Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Falo Castelán (sen pelos na lingua)

EXTRA!! EXTRAAA!! EL HOMBRE QUE ESCRIBE EN ESTA BITÁCORA HABLA CASTELLANO!! EXTRA!! EXTRAAAA!!!

E diredes... e a conto de qué ven isto?? Pois isto ven a conto dun comentario dun tal Anónimo (por qué é sempre o mesmo paisano o que anda a tocá-los collóns a todo o mundo?)que me deixou no artigo que escribín sobre o magnánimo municipio de As Pontes (recomendado artigo e interesantes comentarios). Debía de pretender "descalificarme" (???) dicindo que toda a vida falei en castelán... coma se non o teña dito eu veces e veces...

Lembreime ó ler iso dun vídeo do Andressolo, que é un paisano que como quen non quere a cousa fai unhas críticas brutais de calquera tipo de extremismo radical. Lembreime porque debe de pensar que esas son as ideas que ten a xente que visita esta bitácora e agora me van facer un boicot ou algo polo xeito...

Debe de ser malo entón saber falar diferentes linguas... sobre todo se estudas filoloxía... en fin...

Podería poñerme agora a facer un artigo caralludo e diriades: "Manda truco que ben escribe o Suso! Que xeito de falar que ten!! Iso sí que é un escritor e non o Antonio Gala!!". Pero teño o día vago e vou facé-la de "copiar e pegar".

Velaquí os comentarios da discordia que están nese artigo, pasados aquí mediante a arquicoñecida técnica Ctrl+C, Ctrl+V:

"que pasada de blog e suso me gusta perdona que no te hable en gallego pero no quisiera ofenderte ya sabes que no se me da muy bien...As pontes y su energia comprendo las dos partes...contamina y da trabajo...en fin...gracias por dejarme entrar en el blog un abrazo amigo y besitos"
Dito por Ana (unha amiga miña)

"(perdona que no te hable en gallego pero no quisiera ofenderte ya sabes que no se me da muy bien)tranquila que el tampopuco falaba antes en galego,pero como esta de moda ser galeguista pois ahora e acerrimopero bueno que se lle vai facer,ainda me lembro cando decian que eramos da aldea os que levamos toda a vida falando o galego,pero claro eles eran``los guays´´ e nos ``los aldeanos´´.Eu alucino ca xente."
Dito por Anónimo/a (dirémoslle X, xa que é un cromosoma tanto masculino coma feminino)

"Vaites, que fermoso Anónimo!! :) Sempre é bo que haxa quen nos lembre cómo eran as cousas cando eu era cativo, a ideoloxía predominante. Eu xa o teño feito en numerosas ocasións, pero nunca está de máis falar do tema.

A rapaza que escribíu o primeiro comentario é unha amiga miña, descendente de galegos, que reside en Bilbo. Estou seguro de que quen escribíu o anónimo non sabe que Ana ten unha avoa galega que como a meirande parte das avoas só fala en galego. Con frecuencia falamos polo messenger e pregúntame cómo se dí algunha cousa.

Pode que haxa neste mundo persoas ignorantes que pretendan "descalificarme" dalgún xeito dicindo que sempre falei castelán. O que pasa é que cando se fai unha descripción obxetiva de alguén non se lle está descalificando. Creo que xa teño dito numerosas veces que sempre falei en castelán e que continúo falando castelán con moita xente... un dos principais motivos é que eu non son partidario do aldeanismo pechado e trátome con xente de tódalas culturas; se ando con xente de Cuba, Franza, México, Italia, Alemaña, Xapón, Gran Bretaña, España e moitos outros países alleos á lingua da Galiza vexo lóxico empregá-la lingua coa que mellor nos entendamos... sexa galego, castelán ou inglés. Ainda que co meu "primo adoptivo" Philippe (Je ne parle pas françoise! hehe) falo moito en galego, porque el tamén o fala... de feito aínda non o oín dicir nunca "yo", sempre dí "eu".

Pertenzo á xeración da "esquizofrenia lingüística paternofilial". Que consistía en que a xente falaba sempre en galego agás para dirixirse aos cativos... mesmo a miña avoa me dicía que non falase galego porque quedaba moi feo. Dicídeme entón se as ideas que teño agora non son construídas por min mesmo... o entorno no que fun criado non me auguraba o meu xeito de pensar actual.

Gústame iso da moda do galeguismo... debe de ser como cando estaban de moda os Tamagochis ou algo así...

Os que falaban galego non eran de aldea, eran "ghailanciños" ou "de monte"... debín de darme pouco a coñecer... E sí, sempre me gustou iso de non ser parte dos "apestados" na escola... pero todos fumos á escola e sabemos como é a cousa... creo que non había ningún "marxinado" que o fose só por cuestións lingüísticas. Era un crack e sigo a selo... qué se lle vai facer? Hai xente que nace con estrela, e outros nacen estrelados... a miña forza gravitatoria é para ter en conta, si señor. :)

Avergoñame ter tido esas ideas de galegofalante=ghailán... malia que non fose máis que un cativo... despois dos 15 comecei a informarme. Pero tamén me avergoña ter defendido o castrismo, por poñer un exemplo... ou ter fodido nalgunha cativa que non debera... ao feito, peito!"
Dito por Suso (galeguista por moda)


P.D.- Por se non me entero a tempo nas revistas de tendencias, agradeceríavos que me avisedes cando se pase a moda de ser galeguista... non me gusta nada estar desactualizado!
Comentários (2) - Secçom: Reflexions - Publicado o 11-02-2007 23:44
# Ligaçom permanente a este artigo
As Pontes, unha vila con enerxía
Pouco teño falado por aquí de As Pontes, As Pontes de García Rodríguez... non son de García Rodríguez que son dos ponteses, dí a miña nai. (E Galiza non é de España, que é dos galegos... postos a dicir obviedades... hehe)

Escribín hai xa tempo un artigo sobre "El Ferrol del Caudillo" no que falaba da típica conversa que xurdía cando alguén me pregunta de ónde son. Cando se fala de As Pontes o tema que xurde sempre é o da central térmica, coa súa magnánima cheminea: O Carallo da Galiza.

