Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Nazón, malia a quen lle pese
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, reiterou que para el Galiza é unha nazón «aínda que diga o contrario o señor Rajoy», o presidente nacional do PP, quen anunciou que recorrerá o Estatuto galego se inclúe este termo.

«Dígase o que se diga e salga o que salga -da reforma estatutaria- nós seguimos pensando que Galiza é unha nación, xa o dixen moitas veces», aseverou Barreiro.

O responsable da RAG pronunciouse así sobre o debate ao redor da definición de Galiza no novo Estatuto de Autonomía despois do acordo alcanzado entre o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o do PPDG, Alberto Núñez Feijoo, que establece que Galiza «non perderá na súa caracterización identitaria nin posición nin status en relación coas nacionalidades históricas».

Barreiro realizou estas declaracións uns intres antes de participar na inaugurazón na Fundación Caixa Galicia na Coruña da exposición «Galiza, a forza da palabra» có gallo do centenario da Real Academia Galega (RAG).
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 26-11-2006 17:05
# Ligaçom permanente a este artigo
España é un Estado Plurinacional
O BNG consegue que España sexa un "Estado plurinacional"

Non imaxinaban os deputados nacionalistas no Congreso que o debate sobre o Estatuto dos cidadáns españois no estranxeiro ía traer consigo a declaración de España como "Estado plurinacional". O BNG presentou unhas emendas ao texto entre as que se atopaban varias destinadas a garantí-los dereitos dos emigrantes a coñecer e recibir formación sobre as culturas e linguas propias, xa que España é un "Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüístico". O PSOE, sen ser consciente dese punto, votou a favor, o que desatou a polémica no hemiciclo.

O Bloque Nacionalista Galego presentou no Congreso dos Deputados esas emendas ao Estatuto dos cidadáns españois no estranxeiro. A maioría delas redactadas co fin de ofrecer aos inmigrantes garantías sociais, xurídicas, electorais ou de asociación. As emendas tamén incidían na necesidade de garantir unha formación e potenciar o coñecemento sobre as distintas culturas e linguas que forman o Estado español. Deste xeito, o texto recollía este punto xa que España é "un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüístico".

O texto dos nacionalistas galegos foi aprobado na sesión ante o despiste do grupo socialista, o que provocou as iras dos populares. Segundo a deputada nacionalista Olaia Fernández, a postura do BNG agora vai ser defender as emendas no Senado, logo de que o PSOE anunciase a súa intención de botar atrás o texto aprobado o que, en palabras de Fernández, "é lamentábel".

A deputada nacionalista, asegura que a emenda non se redactou co fin de enganar ao grupo socialista, se non que simplemente recolle unha realidade patente no Estado así como unha necesidade real da diáspora, aínda que recoñece que os socialistas "non colleron o matiz".

Indignación no PP
Pola súa parte, o Partido Popular a través da secretaria executiva de Política Autonómica e Local, Soraya Sáenz, asegurou que "é un feito de gravidade extrema que o PSOE votase un proxecto de Lei" a condición de España como "Estado plurinacional".

Segundo Sáenz, "é absolutamente inaceptábel que as leis comecen a recoñecer a condición plurinacional de España porque contradí abertamente "a definición de Estado que se votou en 1978".

Máis do 90 por cento das emendas aprobadas
Olaia Fernández Davila non ocultou a súa "satisfacción" pola aprobación do 94 por cento das emendas presentadas polo BNG ao Estatuto. As propostas do partido supoñen unha serie de melloras de índole social, político-xurídico e cultural para os cidadán españois residentes no exterior.

A parlamentaria destacou entre as emendas incorporadas á lei a relativa a facilitar o acceso dos emigrantes en situación de dificultade á rede sanitaria nos países nos que habitan. Tamén sinala que "resulta moi positivo que se incluíra o relativo coa emisión do voto nos procesos electorais" subliñando a que fai referencia a garantir a igualdade de todos os partidos políticos á hora de concorrer ás eleccións, asegurar a transparencia á hora de emitir o voto ou a posta a disposición de Embaixadas e Consulados para o exercicio deste dereito.

No eido social, aprobáronse as emendas destinadas a "impulsar e consolidar o movemento asociativo, co apoio ás asociacións que teñen infraestruturas para atender ás persoas maiores, o fomento da participación dos emigrantes a través do Consello Xeral da Emigración, e a procura de melloras das súas condicións de vida nos países onde habitan.

Aínda así, Olaia Fernández amosa a súa decepción por non aprobarse a proposta nacionalista para que os netos de emigrantes poidan acceder á obtención da nacionalidade española.
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 29-10-2006 16:20
# Ligaçom permanente a este artigo
Defendendo a Terra
CastelaoUnhas verbas de Castelao...

- "O verdadeiro heroísmo consiste en cambiar os anceios en realidades, as ideas en feitos"

- "¿Con qué dereito se nos obriga a deprendermos a língua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprender a nosa?"

- "E somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuir á civilización universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas"

- "O galego é a forma máis antiga das línguas neolatinas de Hespaña e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario"

- "Castela non ten máis de tres séculos de antigüidade sobor das nacións de América"

- "Os elementos da dereita soio conciben unha patria artificial, posta ao servicio dos seus intereses"

- "Chegan a decir que o problema galego, igual que o vasco e catalán, depende da solución acorde da maioría dos hespañoes... ¡Estabamos aviados!"

- "O pobo é somentes soberán o día das eleccións"

- "A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso"

- "Unha língua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte"

- "Non hai máis solución que o federalismo para chegar á paz do mundo"

- "Se a cultura é o mellor froito da nación, será preciso recoñecer que non hai vida nacional única onde existan diversas culturas"

- "A vergonza é pior que a fame"

- "A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán"

- "A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia"

- "Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional"

- "As vacas e os bois merecen máis amor que os touros bravos"

- "Nós queremos ser hespañoes, pero a condición de que este nome non nos obrigue a sermos casteláns"

- "Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"

- "Somos tan galegos hoxe como éramos no século XV, antes de sermos asoballados polos "Reis Católicos"

- "O idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero logrou degradalo"

- "A nosa "lingua rústica" vive porque aínda temos moito que decir nela"

- "Dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser nacional"

- "Non: o internacionalismo eficaz non deserta das patrias, senón que as transforma en órgaos dunha nova humanidade"

- "Galiza foi un Reino independente até o século XV e despois gozou das ventaxas do réxime autónomo até ben entrado o século XIX"

- "Galiza soio merecerá respeto cando abandoemos a nosa mansedume, despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente"

- "A vaca é o símbolo da paz"

- "Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira"
Comentários (3) - Secçom: Política - Publicado o 07-09-2006 20:35
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0