Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Victoria Imperialista
Os movementos nazonalistas basco, bretón e corso non apoiaron ningunha das dúas candidaturas que optaban ó "trono" de Franza nas elecións deste domingo. Nin Ségolène Royal nin Nicolás Sarkozy contaron cos votos dos simpatizantes da legal en Franza (por qué ilegal no noso Estado?) Batasuna, dos bretóns Emgann ou dos corsos Corsica Nazione. As tres formacións coincidiron nesta segunda volta á hora de reiterar a súas posición contrarias ás dúas candidaturas xa que son ?representantes dun Estado xacobino e centralista?.

Na primeira volta, a ponla de Batasuna en Iparralde e Corsica Nazione chamaron á abstención xa que consideraban que as elección francesas non son de seu. Nesa mesma liña situáronse os bretóns de Emgann, que pediron que os seus simpatizantes introduciran na furna unha papeleta nula cunha bandeira da Bretaña.

Segundo estas formacións, nin Sarkozy nin Royal responderon as demandas recollidas na Declaración de Corte, subscrita por nove grupos políticos o pasado verán. Nela, ?as nazóns sen Estado baixo tutela francesa? reivindican o dereito á autodeterminazón, a aceitación dos seus pobos como ?nazóns de pleno dereito?, un marco ?institucional e oficial? para o desenvolvemento das súas linguas e culturas así como do ámbito social e económico.

Segundo Jean-Claude Aguerre, portavoz de Batasuna en Franza, ?ningún voto pode ir a ningún dos dous candidatos?, e advirte que o elixido terá que ?pór na súa axenda os dereitos das nosas nazóns e afrontar esta problemática? xa que ?esta actitude de rexeitamento non pode continuar?.

Abstención ou voto nulo
Batasuna propuxo dúas posibilidades, a abstención, opción apoiada tamén polos corsos de Corsica Nazione, ou depositar nas furnas unhas papeletas que reclamen o ?respecto e recoñecemento dos nosos dereitos como pobo?.

Pola súa parte, os independentistas bretóns de Emgann repartiron papeletas co lema ?somos unha nación. Temos o dereito de decidir?. Ao mesmo tempo, o Parti Breton, de recente creación, expresou que non pode confiar en ningún dos dous candidatos e a valora positivamente os resultados do centrista Bayrou, que ?expresan a necesidade de renovar o sistema político?. Porén, os socialdemócratas da Unvaniezh Demokratel Breizh apoiaron Royal xa que crían que loitaría polo desenvolvemento da identidade da Bretaña.

En Córsega non pensan o mesmo da candidata socialista á que acusan de obviar a situación insular na única visita realizada durante a campaña o que deixou ver que ?non é a súa preocupación principal?. De Sarkozy aseguran que xa deu boa proba da súa postura en relación aos nazonalismos en ?materia de represión?.
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 07-05-2007 18:58
# Ligaçom permanente a este artigo
De quén é o século XXI?
No 1941, Henry Loce proclamou que o século XX sería o ?século americano?. Dende aquela, a maioría dos analistas estivo dacordo con el. Por suposto, o século XX foi máis que un século estadounidense. Foi o século da descolonización de Asia e África. Foi o século do florecemento, como movementos políticos, do fascismo e o comunismo. Foi o século tanto da Gran Depresión como da incríbel expansión, sen precedentes, da economía-mundo durante os 25 anos posteriores ao final da Segunda Guerra Mundial.
Nembargantes, foi o ?século americano?. Estados Unidos converteuse na potencia hexemónica incuestionábel no período 1945-1970 e modelou o sistema-mundo ao seu xeito. Estados Unidos volveuse o produtor económico principal, a forza política dominante, o centro cultural do sistema-mundo. En resumo, Estados Unidos foi o dominador do escenario, polo menos durante un tempo.

Agora, os Estados Unidos están en visíbel decadencia. Máis e máis analistas comezan a dicilo abertamente, malia que a liña oficial do ?establishment? estadounidense o negue firmemente, do mesmo xeito que certa porción da esquerda mundial que insiste en que a hexemonía desa nazón continúa. Mais os realistas con claridade de pensamento, en todas as partes, recoñecen que a estrela estadounidense vai atenuando a súa luz. A cuestión que subxace a tódolos prognósticos serios é entón, de quen é o século XXI?

