Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Sitio distinto
O Estatuto galego foi o primeiro en seren parado do Estado porque os nosos políticos non chegaban a acordo en que carallo somos. A verdade é que a nosa terra é de puta coña, e os nosos políticos e dirixentes non habían de ser menos ca nós. Os políticos galegos falan da Galiza, mais ollan cara Madrid... dalí veñen as ordes e alí é onde desexarían gobernar a meirande parte deles.

Xa no nome do país somos distintos... coñecedes algún outro país en toda a esfera terráquea que teña dous nomes?? Pois nós ?semos? peculiares... poñémoslle Galiza e mais Galicia de nomes oficiais, porque nos sae dos collóns e por collóns.

Na Galiza non se fai política... asfáltanse as pistas cando chegan as eleccións e por se aínda así non nos chegan os votos temos un sistema infalíbel que consiste en meter unha chea de vellos nun coche e darlles un sobre co voto.

Na Galiza non hai política agraria... hai paifoquismo minifundista. A miña finca é a que máis vale do mundo, malia que só sexa unha toxeira que agarda a que se faga un parque eólico ou pase unha estrada pra ser cultivada e así cobrar uns pesos máis por ela á Xunta.

Na Galiza non hai política lingüística... aplaudímoslle ós centros que dan a metade das clases en galego e ó resto poñémoslle estes coma exemplo de bo facer. Ademais non temos lingua oficial... hai quen di que é o galego, mais a RAG, a AGAL e toda canta merda hai en defensa da lingua adícanse a botarse os trastos á testa uns ós outros mentres o país perde falantes de seu.

Na Galiza non hai protección medioambiental... sempre que pagues a quen corresponda podes montar unha presa que afogue unha importante fervenza ou facer unha canteira nunha fraga protexida. Iso si, como a un gandeiro lle dea de matar ó lobo que lle comeu vinte ovellas das que non recibiu subvención ningunha vai directo á cadea por asasino, mamalón e contribuír ó quecemento global cos peidos dos seus ovinos.

Na Galiza non hai industria enerxética... tan só temos unhas cantas centrais térmicas e eólicas espalladas polo país pra lles dar de balde electricidade ós españois que tanto fixeron por nós ó longo da historia. A verdade é que llo debemos. Temos con eles unha débeda por proporcionarnos unha língua de verdade e incluírnos nos territorios onde o flamenco e os touros aledan tódalas festas, así temos subministro de guiris asegurado.

Na Galiza non universidades nin centros de formación... ao que nós nos adicamos é a formar mozos pra exportalos a todo o mundo e que se vexa alén das nosas fronteiras o intelixentes, traballadores, altos e loiros que somos os galegos.

O segredo do marisco galego non se basea no aporte de nutrintes que provocan as rías e o ascenso de augas profundas por mor do Efecto Coriolis... as nosas centolas alimentanse de toda canta merda lles botan as nosas cidades e industrias e así de lustrosas nos saen.

O monte galego é tan fermoso porque non é auténtico... é replantado. Os nosos antepasados xa o vían vir... o que move o turismo a Australia é que sexa un sitio tan peculiar cos seus eucaliptos e os seus koalas. Nós decidimos facerlles a competencia... polo de agora estamos adaptando a flora, mais en canto cheguen os primeiros canguros ós Ancares xa veredes como os turistas se decantan por este cu co mundo e non polo outro...

As estradas galegas non son unha sucesión de curvas, baches e cambios de asfalto por mor da orografía nin porque o Estado non inverta un can nelas... é que así lle damos ó noso país ese punto de exotismo que pode ter Kenia ou Tanzania.

En definitiva... a Galiza non é nin unha nazón nin un país, nin sequera unha comunidade... a Galiza é un enorme xeriátrico no que os vellos poden gozar tódalas noites dunha gaiteirada na televisión e degustar lacoadas, alladas e mariscadas que subvencionan os galegos que fixemos estudar e emigrar. Eses mesmos vellos son os que elixen os gobernantes, que seguirán mantendo este sistema que é a sociedade do benestar galega, sempre a disposición de catro vellos que só miran pola súa pensión.

