feita por un anónimo.

- Nos concellos de Euskal Herria pendura a Ikurriña, a bandeira do país, e con frecuencia pancartas de reivindicacións do seu pobo... na Galiza hai lugares nos que a bandeira de España loce alta nun mastro protexida por dous policías. Os ponteses somos un caso excepcional... somos así de chulos, e ademais da bandeira galega e a pontesa temos uns mastros coas bandeiras dos países nos que a vila ten poboacións irmandadas coas que facemos intercambios: Breizh (Bretaña), Cymru (País de Gales), e Cuba. E mentres as vilas costeiras agradecíanlle ó PP as indemnizacións do PPrestige nós tiñamos pendurada na casa do concello unha enorme pancarta que poñía “Nunca Máis”.

- Nas festas de Euskal Herria as orquestras falan e cantan en euskara... na Galiza cantan pasodobles que din “Que viva España”, mais ós que imos ó Festival dos Irmandiños de Moeche e cantámo-lo hino galego trá-lo asalto ó castelo chámannos radicais.

Asegúrovos que, despois do norte de Portugal, non hai sitio na península que asemelle máis á Galiza que Euskal Herria. O que nos diferenza é o amor propio... mentres alá as cousas de seu teñen prestixio social aquí o auto-odio non fai senón denostalas. O meu obxectivo non é senón abrí-las mentes de quen cré que pra ver só se precisa de ter ollos, cando que sen cerebro nin ven os ollos, nin escoitan os oídos nin sinte o corazón.

Tiven un soño... un soño que se chamaba Galiza, os que soñamos despertos sabemos cousas que os que só soñan durmidos ignoran. Da utopía á realidade só hai un paso, tan só se precisa de xente disposta a dalo... eu xa botei a andar, alguén se apunta ó meu camiñar?
Comentários (11) - Secçom: Reflexions - Publicado o 03-05-2007 17:29
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comenta-se que...
1 Conta comigo mais o camiño #blgtk08#é longo e cheo de atrancos.
Dito por a randeeira (03-05-2007 18:18)
2 conta tamén conmigo, pero ante todo hai que facerlle constar a xente de galiza que non se abergonce de ser galego ao salir ao resto do estado, senon que se sinta orgulloso de ser galego da galiza, que por un encima de calquera español está un GALEGO/A.#blgtk08#r /> para rematar decir que non se pode emigrar senon que hai que facer a revolta para poder vivir no teu lar sen emigrar.por que pagar o mesmo de luz que un madrileño cando os rios que se joden son os meus???? e como estas moitas preguntas máis........
Dito por compatriota (03-05-2007 20:24)
3 Concordamos plenamente con todo o exposto e damos fe de que así #blgtk08#é. E obviamente, nós tamén andamos nese camiño!
Saúdos!
Dito por luxo (03-05-2007 22:46)
4 Eu apúntome a andar contigo, e seguro que, pa#blgtk08#siño a pasiño, chegamos a bon porto. Seguro.
Dito por A do outro lado (04-05-2007 08:03)
5 Como ti ben sabes, sempre andamos xuntos o noso camiño por ser ese curmán que te acompaña a tódolos rincóns da terra. Supoño#blgtk08# que non che teño que decir que te apoio no teu andar primiño. Por certo, que ven deixamos quedar a Galiza na Euskal Herria.
Dito por pita (04-05-2007 10:14)
6 Concordo contigo em que hai que rematar com o autoodio. É que é umha das maiores remoras da Galiza
Mais nom com que Euskadi seja um referente para nos. Esqueçes comentar na tua analise que a de Euskadi e umha sociedade muito fracturada e c#blgtk08#om o clima de violencia muito marcado. Eu tambem venho de estar lá uns días e quedei muito sorprendido com esto.
Asemade a composiçom socio-económica do povo basco é oposta à do galego.
Os galegos temos da achar a nosa propria vía.
Dito por W.Sobchak (04-05-2007 11:43)
7 Creo que estamos de acordo en que o autoodio é o principal problema da Galiza pero estamos inda a tempo#blgtk08# de superalo? ou perderemos parte da nosa cultura polo camiño? (estou pensando na Irlanda e o gaélico)
Dito por Suevo (04-05-2007 12:14)
8 Concordo con moitas das cosas que dis, pero coido que W.Sobchak apunta un dato a considerar cando fala de tomar a Euskadi como referente. Penso que cada país debe ser referente de si mesmo, a historia, a cultura, a lingua, entre outras cousas dannos unha personalidade á que non debemos rexeitar, teremos que traballar hoxe para que ese futuro que todos #blgtk08#soñamos se faga realidade. Mirar alén das nosas fronteiras, si, sempre, pero non cometamos o error de pensar que todo o dos demais é bo ao 100%. O que nos falta é amor propio, e iso só se consigue inculcar co amor. Fermosa frase esa na que dis que sen cerebro non ven os ollos, nin escoitan os oidos nin sinte o corazón. Os galegos somos intelixentes...
Dito por Doutora Seymour (05-05-2007 02:44)
9 Non, eu non digo que Euskal Herria teña que ser un referente para nós... entre outras cousas porque nun principio rexeito a loita armada.

Precisamente o que quero é que miremos máis por nós mesmos, e compáronos con Euskal Herria porque eles sí miran por sí mesmos, mentres que nós ollamos cara Madrí. A miña nai sempre me dixo que de se compara#blgtk08#r a alguén había que facelo sempre mirando cara arriba, e non cara abaixo... non me hei comparar cos astures, que se adican a lamerlle o cú a España e así lles vai, senón cos cataláns ou os bascos, que van a Madrid con esixencias e non con porfavores.

O que nos fai falla é querernos máis, a a partires daí tirar, cara adiante e en positivo :)
Dito por Suso (05-05-2007 03:02)
10 Concordo co que expós no teu post. Dende logo, os galegos precisamos dunha vez deixar-nos de parvadas e escomezarmos a reivindicar o que nos é próprio, non como millor, senón como#blgtk08# iso, como próprio.
Euskal herria, nefeito, moito qu aprender... E pra Suso: ese moito que aprender non é a loita armada. Relaciona-la con Euskal herria é bastante tópico.
Dito por Paco (13-05-2007 03:02)
11 Paco... o mesmo Suso que comenta é o que escribiu ese artigo ;)

Sei sob#blgtk08#radamente como é o ambiente en Euskal Herria... a min persoalmente encántame ese país.
Dito por Suso (13-05-2007 03:08)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.