Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Italiano convértese no idioma oficial da Itália |
|
A decisión foi adoptada cun 16% dos votos contrários e co 6% de abstención.
Dende esta semana, o italiano é a língua oficial da República Italiana. Non importaba que a cuestión da lingua (procura dun padrón culto para a península italiana) se tivese solucionado vários séculos atrás escollendo o latín da Toscana. Aproveitando que na Itália se están facendo continuadas mudanzas na Carta Magna, introducíuse unha emenda que consagra o status do italiano como "a língua oficial da República conforme ás garantías previstas na Constitución e as outras leis constitucionais".
A medida, moi lóxica para a meirande parte dos italianos (continuísta co eterno debate sobre a língua, gañado polos toscanos), foi acollida malia iso con moita división, e é que 75 parlamentares (16%) votaron contrário, e 28 (6%) votaron nulo.
Parte dos de esquerdas opuxéranse por consideraren este feito ser culturalmente "imperialista". Representantes da Liga Norte (partido nacionalista de extrema-dereita que pide a independenza das rexións setentrionais) tamén votaron contrário por recearen sistematicamente de calquera ditado provinte de Roma.
Foi este o caso do parlamentar Federico Bricolo (LN), quen trá-la votación expresou que a súa nacionalidade e o seu idioma son os dos venecianos. "É o idioma que se fala na miña família, nas escolas e no traballo. Son veneciano (...), o meu idioma é o da Veneza", aseguraba Bricolo no Parlamento antes de seren cortado o seu microfono, pois a lexislación só permite falar italiano na Cámara.
Pola súa parte, Franco Russo, comunista, lembrou que a Constituición da postguerra deixava fóra "de forma deliberada" calquera mención ó idioma, como reacción aos intentos do ditador Mussolini "de italianizar o país á forza".
Mudanza simbólica
Malia a mudanza introducida na Constitución, o estado de cousas actual non vai mudar, pois a mención explícita ó italiano nada vai mudá-los priviléxios dos que desfrutan os outros idiomas do país, que tampouco verán afectado o seu status legal, como o alemán (que se fala no Alto Adige) ou o francés (con certa oficialidade no Val de Aosta, malia que a língua vernácula sexa o occitano). Outras comunidades linguísticas no país son a véneta, a ladina, a franco-provenzal, a eslovena, a catalá e sarda (as duas na Sardeña) ou a grega. |
|
|
|
|
|