Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Non teñen remedio
As forzas da esquerda, PSOE e BNG, poden formar governo nas sete cidades galegas. Na capital da nación, Santiago de Compostela, nas catro capitais de provincia, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, na cidade máis populosa, Vigo, e no simbólico Ferrol coa presenza de EU. Unha situación excepcional, mui diferente da de Andalucía, tida como referente da esquerda, onde como sempre a maioría das cidades van ser governadas polo Partido Popular ou de Madrid, o feudo da direita castiza.

Non é nada novo. Xa en 1999, muito antes da derrota do PP nas eleicións galegas de 2004 e anos antes da catástrofe do Prestige, o PP non governaba máis que en Ourense. Ainda máis, en 1999 o BNG governaba coa alcaldías en Vigo, Ferrol e Pontevedra cando o PSOE só tiña as outras tres.

Daquela era evidente que a idea de Galiza como país conservador e atrasado non se correspondía coa realidade política e social. Nen era a praza do PP, nen necesitaba engancharse como vagón de cola á locomotora do progreso que seica avanzaba desde Madrid, como pretendían os que desde a esquerda perderan a autoestima.

Hoxe os resultados galegos só son comparábeis aos de Cataluña.

Non o cren así os medios madrileños. Salientaron con razón os resultados de Navarra, tan reveladores como os galegos, subindo a primeiro plano unha realidade vasco-navarra que pretendían ignorar. Destacaron os do seu Madrid, malia que alí non houve nengunha surpresa, e os de Canarias e Baleares, de menor transcendencia política.

Os de Galiza non. Non teñen remedio
.

Un artigo de Camilo Nogueira.
Comentários (1) - Secçom: Política - Publicado o 30-05-2007 18:47
# Ligaçom permanente a este artigo
Os meus soños... as vosas furnas
Xa pasou... rematou a campaña electoral e agora é tempo de novo de tirar cara adiante. Lonxe quedou xa o tempo de prometer, agora é o tempo de actuar. Novos tempos, novas ideas, novas espranzas, novo futuro... Futuro, esa é a clave.

Os galegos démoslle unha oportunidade a unha nova Galiza plural, unha Galiza farta de dualismos e maiorías. Galiza deulle unha lección a todo o Estado... o futuro pasa por gobernos progresistas por e para todos, os tempos das ditaduras monopartidistas remataron, son vellos, xa non os queremos. Algo que eu sempre lles digo a aqueles ós que se lles enche a boca e o bandullo ó dicí-la palabra ?Democracia? é que a democracia non é senón a ditadura da maioría sobre a minoría, de xeito que temos que facer por que sexa o máis levadeira posíbel apostando sempre polo progreso.

O meu voto foi en branco, limpo coma a miña conciencia. Fiquei sen alternativa... houbo quen se sorprendeu porque eu, galeguista como son, negueime a votar ó BNG. O caso é que eu penso que a Galiza ten que ser un país ceibe... un país ceibe de caciques; e todos sabemos que o poder desgasta e corrompe, e iso de gobernar nas Pontes indixestóuselles ós do Bloque.

Os resultados na miña vila amosaron unha vez máis que o fachismo non ten cabida entre os traballadores. Dos 17 concelleiros a repartir nas Pontes o PSdeG levou 8 sendo o partido máis votado, seguíndoo de preto o BNG tamén con 8 concelleiros e os españolistas conservadores só terán 1 representante. Os ponteses decidimos un cambio, un goberno cheo de mocidade con moitísimas propostas novas para o concello... emulando un capítulo recente da Historia digo: ?Valentín, non nos falles?.

Agardo que as promesas non fiquen en verbas espalladas polo mundo adiante por acción do ar. Agardo que o BNG se reorganice e limpe a súa conciencia. Agardo unha aposta polo futuro... e agardo que nas vindeiras eleccións o meu voto teña cabida nas furnas e non teña que absterme de participar desta farsa pra manté-la miña conciencia limpa, porque nesta ocasión ningún dos meus soños tiña cabida nas vosas furnas.
Comentários (2) - Secçom: Política - Publicado o 28-05-2007 17:57
# Ligaçom permanente a este artigo
Resultados das elecións
Hoxe que é día de votar e de botar xente coido que é data idónea pra reflexionar sobre cómo é a política na Galiza.

Ás veces, moito mellor que facer unha crítica, é facer unha representazón da realidade. Unha curtametraxe convértese ás veces na meirande crítica que se poda facer.

Fostes votar??


O partido
Comentários (1) - Secçom: Política - Publicado o 27-05-2007 15:48
# Ligaçom permanente a este artigo
As Farolas
Denantes de ires votar coido que todo o mundo debería de ver esta curtametraxe. Todo un exemplo de cómo se fai política no noso país.

