Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Férve(me) o eixo
Hai ben pouco que saltou no blogomillo un fenómeno social que se espallou dun xeito incríbel. Tratábase de mmmmmMúsicas, que consistía en facer unha listaxe coas cantigas que proporías pra facé-lo amor (é que eu sonvos chico fino e elegante, e non fodo, fago o amor...).

Eu estivera buscando coma un tolo polo YouTube as cantigas a poñer pola miña parte e apenas atopei dúas, debo de ter uns gustos algo raros, de xeito que a que queira saber cales son tera que descobrilo por outros medios...

O que sí me foi doado de atopar foi isto... unha proposta que non xurde de min, senón que se me ocorreu facelo tras chusmar nos diários dun Suevo. El chámalle meme, que non teño nin idea do que é pero soa moi ben... de xeito que velaquí unha nova meme pra o blogomillo: mmmmmCalentón! Férve(me) o eixo


Velaquí a miña proposta de vídeos, eses que miras no ordenador mentres tomas uns cubatas xusto antes de saír da casa, e logo comentas cos colegas: "hoxe hai que pillar, eh!!".

Indo de menos a máis, comezo polos Black Eyed Peas... o cú desta muller non é normal!! :)_

5.- Black Eyed Peas - My Humps


Dende logo que Benni Benassi ha de ser un imprescindíbel desta meme... quén non cambiaría ós compañeiros de traballo que só din barbaridades por estos? Serían tan molestas as obras nas cidades de cambiá-los traballadores?

4.- Benny Benassi - Satisfaction


A este DJ débolle de ter un apego especial, porque velaí vai outra das súas creacións. Hai algún home neste planeta que non considere especialmente sensual que o chamen "papi" ou "papito"?

3.- Benny Benassi - Who's your daddy?


Costoume moito non poñer este vídeo no primeiro posto, pois xa falei del nunha ocasión. Lenne Nystrom é unha auténtica deusa. Grazas á vía Sueva descubrín tamén que era a cantante daquel grupo pop dos noventa chamado Aqua. Femme a lunette, femme a quiquette!

2.- Lene Nystrom - It's your dutty


O posto número un é indiscutíbel. Por sé lo mellor videoclip nunca feito, por conté-lo meirande número de mazizas por metro cadrado nunca visto e por amosalas nunha actividade tan cotiá e sá como o deporte. Ademáis de certas lembranzas que me trae... Matrícula de Honra!!

1.- Enric Prydz - Call on me



AGORA PÁSOVOS A PELOTA A TÓDOLOS BLOGUEIROS DO BLOGOMILLO
Comentários (6) - Secçom: Música - Publicado o 15-04-2007 16:55
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comenta-se que...
1 fixen1 vide0 cas fotos de arde galiza

xcerto, te#blgtk08#s os mesmos gustos musicais ca mi, e...CUlinarios..tamen jajaja
Dito por lopez (17-04-2007 22:53)
2 Moi bos videos Suso :D, o gañador todo un clásico, criminal! eu tamén o elixiria.

Ademais de Benny Benassi non esquezas a Scooter coma gran master deste tipo de videos :) -> http://diariodumsuevo.blog#blgtk08#spot.com/2006/12/dia-destroyer.html

Por certo, haberia que cambiarlle o nome ao meme (eu tampouco sei moi ben que quer dicir pero queda "pofesional) por algo mais enxebre: "ARDELLE O EIXO" :D
Dito por Suevo (18-04-2007 15:03)
3 As mulleres hetero ven moi limi#blgtk08#tadas as súas opcións, non si?
Dito por Doutora Seymour (18-04-2007 23:45)
4 A do "satisfaction" máis que a música, valórase sobre#blgtk08# todo o pracer contemplativo que supón. Sen dúbida.
Dito por Larvós (19-04-2007 17:32)
5 Suevo: Graciñas polo de Scooter, coñecía a música mais non vira nengún vídeo. Tes razón, cambiareille o nome por "férvelle o eixo", hehe.

Doutora Seymour: pois si, tódalas mulleres heterosexuais que superase#blgtk08#n a adolescencia téñeno difícil se non seguen sendo admiradoras dos Backstreet Boys, Bisbal ou quen quera que sexa o ídolo adolescente actual.

Larvós: en tódolos vídeos destaca o pracer contemplativo, hehe.
Dito por Suso (20-04-2007 20:53)
6 Gústame o de "ferve(me) o eixo" :D#blgtk08#DDD
Vouno empregar tamén :)
Dito por Suevo (21-04-2007 12:00)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0