'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
Ola xente! Esta fin de semana non hei publicar artigo ningún porque me vou de viaxe a Euskal Herria cun curmán, que me convidaron a ir polas festas de Andoain a beber sidra, visitar algúns lugares, saír de carallada, meterme en garitos batasunos a tomar cervexas Keler rodeado de euskaldunes e quen sabe... igual mesmo cae algunha basca.
Tamén hai ben tempo que teño ganas de facerme cunha ikurriña... son bastante afeccionado á colección de bandeiras, o mal é que non teño tanta superficie de parede como para poñelas todas, hehe. A ver se atopo algún sitio onde mercar unha de 1,5x0,9 m.
E iso... a ver se hai quen me preste unha cámara dixital algo boa que grave vídeo para sacar unhas cantas fotos cañeras e algún vídeo. E iso, que hei de txapurrear euskara, troulear e a ver se traio unha caixiña de sidra.
Ah... e a ver se tocan o ?miudiño basco? na orquestra!! :) Resulta que o ano pasado estabamos alí tomando unhas cervexas, parolando e escoitando música na festa cando de súpeto comezan uns acordes que me soaban e din: ?en esta te agachas ahora y luego se salta...?. Cantar cantábana en euskara, pero fliparon todos cando nos viron a min e mailo meu curmán facendo o ritual exacto mentres cantabamo-lo miudiño, que encaixaba á perfeción :D
P.D.- A foto que vedes é de Zarautz, vista dende o paseo marítimo da praia. Ah... á outra beira da praia está o Jatetxea, o restaurante de Karlos Arguiñano :)
Por suposto, agardo que tamén toquen a cantiga Bok Espok...
Moi bó o video de Kepa Junkera, vaia mescla de tradicións!
O #blgtk08#tipo ke baila enriba dun ataúde é algunha tradición vasca??
Dito por bubamara (27-04-2007 16:50)
3
Si, o do tipo que baila enriba dunha kutxa (así se chama esa arca) é unha das moitísimas danzas bascas.
Trátase da Kaxarranka e é típico de Lequeitio, onde o día do patrón da confraría de pescadores se elixe ó mordomo, que ten que deixar uns cartos en depósito pra amosar que non se quere facer rico cos cartos da confraría. Ó mordomo que sae vólvenlle os cartos coas contas do ano na kutxa.
O m#blgtk08#ordomo súbese á kutxa vestido con camisa e pantalón branco, faixa vermella, pano vermello ó pescozo e frac; leva na man esquerda unha chisteira de cor negra e na dereita un banderín cas chaves de San Pedro (o patrón da confraría) bordadas, interpreta a dantza por todo o pobo e diante da casa do antigo mordomo. Os homes que levan a kutxa son sempre oito, e son arrantzales... o que eiquí na Galiza chamamos pescadores, hehe.