O de sempre... chegan as elecións e as vilas asfáltanse, as beirarrúas arránxanse, todo, todo se plaga de farolas.

País, País...


As Farolas
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 26-05-2007 16:23
# Ligaçom permanente a este artigo
Conmigo vanse foder...
Andan nesta época os políticos rabiosos na procura de votos. É incríbel... había cousas que levaban anos son solución e de súpeto, coma se dun milagro se tratase, arránxanse tódolos problemas.

Supoño que todo canto conte se pode extrapolar a tódolos concellos da Galiza, mais hei comentar dous casos que coñezo de preto e me afectan en particular.

Pra comezar... o tema da República Independente de Buscalte, que administrativamente depende do Concello de Xermade. Así contado en poucas palabras, o señor alcalde deste concello (do PP) axudouse imos a dicir que non sabemos de quén e apoiado por algúns veciños que diremos que iñoramos quen son pra facer unha das cacicadas máis gordas que vin nos últimos anos.

Situémonos. Unha casa á que se accede únicamente ó traveso dunha finca asfaltada que remata nela, é dicir, non pasan máis coches que os que alí van, situada nunha entorna idílica. Hai que reformar unha estrada pra que quitarlle curvas e mellorá-lo seu trazado, perfecto. E de súpeto, sen vir a conto, cámbiase o trazado orixinal da estrada e faise unha tremenda curva que fai que esta pase ó pé da casa, tálanse carballos, tunélase un río e métese unha perigosa rotonda no medio desta suposta estrada que ía mellorá-las comunicacións... cómo se come? Amiguismo caciquil!

Os de sempre a protestar... esa familia de toleiráns que non saben do que falan, son iñorados. Eles posúen planos orixináis cruñados polo Concello do trazado orixinal da estrada, cousa que proe quinindiola ós gobernantes. Resultado ó rematá-la estrada: os veciños din que é unha merda e un perigo o que se fixo... tarde piaches meu!!

A solución que se propón agora pra recuperá-lo voto... ollo ó dato meus, a ver a quén lle soa:
Xa que te fodin coa estrada esa, agora asfáltoche a pista!
Non sei se é pra rir ou chorar.


Sufraxio Universal, Política de Asfalto


Mais non vos creades que o de ser caciques é exclusivo do PP... os que se autodenominan de esquerdas tamén se corroen co poder.

Na miña vila, As Pontes, goberna o BNG con maioría dende hai dúas lexislaturas... e lémbrame terríbelmente ó "caso Aznar". Aznar era un tipo que na súa primeira lexislatura parecía un tipo normal (lembrádesvos??), mais en canto se viu continuando no poder entroulle o mal da monarquía absolutista e creu que podía facer o que lle saíse dos collóns... pois ídem pasou co BNG eiquí.

O caso é que se deberon de decatar das cagadas que teñen feito, porque nos últimos meses se fixeron non sei cantos parques infantís... chamoume especialmente a atención un que non existía dende hai penso que máis de seis anos.
Estivera vivindo dous anos na Avenida da Habana... unha rúa na que estivemos logo dun ano coas beirarrúas destrozadas a golpe de martillo pneumático sen que houbese trazas de que puxesen novas baldosas, eu a piques estiven de foder un nocello varias veces.
Tamén onde agora vivo está o asfalto machacadísimo e cheo de fochancas... non hai moito que mandaran uns paisanos a "amañalo" e fixeron a típica chapuza española: dende o camión botaron unhas presas de xistos e nin sequera lle pasaron unha capiña de alcatrán pra que se fixasen... obviamente durou unhas semanas nas que ó pasá-los coches erguíase pó de carallo. Pois ben, agora resulta que a van a asfaltar, ben quero dicir, como hai que asfaltar.

En fin... o que se presenta polo PSOE é un veciño meu, novo, que ó parecer ten boas ideas e un equipo de xente nova disposta a traballar canto menos con ilusión. A xente aquí ten bastante confianza posta nel polo que vexo. O que pasa é que vai polo PSOE, e como eu son dos que pensan que tería que pasar a chamarse PE, porque como dí unha cantiga dun amigo meu o Socialista Obrero comeuno Felipe, pois xa me diredes...

Os independentes ponteses non me chistaban nada, este ano non se presentan, pero nin me vai nin me ven. E o PP... qué dicir del?

Conclusión: Pra votar en branco cómo hai que facer? Hai que botá-lo sobre sen nada dentro?

Non busquéde-lo meu voto... conmigo ídesvos foder!


P.D.- Terán collóns dunha puta vez os que saian gobernantes en As Pontes de clausurá-lo cemiterio vello?? Trá-las elecións non han ter problema de perder votos, non?
Comentários (8) - Secçom: Política - Publicado o 13-05-2007 00:02
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0