Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Escocia Independente!!
O Partido Nacionalista Escocés, SNP, é o partido máis votado nas eleccións ao Parlamento. En segundo lugar colócase o Partido Laborista, que perde o goberno da nación, malia que as enquisas nas últimas datas dábanlle incluso un peor resultado.

Finalmente, o grupo que lidera o actual primeiro ministro Tony Blair -que a vindeira semana anunciará a data da súa inmediata retirada- perdeu tan só catro escanos. Durante o proceso de escrutinio anuláronse ao redor de 100.000 papeletas, situación que provocou as protestas dos conservadores.

Así, o SNP sobe dos 27 aos 47 representantes. Os laboristas baixan dos 50 aos 46. Descenden tamén os 'tories', o Partido Conservador, dos 18 aos 17. Outro que perde un escano é o Partido Liberal Demócrata, que fica con 16. Por último, a maior derrama de votos produciuse nas forzas minoritarias, tal como 'os verdes' ou os socialistas, que cederon 14 escanos.

Independenza
Este resultado, en caso de que se logre conformar un goberno nacionalista, deixa abertas as portas a unha posíbel consulta á cidadanía escocesa sobre unha hipotética independencia do Reino Unido. Porén. os liberais teñen a chave do futuro goberno. O Partido Liberal Demócrata terá que decidir se se alía co SNP ou cos laboristas, tal e como fixeron até o de agora. Aínda que se mostran máis abertos a unha coalición co SNP, os liberais non comparten a convocatoria dun referendo sobre a independencia.

O líder do SNP, Alex Salmond, sinalou que os laboristas perderon a súa "autoridade moral" para gobernar, e prometeu "unha investigación xudicial" sobre o reconto de votos. "Escocia mudou para mellor e para sempre", sentenciou.

Soben os nacionalistas en Gales
En terras galesas os laboristas volveron ser a forza máis votada ao lograr 26 deputados. Os nacionalistas do Plaid Cymru conseguiron 15 escanos; os conservadores 12; e os liberais 6.

Scottish Independence
Comentários (0) - Secçom: Alba - Publicado o 05-05-2007 16:37
# Ligaçom permanente a este artigo
Alba Gu Brath

O vindeiro mes de maio celébranse eleccións nas terras de Escocia. As probabilidades de que triunfen os nazonalistas escoceses e se faga un referendo de autodeterminazón pra Alba son elevadas.

A diferenza con respecto a este tema no Estado Español é que o 51% dos ingleses están a prol da independenza de Escocia... estas cifras en España serían un escándalo pra a sacra unidade desa falacia "Una, Grande y Libre".

Só me queda desexarlles ós escoceses o mellor pro seu futuro e lembrarlles que non se esquezan da súa histórica loita por viviren ceibes do imperialismo inglés.

"They'll never take our freedom"
Comentários (2) - Secçom: Alba - Publicado o 03-04-2007 02:01
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.