Por suposto, estamos apenas no 2006 2007, e se cadra é cedo para respostar a esta cuestión con algún senso de certeza. Nembargantes, os líderes políticos de todas partes fan cálculos en torno á devandita resposta e formulan as súas políticas en concordanza. Se reformulamos a cuestión e sinxelamente nos preguntamos como se podería ver o mundo, digamos no 2025, poderemos cecais ser capaces, polo menos, de dicirmos algo intelixente.

Basicamente hai tres series de respostas á cuestión de como se verá o mundo no 2025. A primeira é que Estados Unidos gozará dun último vigor, un rexurdimento do seu poder, e continuará dominando o poleiro en ausenza dalgún contendente militar serio. A segunda é que a China desprazará ós Estados Unidos como a superpotencia mundial. A terceira é que o mundo se vai volver a area dunha desorde multipolar anárquica e relativamente impredicíbel. Examinemos a plausibilidade de cada unha destas tres predicións.

- Os Estados Unidos á cabeza? Hai tres razóns para dubidalo. A primeira é unha razón económica. A fraxilidade do dólar estadounidense como única reserva cambiaria na economía-mundo. O dólar sostense agora polas masivas infusións de compra de bonos que fan o Xapón, a China, Corea e outros países. É moi pouco probábel que isto continúe. Cando o dólar caia dramaticamente, incrementará momentaneamente a venda de bens manufacturados, mais os Estados Unidos perderán o seu control da riqueza do mundo e a súa habilidade para expandó-lo déficit sen unha seria sanción inmediata. Os niveis de vida caerán e haberá un influxo de novas moedas de reserva, incluídos o euro e o ien.

A segunda razón é militar. Afganistán e especialmente o Iraq amosaron nos últimos poucos anos que non é suficiente contar con avións, barcos e bombas. Unha nazón debe tamén contar cunha gran forza terrestre que venza a resistenza local. Os Estados Unidos non contan cunha forza así, e non terá ningunha, debido a razóns políticas internas. Como tal, está condenado a perder tales guerras.

A terceira razón é política. As nazóns por todo o mundo están chegando á conclusión lóxica de que agora poden desafiar políticamente ós Estados Unidos. Tomemos o exemplo máis recente: a Organizazón de Cooperación de Shangai, que reúne a Rusia, China e a catro repúblicas da Asia central, está por expandirse para incluí-la India, o Paquistán, a Mongolia e o Irán. Este último país foi convidado no mesmo momento en que os Estados Unidos intentaban organizar unha campaña mundial contra o réxime iraniano. O ?Boston Globe? chamoulle a isto, correctamente, "unha alianza anti Bush" e unha "viraxe tectónica na xeopolítica".

- Xurdirá China como cabeza cara a 2025? É moi certo que a China o está a facer moi ben no económico, expande a súa forza militar considerabelmente e comeza a xogar un serio papel político na rexión, alén das súas fronteiras. A China sen dúbida será máis forte no 2025; con todo enfronta tres problemas que debe remontar.

O primeiro problema é interno. A China non é estábel politicamente. A estrutura dun só partido ten ao seu favor a forza do éxito económico e o sentimento nazonalista. Mais enfronta o descontento de arredor da metade da poboación, que se sente relegada, e o descontento da outra metade polos lindes da súa liberdade política interna.

O segundo problema refírese á economía-mundo. A incríbel expansión do consumo na China (xunto co da India) cobrará a súa cota na ecoloxía mundial e nas posibilidades de acumulación de capital. Moitos consumidores e moitos produtores terán severas repercusións nos niveis de gananza mundiais.

O terceiro problema xace nos veciños da China. Se este lograse a reintegrazón de Taiwán, axudaría a arranxá-la reunificazón das Coreas e chegaría a reconciliarse (psicolóxica e politicamente) co Xapón; se cadra habería unha estrutura xeopolítica unificada na Asia oriental que podería asumir unha posición hexemónica.

Os tres problemas poden remontarse, pero non será doado facelo. E as probabilidades de que a China poida remontar estas dificultades para o 2025 son incertas.

