Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Sáhara Ceibe!!
A Fronte Polisario celebrou este domingo o 34 aniversario da súa fundación coincidindo coa perspectiva de negociazóns directas con Marrocos para o mes de xuño, baixo a supervisión do enviado da ONU, Peter Van Walsum.

Os independentistas saharauís concentraron os actos -un desfile militar e unha serie de manifestazóns civís- na zona de Mijek, territorio liberado do Sáhara Occidental, a 200 quilómetros ao norte da fronteira mauritana e 900 ao sur de Tinduf, onde están instalados os campos de refuxiados.

Mensaxe a Marrocos
O Polisario manifestou nun comunicado que a conmemoración é "unha mensaxe dirixida a Marrocos para que finalice a represión do pobo saharauí" no Aiaún e noutras localidades da antiga colonia española.

O Primeiro ministro da autoproclamada República Arabe Saharauí Democrática, RASD, Abdelkader Taleb Omar, sinalou que o aniversario será tamén a ocasión de "demostrar que o noso combate non se dirixe desde o exilio senón no interior da nosa patria ocupada".

Ademais, Omar afirmou que a solución ao conflito "vai depender da vontade das Nazóns Unidas para impor unha solución conforme á legalidade internacional".
Comentários (2) - Secçom: Sáhara - Publicado o 21-05-2007 18:38
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.