Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Regreso ó futuro... e volta ó pasado
Estiven alí, vin o futuro, e quería voltar pra comprobar se era certo. Vin un país orguioso de si mesmo, no que vivir nunha vila de 3000 habitantes non era sinónimo de ausenza de futuro, no que o ecoloxismo non estaba enfrontado coa creación de postos de traballo, no que o rural tiña prestixio, no que os desportes de sempre tiñan seguidores e ligas, no que nos bares se mesturaba a música tradicional co Bulería de Bisbal, no que escribir ou falar na lingua de seu non era sinónimo de reivindicá-lo pasado senón de mirar cara o futuro. Vin un país que miraba por si mesmo e non polos seus veciños, vin un país que miraba á cara a aquel con quen tiña que negociar no canto de agachá-la orella e dicirlle que sí a todo.

Logo voltei ó pasado, e descubrín que aquilo do que eu falaba, aquilo que eu reivindicaba non era unha utopía, pois vino cos meus ollos, non foi un soño... mais agora semella que si que o foi, un soño marabilloso, un soño como aquel que tivo Martin Luther King, unha utopía realizábel.

Espertei nun país que se odiaba a si mesmo, no que vivir nunha vila de 13000 habitantes non implicaba ter un futuro asegurado senón máis ben incerto, no que o ecoloxismo tan só se adicaba a desprezar e cuspir sobre todo o que trouxer postos de traballo, no que o rural estaba denostado, no que os desportes de sempre eran vellos e pasados de moda, no que nos escasos bares que se escoitaba música do país non había ninguén vestido con camisa e zapatos, no que escribir ou falar na lingua de seu era visto coma paletismo ou politismo. Espertei nun país que miraba por todo o mundo agás por si mesmo, nun país que agachaba a orella mentres era explotado.

- Na televisión de Euskal Herria dan o parte do tempo pra todo o país, pra que tódalas xentes que nel viven saiban se lles vai chover ou poden ir á praia... na televisión da Galiza considéranse radicais e imperialistas a aqueles que cremos que os de Vegadeo ou os bercianos teñen dereito a saber se lles vai caer un trebón.

- Os sinais das estradas de Euskal Herria están en euskara ou son bilingües e inclúen a lingua do Estado que os denosta; na Galiza moita xente se ten que adicar a corrixilas porque só están na fabulosa lingua cervantina, ás veces cometendo horrorosas deturpacións. Á entrada da vila na que viven meus tíos e curmáns hai un sinal que dí ?Zizurkil Independentziaren Aldea?, á entrada de As Pontes, onde goberna o BNG e hai uns anos que puxo por todos cantos sitios se entra ós territorios do concello letreiros de ?Benvidas e Benvidos a As Pontes? aínda hoxe, entrando por Momán, se pode ver un sinal que pon ?Puentes? cunha corrección feita por un anónimo.

- Nos concellos de Euskal Herria pendura a Ikurriña, a bandeira do país, e con frecuencia pancartas de reivindicacións do seu pobo... na Galiza hai lugares nos que a bandeira de España loce alta nun mastro protexida por dous policías. Os ponteses somos un caso excepcional... somos así de chulos, e ademais da bandeira galega e a pontesa temos uns mastros coas bandeiras dos países nos que a vila ten poboacións irmandadas coas que facemos intercambios: Breizh (Bretaña), Cymru (País de Gales), e Cuba. E mentres as vilas costeiras agradecíanlle ó PP as indemnizacións do PPrestige nós tiñamos pendurada na casa do concello unha enorme pancarta que poñía ?Nunca Máis?.

- Nas festas de Euskal Herria as orquestras falan e cantan en euskara... na Galiza cantan pasodobles que din ?Que viva España?, mais ós que imos ó Festival dos Irmandiños de Moeche e cantámo-lo hino galego trá-lo asalto ó castelo chámannos radicais.

