Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Autonomía no Ulster
Ian Paisley, líder do Partido Democrático Unionista, DUP, e protagonista durante moitos anos das máis belixerantes posicións contra o autogoberno do Úlster, alén de boicotear activamente hai case unha década o histórico acordo de Venres Santo, será desde esta semana o novo ministro principal en Irlanda do Norte. Á súa beira como viceministro, nunha fotografía impensábel até hai pouco, Martin McGuinnes, ex líder do IRA e agora representante destacado do Sinn Féin.

Cinco anos despois de asinar a suspensión da autonomía, o executivo británico acaba de confirmar oficialmente a restauración desta. Este martes, o primeiro ministro británico, Tony Blair, estará en Stormont para asistir ao acto co que o goberno norirlandés bota a andar. Con el estará tamén Bertie Ahern, o primeiro ministro de Irlanda, clave tamén nas recentes negociacións para o novo escenario de paz.

No novo executivo do Úlster, os unionistas do DUP xestionarán catro ministerios: Economía, Cultura, Finanzas e Medio Ambiente. Para o Sinn Féin quedan Educación, Agro e Desenvolvemento Rexional. No goberno de coalición estarán tamén o UUP, que asumirá Emprego e Sanidade, e o SDLP, que se ocupará de Asuntos Sociais.
Comentários (1) - Secçom: Éire - Publicado o 08-05-2007 17:37
# Ligaçom permanente a este artigo
Proceso de paz no Ulster
Fai pouco que se fixeron unhas eleccións democráticas no Ulster. Persoalmente preferiría que tivese gañado o Sinn Féin, mais semella que na República do Éire, ó igual que en España, a cantidade de conservadores-fachas é tamén elevada... e tamén son os invasores do territorio os que non queren deixar que os indíxenas sexan quen de decidí-lo seu destino; en fin, que terán que pactar e o proceso é longo, mais polo de agora vai por bo camiño.

CQC fíxose eco da nova e realizou unha reportaxe realmente boa do tema. É curioso, tanto neste vídeo coma noutro de CQC que tiña comentado o mellor ó meu parecer voltan a sé-las declaracións dun paisano que paran na rúa:
- Quén és?
- Mariano Rajoy.
- De ónde es?
- España.
- Basco?
- Non...
- Fan de Franco?

O paisano ben sabe o que se coce pola España "Grande y Libre"...

Agardo tamén que os gobernantes españois tomasen nota da folla de ruta feita por Maskey. Se non se legaliza Batasuna non hai nada que facer pola paz en Euskal Herria, e o rexeitamento da violencia ten que ser por ambas partes, o Estado ten que deixar de empregá-la violencia tamén. Precísase dunha amnistía pros presos políticos bascos e non un afastamento destes do seu país.

Free Éire!! Euskal Herria Askatatuta!!


Eleccións no Ulster
Comentários (3) - Secçom: Éire - Publicado o 17-03-2007 03:37
# Ligaçom permanente a este artigo
Éire Ceibe!!
Agora que volve a saír nas televisións o conflito do Ulster decidín que tamén hei facer unha sección sobre a República do Éire.

Estiven un mes vivindo neste gran país e convivindo coas súas xentes (que por certo, moita fama de bebedores pero non me gañou nin o primeiro! hehe) e fiquei cunha grata lembranza.

Coma sempre dixen, estou a prol da liberazón dos pobos oprimidos e reivindico a súa Autodeterminazón.

Free Éire!!
Comentários (1) - Secçom: Éire - Publicado o 11-03-2007 05:36
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.