Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Os Ancares, Reserva da Biosfera

A Unesco cataloga Os Ancares como Reserva da Biosfera

A comarca dos Ancares converteuse esta semana na terceira das galegas que é declarada Reserva da Biosfera. No 2002 a Unesco catalogou así as Terras do Miño e o ano pasado fixo o mesmo con Allariz. Malia iso, Adega, que cualificou de satisfactoria a decisión, pediulle ás administracións un compromiso para que o acontecido esta semana sexa algo máis ca "un novo título honorífico".


Para o colectivo ecoloxista é tamén prioritario traballar na mellora da calidade de vida da poboación e "elevar as condicións sociais, económicas e culturais, no marco sempre dun desenvolvemento sustentábel". Dende Adega sinalan que os veciños da zona están preocupados polas "posíbeis repercusións negativas que poda ter sobre a actividade agro-gandeira e demais actividades económicas da comarca". A asociación lembra que se precisa da participación das institucións locais e do secundario en xeral. Adega conclúe que esta declaración ten que servir para un verdadeiro desenvolvemento sostíbel e para elevá-la calidade de vida dos que seguen a vivir na comarca montañesa.
Comentários (0) - Secçom: Natureza - Publicado o 29-10-2006 16:24
# Ligaçom permanente a este artigo
¡Putos Alcolitros!
Eukal Hiptoak Austral HerriraOs alcolitos son unhas árbores autóctonas da Australia e que aquí non fan máis que foder. Estas árbores teñen unha multitude de características (que non mesmamente defectos aínda que o pareza) que as fan incompatíbeis coa fauna e flora autóctona da Galiza (en realidade de todo o mundo agás Australia).

Algún que esté a ler isto pensará que son deses que andan a prender lume nos eucaliptais (que os hai), pero eu só estou a facer unha protesta que creo xusta.

Os eucaliptos son unhas árbores que posúen halosteria, que é un fenómeno que consiste en que emana unhas substancias químicas que fan que non medren árbores ou herbas doutra clase do seu redor.
Se alguén quere saber máis da halosteria que pille de enciclopedia e se culturice, que sempre é bó.

Pois ben... en Australia a flora autóctona está adaptada a estas árbores e aos seus fenómenos halostéricos, de xeito que nese país os eucaliptais sí teñen sotobosque, que é fundamental pra o ecosistema dunha fraga... ademáis a fauna autóctona aliméntase destas árbores (véxase Koalas), de xeito que se produce un ecosistema en toda regra.

Noutras partes, se plantas un eucaliptal non medra sotobosque e hai un ecosistema que non rinde... os animais non se poden agochar baixo as súas polas... por exemplo, nun carballo poden aniñar os paxaros e están agochados... nun eucalipto non poden aniñar porque se pasa un águia veos con moita facilidade e papa a tódolos paxariños. Ademáis zugan auga que mete medo... as súas raíces tiran pra a auga que da gusto, i ese é o motivo de que medren tan rápido... desertizan o solo; Australia ten agora un inmenso deserto... antes iso era todo un inmenso eucaliptal... cadaquén que saque as súas conclusións. E contaminan augas... por exemplo se plantas un eucalipto preto dun pozo este contamínase e queda inservíbel... todo por mor do halosterismo. E ademáis teñen unha madeira de alto contido en alcohol, de xeito que arden que da ghusto velos, e ao mínimo que faga un pouco calor están a arder os alcolitros.

¡¡Sí ós alcolitos... pero na súa lugar de orixe!!
Comentários (11) - Secçom: Natureza - Publicado o 28-08-2006 00:50
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.