Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O Muro da Vergoña

Malia as dificultades, as Súas Maxestades de Oriente pasaron pola miña casa.

É curioso o tema este do Muro da Vergoña, a min paréceme unha das meirandes estupideces que se poden facer para protexer unhas ideas. O Muro de Berlín, o Telón de Aceiro, tamén se creo para protexer unhas ideas, as ideas dun falso comunismo obsoleto e xa incapaz de manterse por si mesmo. Agora chegan os Israelis e cometen o mesmo erro de poñer un muro, disque para defenderse... supoño que será para defenderse da entrada de novas ideas.



Non sei se foi un tipo hippie, socialista e bastante esquizofrénico, un tal Xesucristo, quen dixo iso de: "Non poñades ao campo portas que eu non puxen". O caso é que esa frase benme que nin pintada para expresar o que quero dicir... A qué carallo ben iso de chantar un muro no medio para dividir persoas? Alguén me pode dar unha resposta convincente?

O máis famoso foi o de Berlín, pero tamén existe un muro no Ulster que divide católicos e protestantes e as súas portas péchanse tódalas noites para que o contacto sexa mínimo, o que actualmente está a construír os EUA na súa fronteira con México e non coñezo máis, pero estou seguro de que hai no mundo uns cantos muros máis...

Non sei se é que son corto de entendedeiras ou que na miña testa non entran ese tipo de ideas, pero son incapaz de comprender qué poden ter de positivo estos muros. Ainda que estos muros non son os peores... estos muros son, sinxelamente, a representación física dos tremendos valados mentais que existen no mundo. Derrubemos os nosos valados mentais, só así seremos quen de derrubá-los muros que nos dividen.

Cando en Berlín as xentes remataron cos valados mentais, coas ideas que alguén tiña interese en que as xentes tivesen metidas na cabeza, a xente descubriu que ese muro non era infranqueábel... decatáronse de que non era máis que un estorbo que había que quitar, e botaronse á rúa a reclamar o seu dereito a saudar a un veciño que vivía a 100 metros, pero que non podían visitar sen pasar por un control.


Se algún sistema precisa dun muro para protexé-las súas ideas... sinxelamente non funciona.

Non sei qué pensaredes vós... pero eu non quero ser outro tixolo muro.
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 07-01-2007 00:23
# Ligaçom permanente a este artigo
Sobre Fidel e vermes
Con respecto a un artigo que publiquei fai pouco sobre Fideliño tivome moito chiste o comentario que me deixou alguén que se identifica como "eu".

O paisano en cuestión escribiume isto:
"menuda gusanada, non sei como un blog con este nome, se mofa da enfermidade dun home GALEGO que representa o que representa o Comandante Fidel Castro.
eses comentarios son os tipicos de gusanos como celia cruz, e toda a gusanera que habita en miami.
tiveches sorte que teu tio estivese en cuba, porque se estivese en haití, xa me dirás ti como saía de ai, nadando ?

gusano!"


-Se ben un tipo que me chama "gusano" no canto de verme é quen de poñer a palabra galego en maiúsculas coido que tamén debería de ser quen de aprender a falá-la súa lingua.

-Se me mofo da enfermidade dun Ditador é porque dende aquí permíteseme facelo... se estivese en Cuba sería probábel que estivese no cárcere agora.

-Se de algo me avergoño de Galiza é de que fose berce das tres "F's": Franco, Fidel e Fraga.

-O único que representa Castro é un sistema totalitario, se alguén se quere identificar coa Revolución cubana recoméndolle a figura de Ernesto Guevara de la Serna, moito máis coherente cos seus ideáis.

-Penso que Celia Cruz foi moito mellor embaixadora de Cuba do que nunca será Fidel Castro.

-Eu tiven sorte de ser nado na Galiza. O meu tio tivo a sorte de ser nado en Cuba... e a desgraza de facelo durante un réxime político autoritario.

