'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
O 25 de Abril é inconcebíbel sen a cantiga Grãndola Vila Morena, que se fixo famosa ó seren escollida como sinal pra a Revolución de Portugal.
Houbo dous sinais. O primero, ás 23h, foi a cantiga "E despois do adeus", de Paulo de Carvalho. Grãndola, que foi o segundo, foi emitidao no programa "Lìmite" de Radio Renascença ás 00:20h do día 25. Foi o sinal pra o arranque das tropas de Lisboa e a confirmación de que a Revolución gañaba terreo.
"Vivím o 25 de Abril uma especie de deslumbramento. Fun deica o Carme, andiven por aí... Estaba entusiasmado de tal jeito com o fenómeno político que nom me fijei bem, ou nom lhe dei importança, ao de Grándola. Soio mais tarde, quando se produciron os ataques fascistas do 28 de setembro ou os do 11 de março e Grãndola era cantada nos momentos de mais perigo ou de mais entusiasmo, me dei de conta de tudo o que sinificaba e, naturalmente, tivem uma certa satisfação", relatou José "Zeca" Afonso.
José "Zeca" - Grãndola Vila Morena
Terra da fraternidade
Em cada esquina un amigo
Em cada rostro igualdade...
¡Cómo no! Sabías que tú tenías que haber escrito algo al respecto. Por esa razón te he inclu#blgtk08#ido entre los enlaces que hacen referencia a este tema. Un abrazo madrileño.
Gustavo