Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Bon cop de falç!
O dia 24 de outubro de 2010 realizou-se um lipdub pola independência dos Països Catalans, realizado na cidade de Vic.

Este vídeo tem o recorde mundial de mais gente participando num lipdub, 5.771 persoas, segundo a World Records Academy.

A iniciativa xorde da gente do povo catalám. Quer amossar-se, a todo o mundo, que Catalunya é umha naçom e como tal necessita a independência para assegurar a sua supervivência e o seu futuro.

La flama de tot un poble en moviment
Comentários (3) - Secçom: Païssos Catalans - Publicado o 30-10-2010 15:59
# Ligaçom permanente a este artigo
O Constitucional espanhol aceita que Catalunya é 'naçom'
O Tribunal Constitucional, TC, estaria disposto a pôr-lhe fim à leria do Estatut no que lhe toca à afirmaçom de Catalunya como 'naçom'. A formulaçom indirecta finalmente escolhida, onde se di que "El Parlament de Catalunya, recollint el sentiment i la voluntat de la ciutatania de Catalunya, ha definit d'una manera àmpliament majoritària. La Constitució espanyola, en l'article segon, reconeix la realitat nacional de Catalunya com a nacionalitat", passaria assi a peneira dos magistrados.

Contudo, essa aceptaçom incluiria a advertência de que tal declaraçom "carece de todo efeito jurídico", baseando-se na falta de valor normativo do preâmbulo da lei. Ainda assi, a decisom contaria coa oposiçom da maior parte do sector conservador do TC, que votaria em contra.
O Constitucional aceptará que Cataluña é "nación"
El Constitucional espanyol comença a deliberar l'estatut
El Tribunal Constitucional avala que Catalunya sea nación
Comentários (1) - Secçom: Païssos Catalans - Publicado o 07-05-2008 22:56
# Ligaçom permanente a este artigo
Catalunya Lliure?
"A independenza de Catalunya será posíbel nunha xeración", así de claro se mostra Roger Buch, un politólogo que leva anos estudando o movemento independentista naquel país, nunha entrevista concedida a La Vanguardia.

"Os mozos politizados son cada vez máis independentistas e continúan logo de maiores", sinala. Mais tamén chama a atención sobre outro fenómeno: "Tamén xorden outros independentistas ligados á economía. Danse conta de que o federalismo é imposíbel e que hai circunstanzas desfavorábeis, como o déficit de investimentos españois en Catalunya".

Outra das conclusións de Bruch é que "o independentismo non empeza nin acaba en ERC. En CiU, a maioría dos menores de 40 anos tamén se declara independentista. Unha parte dos votantes socialistas tampouco se amosan desfavorábeis a esta opción".

Podedes ler a entrevista completa aquí.
Comentários (0) - Secçom: Païssos Catalans - Publicado o 14-06-2007 18:57
# Ligaçom permanente a este artigo
Catalonia 5-3 Spain
Siberia OrientalCon himnos, con bandeiras e con todo o combinado estatal non puido vencer á Selección Catalá e o seu adestrador amosouse enfadado xa que non contaban con ter este rival.

Segundo o adestrador da equipa estatal, eles viaxaron -pagando todo do seu peto- até Rusia coa intención de se enfrontar á selección xaponesa, mais segundo puxeron os pés na Praza Vermella, atoparon os cataláns de paseo, e enteráronse de quen ía ser o seu verdadeiro rival. "Non chegamos a comprender o por qué deste cambio, nin por qué poñen a xogar a dúas seleccións do mesmo país no mesmo día", dixo Ángel Chacón, adestrador do combinado amateur estatal.

Ao rematá-lo partido, a equipa asinou un escrito no que querían amosar o seu "profundo malestar" por se ter que enfrontar á "Selección de Cataluña como nación"(sen comentarios...) pero aseguraron que ao final tiveron que xogar para aforrar problemas á organización e porque tiñan un chisco de medo de "quedar tirados" a 12.000 quilómetros da casa, no medio da Sibera Oriental.

De todas, houbo partido, que comezou cos himnos respectivos, aínda que dos tremendos altofalantes do estadio ruso saíu o himno catalán, e, por erro, o británico (non haberá tanta diferenza dun Imperio a outro, non?). Despois do "Deus salve á Raíña" saíu tamén un peluche enorme con forma de mamut; a mascota do evento, organizado pola Asociación Mundial de Futsal (AMF). E gañou Catalunya, despois de remontar o 1-3 que lles marcara o combinado estatal amateur na primeira parte.

Os españois despregaron bandeiras e frustráronse ao non poder escoitar o himno.

Os de "Spain" funcionan como unha federación de asociacións de fútbol sala, mais non están recoñecidos a nivel estatal, mentres que os cataláns forman parte da Federación Catalana de Fútbol Sala e din que o erro estaba todo no campo rival.

Na segunda feira, o deputado popular no Parlamento catalán, Daniel Sirera queixábase de que Zapatero "está os pés de Esquerra e do PSC" ao non mover un dedo para prohibir un partido que el vía imposíbel, porque "unha parte de España non se pode enfrontar a outra". Mais o combinado estatal fixo en Siberia despregue de bandeiras.
Comentários (3) - Secçom: Païssos Catalans - Publicado o 12-06-2007 19:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Ja en tenim prou
Nos Païssos Catalans tamén están até os collóns dos desmáns do PP na provincia de València, de xeito que están a facer unha campaña ó xeito da feita na Galiza: Hai que botalos.

Ja en tenim prou é un proxecto colectivo, unha plataforma que se formou co obxectivo de producir curtas audiovisuais e un filme pra espallá-la opinión e a crítica e promocionar -dende a independenza de tódolos partidos políticos- o voto progresista para desaloxá-lo PP das institucións o vindeiro 27 de maio.

Ja en tenim prou
Comentários (2) - Secçom: Païssos Catalans - Publicado o 28-03-2007 19:18
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.