Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Patrimonio Inmaterial Galego-Português |
|
O Patrimonio Inmaterial representa a fonte vital dunha identidade profundamente enraizada na Historia e comprende "o conxunto de formas da cultura tradicional e popular ou folclórica, quer dicir, as obras colectivas que emanan dunha cultura e se basean na tradición. Estas tradicións transmitense oralmente ou mediante xestos e modificanse co decorrer do tempo através dun proceso de recreación colectiva. Inclúense nelas as tradicións orais, os costumes, as linguas, a música, os bailes, os rituais, as festas, a menciña tradicional e a farmacopea, as artes culinarias e tódalas habilidades especiais relacionadas cos aspectos materiais da cultura, taless como as ferramentas e o hábitat".
A índole efémera deste patrimonio intanxíbel tórnao vulnerábel. A salvagarda deste patrimonio debe partir da iniciativa individual e recibir o apoio das asociacións, especialistas e institucións.
O PATRIMONIO NO MUNDO
Debido á colonización de Portugal, hoxe atópanse mostras da cultura tradicional galego-portuguesa en países lusófonos como: Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Santo Tomé e Príncipe, Timor Leste e nas cidades de Goa (India) e Macau (China).
Debido a influencias recíprocas, encontramos elementos comúns entre o patrimonio galego-portugués e o de moitos países europeos como:
- Países Celtas: A cultura castrexa pódese considerar debida a aportacións indoeuropeas e celtas sobre unhas poboacións anteriores.
A cultura dos castros coincide case por completo co mapa da eurorexión (faltan as zonas occidentais de Castela e Asturies e sobraría a esquina nororiental de Portugal).
Asóciase a cultura castrexa co concepto cultural e simbólico do "filociclismo" ou preferencia polos conceptos cíclicos frente aos lineais (as casas, os adornos, as propias murallas reflexan esta característica cíclica, relacionada tamén co ciclo anual e cunha certa maneira de ser).
En relación cos celtas, existen unhas claras relacións de carácter ambiental con países como Irlanda (Éire) ou a Bretaña (Breizh), como é o caso curioso do "toxo", planta que é común e moi abundante no Éire, Breizh e a Gallaecia, e case inexistente noutros territorios de climas semellantes.
A palabra Samaín é gaélica, e polo tanto de orixe celta, e dende hai 30 anos é utilizada por asociacións galegas que buscan revitalizar unha festa tradicional, a dos calacús. Este nome é prerromano.
Na Bretaña existen topónimos moi similares a outros galegos moi arcaicos, como é o caso do "Caurel".
En relación con Irlanda, nun antigo libro en gaélico existe unha referencia a Breogán como héroe fundador procedente da Península, o que foi considerado un referente simbólico polos nacionalistas galegos como Pondal. O Himno Galego refírese a Galiza como o territorio orixinario deste héroe.
A influencia de Irlanda na música folclórica é enorme, existindo actualmente moita cooperación e algunhas influencias mutuas.
- Italia (Romanos): Cando chegaron os romanos, existía neste territorio un pobo denominado "Callaiki" nos arredores do actual Porto (a palabra "Porto Callaiki" deu orixe ao nome de Portugal). Dadas as analoxías culturais entre estes "Callaiki" e os pobos tamén celtas cos que se tiñan relacionado anteriormente (Galos, Gálatas), os romanos tenderon a denominalos "Gallaechi", nome que mantiveron cando posterirmente conquistaron todo o territorio.
A Gallaecia pódese considerar equivalente á rexión de cultura castrexa, ainda que como provincia romana tense extendido mais alá.
A Gallaecia, debido a esta forte unidade cultural e natural preexistente, é a única provincia de todo o Imperio Romano que sobreviveu con ese nome, ademais da Britannia (neste caso por outras razóns, xa que é unha illa).
A cultura da Gallaecia, o mesmo que a italiana, francesa, etc, forma parte da Romania (territorios abarcados no seu momento polo Imperio Romano).
A língua pertence a ese conxunto de orixe latino, existindo evidencias dun substrato anterior á romanización.
O carro era un elemento común en todo este vasto territorio do Imperio, e perviveu en moitos lugares antes da construcción de estradas. Existe nun museo ao lado de Oxford un carro dunha tipoloxía idéntica ao carro galego-portugués.
O mesmo acontece co arado romano, de estructura arcaica e uso universal no Imperio.
O hórreo, coa estructura de graneiro sobre pés, era común ao Norte da Península, e a través da gascuña extendíase ata territorios da Imperio tan alonxados como a actual Eslovenia. Dentro deste vasto conxunto, a tipoloxía do hórreo galego é moi específica e mantén unha orixinalidade e identidade características.
Considéranse productos de aportación romana o viño (pois as poboacións prerromanas bebían sidra ou hidromel), e talvez a castaña (algúns teñen dito que a abundancia de castiñeiros ao redor das minas de ouro das Médulas é o resultado das necesidades alimenticias do gran continxente de escravos que alí traballaban).
- Alemaña (Xermanos): Os suevos eran unha tribu xermánica procedente dos bosques de carballos nas ribeiras do Danubio da actual Eslovenia. O seu rei Hermerico, a principios do século V, cruza o Rin cos vándalos e alanos, entrando na Galia. Pasan os Pirineos, aséntanse no SO da Península (Lusitania) e xóganse ás tabas as provincias romanas da Península, correspondéndolles o "convento" de Braga, na Gallaecia.