Tan perigosa é a adulación do galego Francisco Franco (ideador do Franquismo) como do galego Fidel Castro (ideador do Castrismo). As súas ideoloxías son opostas, un é reaccionario e o outro revolucionario... pero os seus métodos son os mesmos: gobernar ao pobo de xeito autoritario e con man de ferro. O único ditador bo é o ditador morto.

Lembro agora mentres escribo isto esa frase da cantiga de Orishas, Testimonio: "Todo es mentira, ese título no es suyo no... tu forma de pensar, te lo digo, todo es mentira".


Non teño por que darlle explicacións a un tipo que me chama "gusano" e se identifica como "eu", pero creo que é preciso que haxa quen plante cara a quen cré acadá-la razón mediante o insulto ou o menosprezo.

Pode que despois de ler todo isto haxa algunha mente pechada que vexa en min un tipo retrógrado por non crer no funcionamento das teorías comunistas. De xeito que vos farei un resumo de cómo vexo eu as cousas... situádevos na película "Os luns ao sol" cando o ruso di que era cosmonauta:
"O malo non é que todo o que nos dixeron do comunismo era mentira... o peor é que todo o que nos dixeron do capitalismo é verdade"



"la mentira puede correr años... tiene genios, eso no lo niego. Recordando los tiempos de antaño sólo puedo quitarme el sombrero"
Comentários (10) - Secçom: Reflexions - Publicado o 03-01-2007 00:08
# Ligaçom permanente a este artigo
Ano novo, actitude nova
Comeza un novo ano na Galiza... sería unha boa idea que coa entrada do 2007 contribuísemos a cambiá-la mentalidade dos galegos.

Temos que rachar cos valados mentais que nos impiden avanzar como pobo.
Comentários (4) - Secçom: Reflexions - Publicado o 01-01-2007 22:24
# Ligaçom permanente a este artigo
Referéndum horario
Reloxo de peto
Lin este texto en La Voz de Galicia, na última páxina, o domingo. Non me lembro de quen o asinaba.
Estaba, por suposto e seguindo a liña deste xornal, en perfecto castelán.


Referéndum horario

Un rapaz negro acode a matricularse a unha universidade galega:
- Qué rama vai estudar?, pregúntalle o funcionario.
- De rama nada! En pupitre como todos!

O chiste é un desos clásicos do xénero que na Arxentina se conta sustituíndo o suxeito: un negro por un galego. O desexo de seren coma os máis é un complexo insán, que Galiza leva anos sacodíndose malia que non sempre o pareza e malia que en Bos Aires os libros de chistes de galegos sexan superventas.

Se ben supón reivindicá-lo contrario aos máis, presumir da diferenza, a proposta do Bloque Nacionalista para por os reloxos en hora có sol tamén é boa chanza. Retrasar en sesenta minutos o fuso horario do extremo peninsular máis ao oeste posúe unha base tan científica coma o principio de Arquímedes, mais resulta unha comicidade cando se abandeira esa evidencia física da súa XII Asamblea: A nación en marcha. ¿Qué outra cousa se podería desexa para ser nación que escoitar nos boletíns horarios de Radio Nacional: "Son las ocho en España, las siete en Galiza"?

O reloxo mecánico foi unha desas innovacións (século XIII) que coa pólvora, a brúxula e a imprenta desencadearon no Renacemento. Transformou a relación do ser humano co tempo, liberándoo dos ritmos da natureza. Claro que cincocentos anos despois a humanidade vive presa do tic-tac do minuteiro.

Quintana non acostuma a levar reloxo no pulso, malia que iso de nada o libera porque lle marca a hora o cronómetro do móbil. Case ninguén está libre. A proposta pra apuntalá-la nación cun fuso horario diferente ao de Madrid era predecíbel por vir de vello.

O BNG esixe retrasá-las agullas sesenta minutos e poñer a Galiza en sintonía coa hora portuguesa, a inglesa ou a canaria; os demáis rerritorios do poñente europeo. O fuso horario en cada un dos 24 meridianos que cos paralelos dividen o planeta nunha táboa de xadrez, ten a súa hora cero a partires da liña imaxinaria que une os dous polos e atravesa por enriba de Greenwich, un barrio londinense. Ese meridiano cero baixa por Aragón e segue por Arxelia. Polo tanto, non debera de sen Galiza a que marcara a mesma hora de Londres, senón toda a península.

