Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Xuiz independentista
O xuiz do Rexistro Civil de Murcia vetou o nome Bieita a unha nena alegando que non é español, malia que está recoñecido nun dicionario de nomes de Galiza. Os pais tiveron que elixir outro.

"No lo acepta porque dice que no es español, pero lo buscamos en Internet y en un diccionario gallego de nombres y sí existe", afirma a nai, Brigite Belmonte.

A parella quería que a súa terceira filla tivera un nome antigo de España en agradecemento ó país que os acolle. "Nos gustó porque en latín significa bendecida", contou a nai.

No Rexistro Civil esixíronlles que demostraran que existía cunha fotocopia dun libro de nomes. Levaronlle a do dicionario galego, mais o xuiz non o aceptou, "debía ser un libro".

"Como se nos acababa el plazo de un mes para la inscripción, tuvimos que elegir en un libro que tienen en el Registro y en el que se encuentran el de Beti, Brenda...", conta Brigite Belmonte. Ó final, puéronlle Berenice. Brigite e José Luis chamaban á nena Bieita dende antes de nacer. Os seus outros dosu fillos compuxeran unha cantiga pra o bebé con ese nome e mesmo o pai de Brigite ten que cambiá-lo testamento, xa que deixara parte da súa herencia a Bieita nun acta notarial.

De seguro que a nena será moi afortunada co españolísimo nome de Berenice...
Comentários (7) - Secçom: Sociedade - Publicado o 09-03-2007 19:01
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comenta-se que...
1 ten razón o xuíz: Bieita non é nome español ... é nome galego pero como nos somos xentes #blgtk08#de ben emprestámolo a todos os que o desexen.
Berenice non é un nome, é un pecado.
Dito por a randeeira (09-03-2007 19:37)
2 Para min, Bieita non é precisamente un nome moi bonito. Berenice xa non digamos (por certo, é español?). Pero é que iso é o de menos.

A eleción dun nome é tan persoal que é incrible que non se poida poñer o que un queira. Un tío meu non lle puido poñer á miña p#blgtk08#rima Pomba, tivo que ser Paloma. Pero claro, disto hai case trinta anos e éramos máis "burros" que agora. Iso sí, se poden poñer Vanessa, Jonathan ou BorjaMari, pero Bieita ou Pomba non.

Por certo, se che negas e se che pasa o prazo para a inscrición ¿qué pasa?
Dito por Oskiña (09-03-2007 20:01)
3 A min é que me gustan os nomes "raros"... e gústanme tamén os que non fan referencia a santos. Coñezo algunha Lúa, Saraiba,...

Aborrezo os de flores:
-Chámome Margarida.
-E eu Carballo, imos buscar a Cenoira?

Se teño unha filla gustaríame chamala Sherezade, é das Mile e Unha Noites... unha cativa que se chame así ten que ser guapa a collóns. Claro que quen manda sempre é a muller, e tendo en conta que todo o mundo me mira#blgtk08# raro cando digo ese nome... hehehe

Poñerlle a unha cativa Vanessa é predestinala a ser unha "choni", Jonathan un delincuente e Borjamari un asíduo a "mítins" do PP.

Berenice non creo que sexa español en absoluto... español é Pepe, Juan, Francisca, Gerbasia,...

En canto ó do prazo de inscrición... eu por se un caso non o deixaría pasar... hehehe, a ver se logo non figuras na seguridade social ou no paro e as pasas putas...
Dito por Suso (09-03-2007 20:44)
4 Estou segura que de chegar a mesma parella a querer poñerlle, un exemplo, Jennifer ou C#blgtk08#hristian, non había poñer pega ningunha. Porque eses sonche nomes ben españois, non si?
Dito por o refraneiro (09-03-2007 21:01)
5 Eu un día escoitei a unha nai chamar ás súas dúas fillas: Yesica e Yenifer (non#blgtk08# sei como se escreben, síntoo...) e case quedo no sitio. Xúrobos que é verdade.
Dito por Moraiminha (09-03-2007 21:08)
6 A min gostanme, Maialen en euskara e iria en galego; noraboa polo blog xq levaba unha pi#blgtk08#la de tempo visitandoo e ainda non sabia quen eras; agora xa sei e eu son das campeiras:
Dito por campeiras (10-03-2007 02:50)
7 Graciñas polas visitas! :)

Pois mira que se és das campeiras vivimos b#blgtk08#en preto, hehe. Aínda que na casa non é doado atoparme, o meu hábitat é o bar! hehehe
Dito por Suso (11-03-2007 02:52)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0