A cheminea, cos seus 356 metros de altura é a máis alta construcción de Europa, superando con creces á Torre Eiffel. O furado que quedou de tódolos anos de explotación mineira será enchido de auga, formando unha enorme lagoa (con dúas illas) que terá unha superficie similar á da cidade da Coruña.

En As Pontes facémolo todo ao grande, é por iso polo que somos o meirande concello da Coruña, e tamén posuímos a meirande altura da provincia: o Monte Caxado cos seus 756 metros de altura. Non é de extranar que aquí esteña a meirande central térmica do País, do Estado, da UE e entre as meirandes do mundo... só o parque de carbóns ten a superficie de 11 campos de fútbol. A potencia da central térmica é de 1400 megavatios, pero aumentará en 800 megavatios coa construcción dos novos grupos para crear unha central de ciclo combinado (carbón e gas).

E pensaredes... con tanta enerxía iredes sobrados... pois non! Non nos pareceu suficiente. E por iso en As Pontes tamén posuímos dous embalses no Eume que producen electricidade ademáis de abastecer ás vilas de auga... e mirade que aínda nos pareceu pouca cousa, e sementamos parques eólicos por todas cantas serras hai no municipio. Consecuencia: As Pontes é un dos lugares con meirande produción enerxética a nivel mundial!! Manda truco!... Para que logo me veña un espabilado de Ribeira, Carballo, O Inferniño ou calquera sitio tocando nos collóns que ónde carallo está As Pontes! Ó próximo que mo pregunte córtolle o cable de abastecemento enerxético de toda a súa vila!!

Logo tamén hai quen nos acusa de contaminar (que digo eu se preferirían quentá-la casa cunha estufa de leña e iluminarse con pachuzos pola rúa pra saír de carallada...) como nos pasara cun crego en Melide que non nos quería cruñá-las tarxetas do Camiño de Santiago:
- De ónde sodes?
- De As Pontes.
- De As Pontes tiñades que ser!! Contaminades todo coa térmica esa!!

O que non debe de coñecer esta xente son as Fragas do Eume, o bosque tradicional atlántico que se conserva na comarca sen repoboacións... o único bosque auténticamente galego que fica na Galiza señoras e señores!! SOMOS UNHA POTENZIA!!!

Por se fora pouco tamén temos unha riquísima arqueoloxía, pois é en As Pontes, na zona da Mourela, onde está o meirande "camposanto" prehistórico de toda Europa! Cágate lorito!! Hai vestixios de cultura campaniforme e castrexa. Abundan as mámoas e os castros (moi fodidos, por qué negalo, por mor da merda de administración que temos) e mesmo se está agora a escavar un círculo lítico.

E por se fose pouco temos unhas festas e romarías caralludas e temos fama de ser os máis borrachos (din as estadísticas que é onde máis alcohol por persoa se consume). Alguén da máis?

Para que logo me veña ninguén a preguntar que qué carallo hai en As Pontes.

As Pontes é o fodido embigo do mundo, meu! Somos unha potenzia!!!

Unha vila con enerxía!!
Comentários (22) - Secçom: Reflexions - Publicado o 10-02-2007 04:38
# Ligaçom permanente a este artigo
Speak "galenglish"
O Partido Galeguista saca unha web nun inglés moi peculiar

Na carreira cara ás eleccións municipais de maio, o Partido Galeguista segue a demostrar o seu cosmopolitismo abrindo unha web en... inglés??.

Galician-party.com non destaca pola súa variedade de contidos, pero xa ofrece unha versión da súa proposta de Estatuto na lingua de Shakespeare.

Con mensaxes tan macarrónicas como "Click to redirect him web site" ou "Do not even give them now" dificilmente poderán captar os votos dos galegos anglofalantes.
Comentários (1) - Secçom: Reflexions - Publicado o 23-01-2007 18:37
# Ligaçom permanente a este artigo
Un mundo perfecto, un tempo esquecido
Home de Vitruvio"Cando os Deuses xa non existían
e Cristo non aparecera aínda,
houbo un intre único,
dende Cicerón até Marco Aurelio,
en que só estivo o Home"
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 13-01-2007 22:04
# Ligaçom permanente a este artigo
A Coruña é un mundo
A cidade da Coruña sempre me gustou moito... é unha cidade moi aberta, que mira cara ó mar, gústanme moito os museos científicos que ten, as coruñesas están moi boas,... só lle faltaba poñé-lo nome das rúas, prazas,... en galego e quitar certa bandeira que xa caeu unha vez...

O que non sabía era que A Coruña é en sí mesma un mundo (se até ten idioma de seu! XDD). Pódese dá-la volta ao mundo sen saír desta cidade:
Comentários (1) - Secçom: Reflexions - Publicado o 07-01-2007 02:28
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0