Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A Igreja mata
Vídeo para a difussom da campanha de 2008 das Maribolheras Precárias.

O 28 de Junho, Dia Internacional do Orgulho LGBTI, Mani*festa*acçom na Queerunha.

A Igreja mata, apostata!!


Como apostatar: aqui.
Comentários (0) - Secçom: Sociedade - Publicado o 05-06-2008 18:18
# Ligaçom permanente a este artigo
A idiosincrasia galega
A sociedade galega ten unha idiosincrasia de seu, isto é inegábel. Cando alguén se achega á nosa terra o primeiro que percebe é que temos unha língua propia cunha grande diversidade...



Se este visitante da en viaxar polas diferentes bisbarras do noso país, ha descobrir que a diversidade de sotaques é tremendamente variada.



Algo que sen dúbida resulta realmente curioso a todo foráneo é a grande capacidade dos galegos para respostar sempre con outra pregunta...




e mais o estendido costume galego de deixar sempre no prato algo de comida... "a vergoña do galego".



E, indudábelmente, da Galiza se levará unha boa escolma de curiosas fotografías, froito da "peculiar" arquitectura autóctona galaica, tamén coñecida com feísmo...

Comentários (0) - Secçom: Sociedade - Publicado o 12-03-2008 22:27
# Ligaçom permanente a este artigo
Vivamos como galegos!
Acabo de flipalo co novo anuncio de Gadis, empresa que leva un veciño meu daquí das Pontes. Descuberto, como non, vía Chuza.

Vivamos como galegos!


Galiza... onde a xente aínda é amábel, onde non existe o estrés,... onde as preguntas se respostan con máis preguntas, onde a choiva é arte, onde a comida é unha relixión e un domingo sen aldea non é un domingo... onde a xente non é fea, é riquiña!!!

A verdade é que hai apenas tres ou catro anos coido que ninguén podería imaxinar ver un anuncio coma este. Semella que, por fin, a mentalidade está cambiando en positivo... un país que é quen de facer brincadeiras de si mesmo é un pais mentalmente san.
Comentários (6) - Secçom: Sociedade - Publicado o 03-10-2007 23:01
# Ligaçom permanente a este artigo
Sexo sen complexos
Dende o 2005 Wilfred Brimo ven facendo uns vídeos pra campañas a prol do uso do preservativo pra evitá-los contaxios da SIDA.

A verdade é que fai uns anuncios macanudos nos que se deixa de medias tintas (por fin alguén se decide a facelo) e amosa o sexo tal como é... ceibe e con normas tan só marcadas polos participantes; e poñendo o preservativo como o que é, un medio de preví-la transmisión de enfermidades e non unha especie de menciña como plantexan algúns anuncios.

Penso que se pode concienciar moito máis á poboación amosando que os condóns forman parte do xogo sexual que presentándoos coma unha barreira ó contacto físico.

Velaquí os tres vídeos que leva feito:

Baby Baby. 2005


Sugar Baby Love. 2006


My Boy Lollipop. 2007
Comentários (1) - Secçom: Sociedade - Publicado o 13-05-2007 17:17
# Ligaçom permanente a este artigo
Se Galiza é un país... qué é España?
Esta era a pregunta que se facía un pobre homiño coruñés vítima da iñoranza.

Vía Chuza! descubrín na bitácora de ivanpuentes as declarazóns dun paisaniño a Radio Voz... un tipo deses que falan un perfecto "castejano", cun sotaque español que nin os de Valladolid, oe!

Pertence a ese grupo de indivíduos que andan na procura dunha língua universal que todos falemos dende o berce; persoas que nunca oíron falar das funcións de identidade dunha lingua, da riqueza da diversidade nin da cultura que aporta un idioma. E xa nin me digno a comentá-lo concepto que pode chegar a ter este homiño das diferenzas entre país-estado-nazón-comunidade-alianza,...

En fin, que me tivo chiste mentres o escoitaba, xa que se me viñeron á mente unhas imaxes dos Aduaneiros Sem Fronteiras que poderían ficar ben coas declarazóns... meu dito, meu feito. Escoitade e xulgade por vós mesmos:

Se Galiza é un país...



P.D.- Nunca me fora tan difícil incluír un artigo dentro dunha sección. Comecei por "humor", logo pensei en "diáspora" por ser apátrida o tipo, "indefiníbel" pintáballe ben, mais como temos a desgraza de que haxa xente así... pois "sociedade".
Comentários (3) - Secçom: Sociedade - Publicado o 14-04-2007 16:14
# Ligaçom permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.