- O último escenario é aquel de anarquía multipolar e de flutuacións económicas desordeadas. Dada a incapacidade de manter un vello poder hexemónico, a dificultade de estabelecer un novo e a crise mundial da acumulación de capital, este terceiro escenario parece ser o máis probábel.

Un artigo de Immanuel Wallerstein
Comentários (2) - Secçom: Política - Publicado o 25-04-2007 17:09
# Ligaçom permanente a este artigo
"Excursión" a Madrí
O que a estas alturas non esteña enterado da manife na que o PP convoca a "todos los españoles normales y sensatos" (estaremos os galegos dentro do concepto "españoles"?) non debe de vivir neste mundo. Será unha gran festa na que as dereitas e dereitoas o pasarán chupi piruli.

Na manife, entre outras cousas, os asistentes adicaranse a "gabar" ao presidente de España e a ergué-lo brazo... mesmo hai quen representará unha coreografía creada especialmente pra tan insigne acontecemento:

O Baile dos caídos


Na viaxe en bus, no cal tódolos viaxeiros levarán na lapela un lazo azul, haberá algúns que teñan tempo de tomar un pinchiño antes da acción pra coller forzas, e de paso poderán repasá-la lección pra non errar á hora de berrá-las consignas:

Zapatero: cabrón, indecente e erróneo
Comentários (2) - Secçom: Política - Publicado o 10-03-2007 02:17
# Ligaçom permanente a este artigo
Crébase España
Militares asinan un manifesto contra gais, memoria histórica e reformas estutarias.

"No admitiremos un final deshonroso para nuestra patria (...) la unidad de España, que tantos siglos y sacrificios necesitó para consolidarse, está en serio peligro", recolle o documento. Vai asinado por militares na reserva e parentes doutros en activo, incluídos varios coroneis e capitáns do exército español. Entre outros, o texto cualifica de "gravísimo error" as iniciativas en favor da recuperación da memoria histórica, critica a retirada en Zaragoza dun monumento adicado a Franco e asegura que as ideas defendidas nese manifesto son asumidas por importantes sectores e cadros do exército.

O texto tamén inclúe abundantes referencias relixiosas e denuncia a existencia de "obras de teatro blasfemas, películas insultantes para nuestras conciencias cristianas" ou "tertulias que hacen burla de nuestra fe" e "programas anticristianos".

De paso, quéixanse de que "al ejército lo amordazan de modo anticonstitucional y lo convierten, además de mudo, en un ente sordo y ciego". Engaden ao respecto que calquera grupo "incluídos emigrantes o okupas" teñen medios que "expresen sus aspiraciones o quejas libremente".

"El Estatuto catalán ofrece todos los precedentes para que en un futuro próximo el principado de Cataluña se independice", aseguran, "el mismo camino lleva el futuro Estatuto vasco". "Después llegarán los estatutos gallegos, valencianos, mallorquines, canarios, directamente traducidos del modelo catalán, a los que la derecha se adhiere de forma suicida".

Do manifesto fanse eco en diversas webs de colectivos sociais. O orixinal foi publicado no espazo Infonacional que lle fai espazo ás voces de formacións como a Falanxe ou Fuerza Nueva.


Isto confirma as miñas teorías:

- España é un Estado artificial que necesitou "muchos siglos y sacrificios para consolidarse", ou dito doutra forma, que se fixo a base de oprimir nazóns, persoas e ideas.

- Ás dereitas españolistas non lles convén lembrar que isto foi así, por iso rexeitan a Memoria Histórica.

- O exército segue apoiando o franquismo.

- O nacionalcatolicismo segue vixente no exército español; España é católica... logo non son español.

- Ao exército non lle gusta non sé-lo protagonista, quere que o Estado volva a estar gobernado como un cuartel militar.

- Os Estatutos rematarán por crebar España... VIVA!! VIVA!!

Símbolos Fascistas fóra da Galiza!!

Comentários (8) - Secçom: Política - Publicado o 21-02-2007 19:23
# Ligaçom permanente a este artigo
Por un Estatuto de Nación

Vídeo documental do BNG que contén un repaso histórico dos distintos estatutos até chegar ao Estatuto de Nación que promove o BNG
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 26-11-2006 17:18
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0