Asegúrovos que, despois do norte de Portugal, non hai sitio na península que asemelle máis á Galiza que Euskal Herria. O que nos diferenza é o amor propio... mentres alá as cousas de seu teñen prestixio social aquí o auto-odio non fai senón denostalas. O meu obxectivo non é senón abrí-las mentes de quen cré que pra ver só se precisa de ter ollos, cando que sen cerebro nin ven os ollos, nin escoitan os oídos nin sinte o corazón.

Tiven un soño... un soño que se chamaba Galiza, os que soñamos despertos sabemos cousas que os que só soñan durmidos ignoran. Da utopía á realidade só hai un paso, tan só se precisa de xente disposta a dalo... eu xa botei a andar, alguén se apunta ó meu camiñar?
Comentários (11) - Secçom: Reflexions - Publicado o 03-05-2007 17:29
# Ligaçom permanente a este artigo
Sitio distinto
O Estatuto galego foi o primeiro en seren parado do Estado porque os nosos políticos non chegaban a acordo en que carallo somos. A verdade é que a nosa terra é de puta coña, e os nosos políticos e dirixentes non habían de ser menos ca nós. Os políticos galegos falan da Galiza, mais ollan cara Madrid... dalí veñen as ordes e alí é onde desexarían gobernar a meirande parte deles.

Xa no nome do país somos distintos... coñecedes algún outro país en toda a esfera terráquea que teña dous nomes?? Pois nós ?semos? peculiares... poñémoslle Galiza e mais Galicia de nomes oficiais, porque nos sae dos collóns e por collóns.

Na Galiza non se fai política... asfáltanse as pistas cando chegan as eleccións e por se aínda así non nos chegan os votos temos un sistema infalíbel que consiste en meter unha chea de vellos nun coche e darlles un sobre co voto.

Na Galiza non hai política agraria... hai paifoquismo minifundista. A miña finca é a que máis vale do mundo, malia que só sexa unha toxeira que agarda a que se faga un parque eólico ou pase unha estrada pra ser cultivada e así cobrar uns pesos máis por ela á Xunta.

Na Galiza non hai política lingüística... aplaudímoslle ós centros que dan a metade das clases en galego e ó resto poñémoslle estes coma exemplo de bo facer. Ademais non temos lingua oficial... hai quen di que é o galego, mais a RAG, a AGAL e toda canta merda hai en defensa da lingua adícanse a botarse os trastos á testa uns ós outros mentres o país perde falantes de seu.

Na Galiza non hai protección medioambiental... sempre que pagues a quen corresponda podes montar unha presa que afogue unha importante fervenza ou facer unha canteira nunha fraga protexida. Iso si, como a un gandeiro lle dea de matar ó lobo que lle comeu vinte ovellas das que non recibiu subvención ningunha vai directo á cadea por asasino, mamalón e contribuír ó quecemento global cos peidos dos seus ovinos.

Na Galiza non hai industria enerxética... tan só temos unhas cantas centrais térmicas e eólicas espalladas polo país pra lles dar de balde electricidade ós españois que tanto fixeron por nós ó longo da historia. A verdade é que llo debemos. Temos con eles unha débeda por proporcionarnos unha língua de verdade e incluírnos nos territorios onde o flamenco e os touros aledan tódalas festas, así temos subministro de guiris asegurado.

Na Galiza non universidades nin centros de formación... ao que nós nos adicamos é a formar mozos pra exportalos a todo o mundo e que se vexa alén das nosas fronteiras o intelixentes, traballadores, altos e loiros que somos os galegos.

O segredo do marisco galego non se basea no aporte de nutrintes que provocan as rías e o ascenso de augas profundas por mor do Efecto Coriolis... as nosas centolas alimentanse de toda canta merda lles botan as nosas cidades e industrias e así de lustrosas nos saen.