Somos unha potenzia?? Boh... iso son lerias que nos inventamos os que aquí ficamos pra consolarnos por non ter emigrado aínda... o que somos é unha enorme casa de putas. Achéganse as municipais... vaiamos todos en masa a votar pra manter este fantástico sistema...
Comentários (10) - Secçom: Reflexions - Publicado o 27-04-2007 21:44
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comenta-se que...
1 Moi boas!

Encantoume este artigo, paréceme moi interesante e cheo de razón. Gustaríame postealo no meu blogue pondo unha#blgtk08# ligazón a este espazo e aclaración de onde foi recollido, sempre que a ti non che moleste...

Moitas grazas, unha aperta
Dito por iago (28-04-2007 12:19)
2 Por suposto que o podes poñer no teu blog! :)
O da aclaración e a ligazón xa é cousa túa... a min #blgtk08#non me importa, o caso é difundir ideas, espallalas pra que cheguen ó meirande número de persoas posíbel.
Dito por Suso (28-04-2007 12:31)
3 ese suso! moi bo o artigo :)#blgtk08#r /> o peor é que é certo...
Dito por martinho (30-04-2007 01:37)
4 ai deus!! un auncio do pp no teu blogue "garantía de goberno" jajajajajjaj#blgtk08#ajajajjaa

GALIZA SITIO DISTINTO xDDD que razón que tes meu
Dito por martinho (30-04-2007 01:39)
5 ai deus!! un auncio do pp no teu blogue "garantía de goberno" jajajajajjaj#blgtk08#ajajajjaa

GALIZA SITIO DISTINTO xDDD que razón que tes meu
Dito por martinho (30-04-2007 01:40)
6 Canta razón tes, Suso.

O pior de todo é que non foi sempre así. Polo menos na mentalidade. Antes da guerra civil, empezaba a haber un forte sentimento de nación e as cousas semellaba que ían cambiar... ata que pasou o que pasou. C#blgtk08#ando parecía que por fin erguíamos a cabeza, a guerra e a dictadura levouse moitos mortos, pero tamén unha volta atrás que aínda estamos a sufrir. Eran moito máis avanzados naquela época ca agora. O atraso ideolóxico que temos agora é incrible.
Dito por Oskiña (30-04-2007 10:47)
7 Quedouche por contar os que esperan á concentración parcelaria para xuntar os 4000 metros cos que poden empregar unha finca agraria como solar onde edificar un alboio estilo "neopazo" ou "xatódelaluar", ou "falconcrés"... todo ben rodeado de muros de bloco de tres metros de altura ata o límite mesmo da corredoira.
Eu penso que só se pode renunciar #blgtk08#ao termo "nación" no estatuto se é sustituído por (por exemplo) "Galicia é un barco de vela no fondo do mar" ou "Galicia é unha inmensa pota de polbo con cachelos". Ou como decía Antón Reixa "my country is like a rocking chair, but I'm not sure what a rocking chair is". Así os tertulianos fodechinchos fliparían. Seguro que habería quen estivese en contra.
Dito por O padín (30-04-2007 12:09)
8 Queda algo máis por dicir?, tan lúcido coma sempre, da gusto ler este blog. E non me fa#blgtk08#le de asfaltar... non me fale.. pásese pola miña consulta alí o agarda unha invitación.
Dito por Doutora Seymour (30-04-2007 17:47)
9 Vai dar que falar, seguro.
Pero se o mesmo slogan o utilizase a x#blgtk08#unta de Castela-León, por exemplo, non chegaría nin sequera a anécdota.
Dito por a randeeira (30-04-2007 19:33)
10 moi bo o artigo!! consigues apaixonar a calkera co ke dis.
O noso problema é ke non temos conciencia nin unidade #blgtk08#como pobo (bueno, algúns máis ke outros). Preferimos ser unha colonia espanholista ke comenzar a pensar por nós mesmos.
Dito por bubamara (02-05-2007 19:41)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0