Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Historia da Galiza
Decidín crear esta nova sección pra contá-la Historia da nosa nazón do xeito máis obxetivo que me sexa posíbel.

Resulta habitual, por influxo do nazonalismo, que a Historia dun Estado ou Nazón comece co estudo das primeiras manifestacións culturais que se desenvolveron no espazo xeográfico no que xurdirá, moito máis tarde, a formación política actual. Esta concepción valora a Historia coma unha das principais bases que serven para explicar, e mesmo xustificar, a existenza dunha determinada nazón, aportando argumentos que tódolos seus habitantes deben coñecer.

Baixo esta idea, ocúltase unha visión organicista e providencialista dos acontecementos que inevitábelmente, dende o máis remoto pasado, conducen á formación de España, Catalunya, Euskal Herria ou Galiza coma suxeitos políticos inmortais, non tendo en conta que a Historia non está determinada, senón que a deciden os seres humanos coa súa actuación e toma de decisións día a día.

Así mesmo, seguindo esta concepción, prodúcese inevitábelmente unha selección e terxiversación do acontecido, destacando aqueles feitos que conducen ao propósito pretendido, minusvalorando aqueles outros que poñen de manifesto a diversidade de destinos ou apropiándose en exclusiva dun pasado compartido con outras formacións políticas xa desaparecidas ou independentes na actualidade. Convén, pois, afrontá-lo estudo do máis afastado pasado con precaución e evitar apriorismos que só provocan confusión.

Foron os Romanos os que, ao longo das súas campañas de conquista, déronlle nome aos diferentes territorios que caeron baixo o seu dominio. Para denominar á totalidade da Península empregaron o nome de Hispania, termo do que aínda hoxe descoñecémo-la súa orixe e do que procede o actual de España. Antes, os gregos, denominaron as terras situadas na zona mediterránea co nome de Iberia, denominación que tamén serviviría para designar a toda a Península. No caso de Gallaecia, orixe da actual Galiza, os romanos empregaron este nome para referirse a tódalas terras situadas ao norte do río Douro, variando o seu linde leste co paso do tempo.
Comentários (0) - Secçom: Historia da Galiza - Publicado o 24-03-2007 15:21
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.