Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Os primeiros humanos da Galiza
Na Galiza, os vestixios máis antigos de humanos son útiles tallados en cuarcita (da sociedade paleolítica) que se localizan en todo o litoral, destacando os atopados nas Gándaras de Budiño (Pontevedra). A escaseza de covas dificulta a localización de lugares de hábitat e sen poucas zonas ben prospectadas; cando isto ocorre, como é o caso dos arredores de Vilalba, atópanse indicios de presencia humana, o que indica que o poboamento iríase estendendo cara o interior a medida que avanza o período paleolítico.

Arredor do 6.000 a.C. comezan a detectarse na vertente mediterránea da Península indicios do cambio que supuxo a revolución neolítica: cultivo da terra, doma de animais, inicio da metalurxia, útiles máis complexos,... mais na Galiza a introdución da agricultura segue presentando moitas dificultades no seu estudo por falta de vestixios claros.

Durante o calcolítico ou Idade do Cobre tivo aparición a cultura megalítica. Na Galiza consérvanse varios miles de construcións megalíticas, especialmente as de finalidade funeraria: antas (construcións con cámara de grandes pedras que poden ter un corredor de entrada) e mámoas (túmulos de terra de planta redondeada e sección semicircular que protexen a construción interior). Ó longo do tempo estas construcións foron evolucionando dende as iniciais (3500 a.C.), formadas só pola cámara, ás que se completan cun corredor (2500-2200 a.C.) e xa as de fase final, de menor tamaño e plantas rectangulares (2000-1800 a.C.). Os enxovais funerarios (atopados nas escavacións de antas como Dombate, Argalo ou Parxubeira) estaban formados por fermosas pezas de pedra lascada e pulimentada, cerámicas lisas e decoradas de variadas formas, doas de colar, figuriñas a xeito de ídolos,... Ademais das antas, consérvase na Galiza algunha pedrafita e, até hai uns anos, varios círculos líticos (está na actualidade en perigo un en As Pontes por mor da construción dunha autovía). Coincidindo coa fase final do calcolítico e os inicios do bronce (2300-1400 a.C.) estendeuse por gran parte da Península e de Europa un tipo de vasilla, o vaso campaniforme, así chamado pola forma que presenta e que na Galiza está asociado aos megálitos (tamén foron atopados varios en As Pontes, un dos cales foi perdido pola USC).

Na Galiza, a metalurxia do bronce (1800-1000 a.C.) está documentada pola aparición de pezas (espadas, coitelos, braceiras...) moi descontextualizadas, de xeito que descoñecemos case todo o referente aos hábitats e costumes daqueles pobos. A esta cultura atribúese o meirande tesouro en ouro prehistórico galego -o tesouro de Caldas de Reis-, así como tamén moitos gravados en pedra ó ar ceibe -os petroglifos-, moi abundantes na actual provincia de Pontevedra, e que destacan os motivos animais (especialmente cervos) e xeométricos (círculos, espirais).
Comentários (5) - Secçom: Historia da Galiza - Publicado o 20-04-2007 19:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comenta-se que...
1 Vin uns restos interesantes o outro día no Castro de Troña#blgtk08# (Pías). En canto poda subo unhas fotos para a blogoteca.
Dito por A vida en Ponteareas (20-04-2007 22:23)
2 Andamos os dous publicando cousas dos protogalegos, pero para fósil, ese arquivo de audi#blgtk08#o que tes colgado, da chamada do coruñés apátrida á radio. Iso sí que é un neanderthal.
Dito por O Padín (20-04-2007 23:44)
3 No meu pobo hai unha lenda, que se repite en outros sitios, sobre un hipotético salto do cabalo de Santiago dunha pena a outra. As probas que o demostran son as pegadas das ferraduras que quedaron marcadas na pedra onde o cabalo pillou o impulso necesario para#blgtk08# tal fazaña. De máis novo, nun fanzine xuvenil que editabamos, sempre insistimos en que era preciso estudar esas "pegadas" porque seguramente trataranse de petroglifos pero ... nin caso. Hoxe, coma tantas outras cousas da nosa cultura, está todo en abandono.
Dito por a randeeira (21-04-2007 07:54)
4 Randeeira: No lugar de Borna, en Moaña, hai unha pedra onde están gravados uns deseños en forma de ferradura. Éstes e outro máis grande, que hai no centro, foron interpretados como embarcacións antigas, pero os veciños tiñan outra explicación: eran as pegadas de San Pedro, que unha vez estiver#blgtk08#a no lugar e dun chimpo, pasou ao outro lado da ría. Hai tempo que non miro as pedras de Borna, non sei cómo quedaron despois da vaga de terrorismo incendiario, pero o último que souben e que as laxes foran usadas como rampas nunha competición de motocrós. Onde están esas pedriñas que dis ti?
Dito por O Padín (21-04-2007 15:46)
5 Están en Barreiros (Lugo). Eu non son un entendido pero os expertos soen rela#blgtk08#cionar a definición popular "pegadas do cabalo de Santiago" con petroglifos.
Dito por a randeeira (22-04-2007 09:09)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.