O monte galego é tan fermoso porque non é auténtico... é replantado. Os nosos antepasados xa o vían vir... o que move o turismo a Australia é que sexa un sitio tan peculiar cos seus eucaliptos e os seus koalas. Nós decidimos facerlles a competencia... polo de agora estamos adaptando a flora, mais en canto cheguen os primeiros canguros ós Ancares xa veredes como os turistas se decantan por este cu co mundo e non polo outro...

As estradas galegas non son unha sucesión de curvas, baches e cambios de asfalto por mor da orografía nin porque o Estado non inverta un can nelas... é que así lle damos ó noso país ese punto de exotismo que pode ter Kenia ou Tanzania.

En definitiva... a Galiza non é nin unha nazón nin un país, nin sequera unha comunidade... a Galiza é un enorme xeriátrico no que os vellos poden gozar tódalas noites dunha gaiteirada na televisión e degustar lacoadas, alladas e mariscadas que subvencionan os galegos que fixemos estudar e emigrar. Eses mesmos vellos son os que elixen os gobernantes, que seguirán mantendo este sistema que é a sociedade do benestar galega, sempre a disposición de catro vellos que só miran pola súa pensión.

Somos unha potenzia?? Boh... iso son lerias que nos inventamos os que aquí ficamos pra consolarnos por non ter emigrado aínda... o que somos é unha enorme casa de putas. Achéganse as municipais... vaiamos todos en masa a votar pra manter este fantástico sistema...
Comentários (10) - Secçom: Reflexions - Publicado o 27-04-2007 21:44
# Ligaçom permanente a este artigo
Sobre actitudes e machismo
Nunca me gustou a actitude dalgunhas rapazas que "insinúan" (e non falo de ir en minisaia nin de levar escote) dun xeito abertamente exhibicionista certas cousas e en chegados a un punto pretenden recuar. Non son todas, nin moito menos... en realidade son unha minoría, mais habelas hainas e, malia ser minoría, fan moito "ruido".

A denominación que se lles da a estas rapazas a pé de rúa é bastante explícita: "calientapoyas" (si, aínda non escoitei a ninguén dicindo "quecepirolas", hehe).

A moitas rapazas lles molesta que se use este termo aínda que non vaia dirixido a elas (de ser caso contrario comprendería a molestia) e, malia iso, téñolles escoitado centos de veces a rapazas dicir: "esa é unha calientapoyas".

Se ben o termo pode soar despectivo (de feito considero que é despectivo) ás veces é descriptivo... é entón cando o despectivo é a actitude e non a denominación que se lle dea a quen a realiza. E claro... nesta sociedade tan políticamente correcta és un machista se dis que unha é unha "calientapoyas" aínda que se pasase tres pobos da liña que separa o "só xogamos" do "quero botar un polvo".

Algúns rapaces merecerían ser beatificados por aturar certas cousas...

"Cerdo machista"
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 30-03-2007 20:11
# Ligaçom permanente a este artigo
Quén domina o mundo?
Esta é unha pregunta que moitas veces nos fixemos todos e da cal eu creo té-la resposta... pode que non sexa a verdadeira, mais como non creo nas verdades universais a min váleme sobradamente: "Poderoso caballero es Don DINERO".

Un mundo democrático


EU NON QUERO SER COCIÑADO!!!
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 17-03-2007 17:30
# Ligaçom permanente a este artigo
Amolado
Hoxe ando medio amolado e non remato de saber por qué. Ando dándolles voltas a unhas poucas cousas...

Tiña en mente un artigo caralludo pra escribir onte "contando" cómo foi a noite do xoves (caralluda e rara! XD), pero non o puiden poñer porque este computador é do ano 98, e aínda non existía o USB 2.0, de xeito que non puiden entubá-lo vídeo que teño no disco duro externo. É unha puta merda té-lo portátil escarallado! :/

Onte escribín outro artigo e o tranganillo este bloqueuse mentres publicaba, de xeito que me nego a reescribilo... E hoxe as cousas por aquí andan un pouco do estilo:

-E ónde vas rapás?
Comentários (2) - Secçom: Reflexions - Publicado o 24-02-2007 19:02
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0