Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Zeitgeist
Zeitgeist é um termo alemão, que se traduz como "espírito do tempo". Zeitgeist significa, em suma, o nível de avanço intelectual e cultural do mundo, em uma época. Zeitgeist é um filme sob a manipulaçom mediática, educativa, religiosa, política, cultural, etc. à que nos vemos submetidos pelos distintos poderes. Hoje é o Dia Z, está prevista a emissom do filme em todo o mundo.

Zeitgeist
Comentários (1) - Secçom: Cultura - Publicado o 15-03-2008 16:51
# Ligaçom permanente a este artigo
Fronteiras
Há já bem tempo que publiquei um artigo deste documental.

Fronteiras é um documental sobre as lindes geográficas e culturais da Galiza, centrado em como as percevem os propios habitantes destas zonas. Um percorrido polo Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e outros enclaves de semelhantes caraterísticas. "Fronteiras" quere pôr em relevância o feito de que as fronteiras culturais da Galiza nom coinciden com as fronteiras político-administrativas do Estado. Mais sobre tudo quere amosar o jeito totalmente desdramatizado em que os habitantes destas zonas abordam os seus conflitos identitarios e territoriais, moi afastado da crispaçom co que estes temas se acostumam a tratar no descurso político e jornalístico.

Fronteiras
Comentários (10) - Secçom: Cultura - Publicado o 16-11-2007 23:01
# Ligaçom permanente a este artigo
Qué facer en xullo?
Velaquí unhas atopar alternativas culturais dispoñíbeis este mes de xullo no Eixo Atlántico (Galiza-Norte de Portugal):
- Festival da Ortigueira
- Concerto de Pat Metheny e Brad Mehldau
- Ciclo de Cinema e Música do Eixo no Passos Manuel
- Festival de Curtas de Vila do Conde
- Festival Cultura Quente em Caldas dos Reis

Axenda Xullo '07 - Galiza/Norte de Portugal
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 06-07-2007 20:22
# Ligaçom permanente a este artigo
A hipótese Sapir-Whorf
O idealismo romántico de finais do século XVIII, tal e como aparece na visión de Johann Herder (1744 – 1835) e Wilhelm von Humboldt (1762 – 1835), daba moito valor á diversidade de linguas e culturas do mundo. A tradizón foi recollida polo lingüista e antropólogo americano Edward Sapir (1844 – 1939) e o seu discípulo Benjamin Lee Worf (1897 – 1941), e deu como resultado unha visión entre linguaxe e pensamento que tivo unha enorme influenza durante as décadas centrais do noso século.

A “hipótese Sapir-Whorf”, como se lle deu en chamar, combina dous principios. O primeiro coñécese coma determinismo lingüístico: establece que a linguaxe determina o xeito en que pensamos. O segundo deriva deste, e coñécese como relatividade lingüística: establece que as distincións que son propias dunha lingua non se atopan en ningunha outra. Nun parágrafo que se cita con frecuencia, Whorf presenta o seu criterio do xeito seguinte:

Diseccionámo-la natureza segundo as liñas que traza a nosa propia lingua. Ás categorías e modelos que illamos do mundo dos fenómenos non os atoparemos aí polo feito de que todo observador os ten fronte a el; ó contrario, o mundo presentase como unha corrente calidoscópica de impresións que debe ser organizada polas nosas mentes, sobre todo polo sistema lingüístico que hai nas nosas mentes. Dividímo-la natureza, organizámola en conceptos e atribuímoslle un significado do xeito en que o facemos, en grande parte porque tomamos parte nun acordo para que se organice deste xeito, un acordo que vale en toda a nosa comunidade de falantes e que se acha codificado nos esquemas da nosa lingua. Por suposto, trátase dun acordo implícito e non asinado, mais os seus termos son absolutamente obrigatorios; non podemos falar en absoluto se non é someténdonos á organizazón e á clasificación de dados decretada polo acordo.”

Whorf ilustraba o seu criterio con exemplos tomados de varias linguas, e en particular do hopí, unha lingua amerindia. En hopí existe unha palabra (masa'ytaka) para todo aquilo que voa que non sexa un paxaro, o que inclúe a insectos, avións e pilotos. Pode resultar raro para alguén acostumado a pensar en inglés, pero, sostén Whorf, non é máis raro que o feito de que os falantes de inglés, e os de galego, teñan unha soa palabra para moitos tipos de neve, contrariamente ós esquimós, onde existen palabras distintas para designá-la neve que cae (qana), a neve sobre o chan (aput), a neve racheada (piqsirpoq), a ventisca de neve (quimuqsug), a neve a medio derretir,... a neve dura e compacta como xeo,... e así sucesivamente.
En azteca, unha soa palabra (con distintas desinenzas) cubre unha gama aínda maior de nocións: neve, frío e xeo. Se se toman en consideración nocións máis abstractas (como tempo, duración ou velocidade), as diferenzas fanse aínda máis complexas: o hopí, por exemplo, carece do concepto de tempo visto coma unha dimensión: non existen formas correspondentes aos tempos ingleses ou galegos, pero hai unha serie de formas que permiten falar de duracións distintas, dende o punto de vista do falante. Sería moi difícil entenderse, sostén Whorf, para un físico inglés, ou galego, e un hopí, dadas as grandes diferenzas que existen entre as linguas.

