Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A cervexa galega controlada cun microchip
Parecía ciencia-ficción pero xa está nos bares de Galiza. Os revolucionarios e polémicos microchips RFID entraron no país a través das billas de Estrella Galicia. A empresa cervexeira instalou milleiros destes diminutos trebellos para controlar o rendemento dos seus tiradores. A compañía pode saber así, por exemplo, canto tempo tarda un instalador en colocar unha nova billa. Esta eficaz tecnoloxía é tamén centro dunha gran polémica internacional. E é que o seu mal uso abre as portas para controlar os movementos das persoas e de todo o que mercamos.

Os chips de radiofrecuencia poden verse como unha mestura de código de barras e teléfono móbil. O trebello emite unha sinal radioeléctrica que, cun lector, permite identificar a distancia cada un dos obxectos.

Control do tempo no que se fai cada reparación
Así, os instaladores de Estrella Galicia poden, a través dun sistema de telecomunicacións, enviar á central a "identidade" da billa que están reparar. A empresa tamén pode medir ao segundo canto tempo adica o asalariado a esta labor.

Un dos problemas do RFID é que calquera pode ler a distancia a "identidade" do produto. De triunfar esta tecnoloxía como substituto dos códigos de barras, moitos bens á venda contarán cun chip emisor. Daquela, calquera podería saber, por exemplo, que libros temos na casa e cando e onde os compramos. Abondaría con que apuntase un aparato receptor ás paredes dos nosos fogares.

Patente para seguir as persoas
Este pesimista escenario é tecnicamente posible de seguir evolucionando os chips RFID, que por agora teñen un alcance limitado. Pero IBM xa patentou nos Estados Unidos unha aplicación para a "Identificación e seguimento de persoas usando ítems con RFID". Mesmo se especulou que o Porto de Bilbao os quere implantar para controlar os movementos dos seus operarios. Londres acolle este mes unha conferencia na que xigantes da distribución como Tesco ou Wall-mart presentarán os últimos avances.

Tamén na moda galega
En Galiza, a Asociación Téxtil de Galiza lanzou proxecto de máis dun millón de euros para aplicalos chips na roupa. Sen embargo, a iniciativa está, polo de agora, en fase "redifinición". A falta dun marco legal claro é unha das barreiras cos que se atopou a ATEXGA.

Dende Estrella Galicia argumentan que o seu sistema RFID non prexudica a privacidade dos donos dos bares, malia que non os informa do seu uso. A empresa defende que o que consegue actualmente lendo RFID é o mesmo que lograría anotando os números de rexistro das billas, pero dun xeito máis eficaz e rápido. Por iso planea estender "a curto ou medio prazo" o uso dos chips aos seus barrís de cervexa.
Comentários (0) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 23-01-2007 18:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Párao Paul!
Diría Boris Izaguirre no segundo 00:11 deste vídeo: Párao Paul, párao!!!
Esta Beatriz Manjón.... (non se me ocorre ningunha rima "decente")

Comentários (0) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 07-12-2006 22:03
# Ligaçom permanente a este artigo
O Godello conquista os EEUU
GodelloMontenovo. Ficade con este nome. Trátase dun viño xa famoso nos EE.UU. A prestixiosa revista especializada norteamericana Wine & Spirits concedeulle o Excepcional Value -Valor Excepcional- pola súa relación calidade-prezo. Este caldo valdeorrés, elaborado exclusivamente coa variedade de uva autóctona Godello, recibíu 91 puntos e foi o viño mellor valorado nunha cata a cegas na que participaban 587 caldos de todo o mundo. Deles, 170 foron recomendados, e só unha dúcia recibiron a mención de Valor Excepcional. O Montenovo foi o único español que mereceu tal distinción. E é que en Galiza hai viticultura máis aló dos albariños e ribeiros. O Montenovo só é un exemplo do éxito que está a acadá-lo viño valdeorrés nos Estados Unidos, especialmente os brancos de variedade Godello. O potencial desta uva autóctona, ligado ó especial clima de transición da comarca e os seus solos de pizarra, dota dun carácter único ós viños desta zona.

A presenza dos viños de Valdeorras nos Estados Unidos é xa unha realidade. A adega ValdeSil, elaboradora do Montenovo, produce 200.000 litros ó ano e a metade van destinados ó mercado norteamericano. O pasado mes de abril Guillermo Prada, xerente de ValdeSil, viaxou a Nova York, Chicago e Boston, onde presentóu os seus viños a sumilleres e xornalistas especializados. Pero ValdeSil non é a única, unha decea de adegas da comarca teñen conquistado o mercado norteamericano e iso é bó para todo o sector porque, como explica Prada, "Valdeorras converteuse na zona de moda en branco nos Estados Unidos". O segredo do éxito de ValdeSil reside non só na elaboración dos viños, senón tamén nun novo xeito de xestioná-las empresas familiares buscando a súa profesionalización. "Temos o mellor dos dous modelos", explica o seu xerente. Guillermo Prada ten só 35 anos e rodeouse dun equipo novo e emprendedor. El formouse específicamente a pesares de seren o heredeiro dunha inmensa tradición iniciada polos seus bisavós a finais do século XIX. De feito, a xoia da coroa de ValdeSil son uns viñedos plantados no ano 1885, cando aínda ninguén confiaba no potecial da variedade godello. Das súas vetustas vides obtense o viño Pezas da Portela.
Comentários (3) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 21-09-2006 15:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Cava Galego
CavaPara o vindeiro Nadal estará no mercado o Danza 2005, un brut elaborado nas adegas Díe e Noite de Petín con uvas da variedade godello. O ano pasado fixeron a primeira vinificación asesorados por un experto catalán e, animados polo éxito, acaban de presentar este escumoso: 8000 elegantes botellas etiquetadas en galego, que intentarán facerse cun sitio nas nosas celebracións.

Este ano, brindemos con Cava Galego, ¡brindemos en galego!
Comentários (4) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 19-09-2006 15:50
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.