A partires do 420 consolídase o seu reino como o 1º reino constituido en Europa sobre territorio do Imperio Romano, co nome de "Gallaecia Regnum", no que sucedeu un proceso de mestizaxe coa poboación galaico-romana existente. A ausencia de referencias ao mesmo permite supór que non tivo un carácter traumático.
Hermerico (do cal se cita a anécdota de que reinou 2 veces), e os sucesivos reis suevos mantiveron relacións cos restantes reinos peninsulares e incluso co Imperio Bizantino, privilexiando sempre as relacións N-S (de feito, a sua entrada na Gallaecia produciuse dende o Sul.
Finalmente, o rei visigodo Leovixildo derrota aos suevos na batalla de Órbigo, ainda que o reino da Gallaecia seguiu mantendo poder e funcionando como tal, o que é evidenciado entre outros feitos pola acuñación de moeda en cecas propias.
A língua galega pódese decir que é unha creación sueva, xa que anteriormente falábase o latín vulgar común a todo o Imperio Romano.
Existen numerosos nomes de orixe xermánico, como os rematados en -il ou en -iz e moitos outros, ata chegar a xuntar o 99% dos topónimos de orixe xermánica de toda a Península. Esto evidencia a sua existencia antes do 711, xa que as persoas de orixe xermánico que chegaron durante os séculos de loitas contra os musulmáns repartíronse por toda a Península.
Os topónimos xermánicos proceden na sua maioría de nomes de persoas, como é o caso de Mondariz (Vila de Munderico), Gondomar (Vila de Gundemaro), Guitiriz (Vila de Witerico), Allariz (Vila de Aliarico), etc.
O monte comunal asóciase co que os historiadores do Dereito denominan Dereito Xermánico en contraposición ao Dereito Romano, que contempla exclusivamente a propiedadse individual e patriarcal.
A pervivencia do monte comunal durante séculos, ata que finalmente foi recuperado pola presión do nacionalismo, evidencia unha implantación maior que noutras áreas peninsulares onde tamén existía. Na actual Alemania mais do 20% dos montes son tamén de carácter comunal, coa diferencia de que están asociados a unha cultura do "bosque" con connotacións positivas (a batalla do Bosque Teutónico foi a que garantiu a independencia dos xermanos en relación co Imperio Romano).
- Franza: As relacións coa actual Franza foron sempre moi intensas, como testemuña a existencia en Santiago do bairro do Franco, que era onde residían os franceses.
O Camiño de Santiago foi sempre de ida e volta, existindo influencias recíprocas.
O Códice Calixtino é escrito por un francés (Aymeric Picaud).
Os xograres provenzais mantiveron relacións de influencia mutua cos trovadores galaicos, quenes desenvolveron modelos propios (as cantigas de escarnio e maldicer, por exemplo). A existencia dun poema provenzal no que se loan as "altas ondas do mar" é outra mostra da influencia recíproca.
- Países Escandinavos: Dende a actual Escandinavia, dacordo a Stephen Morlin, profesor sueco na Escola Naval de Marín, chegaron influencias no que se refire á construcción de embarcacións tradicionais como a dorna. As táboas da dorna están montadas unhas por riba das outras, nunha estructura coñecida en castelán por "tingladillo" e en galego por "escarba", palabra esta que corresponde cun vocablo sueco que designa a mesma estructura, existente tamén nos "drakkars" vikingos.
A Romaría Vikinga de Catoira (1º Domingo de agosto) foi estarblecida polo "Ateneo do Ullán", por iniciativa de Faustino Rey Romero, propietario da fábrica Cedonosa e a participación de persoalidades como o propio Borobó.
Debido ao fenómeno da emigración, neste caso predominantemente galega, existen moitas mostras da cultura tradicional galego-portuguesa en tódolos países hispanoamericanos, especialmente en Cuba, Arxentina, Uruguai, México e Venezuela.
|
|
|
|
3 Comenta-se que... |
|
1 |
Eu estiven un ano en Gales e hai cousas en común (filloas, empanadiñas, panxolinas, entroido, os deseños ou pat#blgtk08#terns tipo Sargadelos, etc...) pero non se pode comparar coa nosa similitude co Norte de Portugal, obviamente. |
|
|
Dito por mendinho (02-04-2007 18:05) |
|
|
2 |
"En relación cos celtas, existen unhas claras relacións de carácter ambiental ... como é o caso curioso do "toxo", planta que é común e moi abundante no Éire, Breizh e a Gallaecia, e case inexistente noutros territorios de climas semellantes."
O dos toxos e mai-lo do estudi#blgtk08#oso irlandés ise que dicía que a base para o seu estudo sobre a orixe céltica de Galiza era que vira moitos loiros e moitos rubios con ollos azuis demóstranos que Galiza, sen dúbida, é celta. Pero se en Turquía tamén teñen gaita... ¿fainos iso turcos ou celtas ós turcos que tocan a gaita? |
|
|
Dito por Gerhard (10-05-2007 20:33) |
|
|
3 |
Pois non cho sei Gerhard... como g#blgtk08#alego pódeo ser quen queira... ;) |
|
|
Dito por Suso (11-05-2007 16:20) |
|
|
E ti que pensas disto? |
|
|
|
|