Exemplos coma estes fixeron que a hipótese Sapir-Whorf semellase moi verosímil, pero na súa forma máis radical, non é probábel que se atopen partidarios hoxendía. O feito de que sexa posíbel traducir con éxito dunha lingua a outra é un argumento de peso contra dita hipótese, ao igual que o feito de que a unidade conceptual dunha lingua coma a hopí poida, porén, ser explicada mediante o inglés, ou o galego. É innegábel que entre as culturas existen algunhas diferenzas conceptuais debido á lingua, pero isto non quere dicir que as diferenzas sexan tan grandes que a comprensión mutua sexa imposíbel. Unha lingua pode empregar moitas palabras para dicí-lo que outra lingua expresa con unha, mais ó final o circunloquio pode dar a entendé-lo mesmo.

Do mesmo xeito, non se pode deducir que, porque a unha lingua lle falte unha palabra, os seus falantes sexan incapaces de adquirí-lo concepto. Hai varias linguas que teñen poucas palabras para os numerais: nas linguas aborixes da Autralia, por exemplo, a miúdo fican limitados a unhas poucas palabras xerais como “todo”, “moito”, “pouco”, “un” e “dous”. Nestes casos, a veces se di que esas persoas carecen do concepto de número, que os aborixes “non teñen intelixencia dabondo para contar”, segundo se dixo nunha ocasión. Pero non é así, como se amosa cando estes falantes aprenden inglés coma segunda lingua: a súa capacidade para contar e calcular é perfectamente comparábel á dun falante nativo de inglés.

Nembargantes, normalmente acéptase unha versión máis suave da hipótese Sapir-Whorf. Pode que a linguaxe non determine o noso xeito de pensar, mais si inflúe non noso xeito de percibir e lembrar, e afecta á facilidade coa que realizamos traballos mentais. Varios experimentos amosaron que as persoas lembran mellor as cousas se estas corresponden a verbas ou frases doadamente adquiríbeis. E, sen dúbida, a unha persoa resúltalle máis doado efectuar unha distinción conceptual se esta corresponde claramente a palabras que existen na súa lingua. Dalgún xeito, pois, pódese salvá-la hipótese Sapir-Whorf con estes estudos, que se están efectuando no campo, aínda en fase de desenvolvemento, da psicolingüística.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 21-06-2007 18:15
# Ligaçom permanente a este artigo
As Nazóns da Europa

Á hora de facer un mapamundi pódese facer de moitos tipos: físico, político, tectónico, meteorolóxico (moi cambiante, por suposto),... Os que non son moi comúns son os mapamundis das nazóns do mundo, de feito eu aínda non me topei con nengún; ollo falo de mapamundis, mapas mundiais... os mapas das nazóns por separado si son comúns: o da Galiza, o de Breizh, o do Kurdistan, o de Islandia, o de Vlaandérén,...

Non atopei ningún a nivel mundial, pero si un a nivel europeo :)

Este mapa que vos presento, das Nazóns da Europa, podedes atopalo (mesmo para mercalo) na páxina oficial das minorías europeas: EuroMinority. Nel, ademáis das bandeiras e territorios que comprenden as diferentes nazóns, tamén se fai un guiño ós territorios con forte personalidade de seu como pode ser Aragón, Asturies,Venetto, Savoué ou Andalucía. A verdade é que este mapa é moito máis acorde coa realidade que os comúns mapas políticos que só amosan os Estados soberanos, amosa unha Europa moito máis verdadeira, moito máis plural... a Europa que xurdiu dende tempos inmemoriais porque así viña dado que fose, e non a que se creou logo a base de casamentos e acordos monárquicos, posteriormente convertidos en Estados centralistas e opresores das realidades nacionais.

Dende logo que eu faría lixeiras variacións, como incluí-lo brazo galego que fica no Estado portugués na Galiza, mais creo que o mapa reflexa polo menos ó 98% a realidade de Europa. Eu asinaría agora mesmo sen dubidalo por crear dunha vez esta Europa verdadeira, esta Europa dos pobos ceibes de aldraxes alleos, esta Europa multilingüe e multicultural, esta Europa plural de Estados federais ligados entre si por mor de vencellos culturais froito da convivenza e non da invasión duns sobre outros.

Recoméndovos pasarvos por esta páxina das minorías europeas, que se pode ler en tódalas linguas minorizadas do Continente, para coñecer un pouco as realidades desta Europa que os Estados centralistas nos pretenden ocultar.

A globalización dunha soa cultura lémbrame certos microorganismos que se reproducen de xeito asexual, tendo a descendencia unha combinación xenética idéntica á dos seus predecesores... se as condicións son favorábeis expándense de xeito descontrolado; ás veces chegan a ser tantos que morren por sobreexplotación dos recursos alimenticios, outras, abonda con un mínimo cambio no seu ambiente, unha mínima variación da salinidade das augas ou un lixeiro descenso da temperatura, para que morran tamén TODOS, porque todos teñen o mesmo código xenético... é a variedade xenética a que permite que os adaptados a esas condicións logren perpetuá-la especie, e por moito que varíen as condicións sempre haberá algúns xeneticamente preparados para resistilas e seguir avante. Dicía Castelao que os probes animais aínda están no idioma universal, e un can ladra igual no Xapón que no Brasil.

Os que pretenden impó-la súa cultura á dos máis vulneran a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e tamén o Lema Europeo.

O futuro non pasa pola globalización dunha soa cultura que remate coas outras, senón pola globalización do multiculturalismo, ese é o camiño a seguir.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 11-06-2007 18:30
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.