Nembargantes, dende fai un século, España utiliza a hora de Berlín, malia que o meridiano que bordea a capital xermana descende polo Mediterráneo, pasa moito máis preto de Sicilia que da praia máis oriental das Baleares.

Malia que Madrid ocupa a mesma lonxitude xeográfica que London, os reloxos marcan a hora xermana: unha máis que en Gran Bretaña, Portugal, Irlanda e as Illas Canarias. Como Galiza está a 700 quilómetros ao oeste de Aragón, e polo tanto de Greenwich, non lle correspondería en rigor atrasá-la hora unha hora, senón case dúas.

Os transtornos que produciría pra as relacións sociais e económicas co resto da Península e Europa, malia que só fose nunha hora como propón o BNG, son evidentes. A un pouco de enxeño xurdirían chiste en torno á confusión horaria que suporía en avións, partidos de fútbol, xantares en Vegadeo... pasarnos á hora portuguesa.

O tempo carece de ideoloxía. É costume e Galiza leva case un século cun fuso que lle concede as tardes de reloxo máis longas e luminosas de Europa. Cando en praias lusas xa non se ve o mar, en Carnota aínda non se puxo o sol. Iso ten un valor incomparábel co dun discutíbel e suposto aforro enerxético ao atrasá-lo reloxo.

De súpeto, as noites de decembro comezarían ás catro e media e as de xullo ás oito. Calquera Xunta que retrase os reloxos sen consultalo antes nun referéndum non chegaría ás seguintes elecións. Porque as extensas tardes de luz son un rasgo da Galiza -nacional se se quere- máis diferencial que marcar unha hora distinta á de Madrid.


Teño que dicir que persoalmente me gustan esas tardes longas, cando no verán baixas a tomá-las cañas no solpor.
O que peor vexo no artigo deste tipo é que considera que Vegadeo non é Galiza, cando que coñezo moita xente desa vila e falan se cadra máis galego ca min.

Agora, opinade pois. Eu penso que estamos a vivir nun horario errado... véxolle vantaxes e desvantaxes. Ainda que eu son máis de guiarme polo sol... ou pola lúa mellor dito, hehe.
Comentários (5) - Secçom: Reflexions - Publicado o 11-12-2006 20:33
# Ligaçom permanente a este artigo
Catro anos de Dignidade
Onte fixeron catro anos do día en que a Galiza marcou un punto de inflexión na historia recente do país.

O 1 de decembro de 2002, máis de 200.000 persoas colapsaban Santiago de Compostela para acudiren a unha masiva manifestación en protesta polo desastre do Prestige. "Aquí está a dignidade, aquí está a conciencia libre, aquí está un pobo vivo, aquí está a honra de Galiza", dicía Manuel Rivas naquela xornada no inicio do manifesto lido na Praza do Obradoiro.

O desastre do Prestige conseguiu un récord nacional: en Santiago tivo lugar a maior manifestación da historia do país, cunhas 200.000 persoas que tiveron que pasar por turnos ao Obradoiro. Manuel Rivas tivo que ler dúas veces o manifesto, as autoestradas tiveron que deixar pasar aos vehículos sen pagar peaxe e milleiros de persoas non deron chegado a tempo... O país colapsouse nas entradas de Compostela.

Con este monólogo de Carlos Blanco quero lembrar esa data na que os galegos recuperámo-lo noso orguio. Catro anos coa cabeza ergueita, catro anos de DIGNIDADE.

Galiza, avante a toda máquina!! Mira aló, ao lonxe... podes velo? É o futuro, alí nos diriximos. Navega terra nosa, bogade galegos.
Non nos humillarán Nunca Máis!


Comentários (4) - Secçom: Reflexions - Publicado o 02-12-2006 17:06
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0