Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Venezuela avoga por protexé-las linguas indíxenas
A Organización de Países Non Aliñados (NOAL) aplaudiu na Unesco a iniciativa do goberno venezuelano de protexer as linguas indixenas. Máis do cincuenta por cento das 6 mil linguas existentes no mundo, corren o risco de desaparecer debido ao impulso da globalización.

A iniciativa venezuelana recibiu o respaldo de numerosos países, entre eles Colombia, Honduras e Guatemala países cun importante compoñente lingüístico indixena.

Baixo a condución do xefe da misión permanente cubana, Héctor Hernández Pardo, a plenaria da Noal, recoñeceu a proposta venezuelana, ao entender o perigo que corren as linguas nativas orixinarias de América.

Na xuntanza acordaron manter un seguimento permenente do tema, en especial das accións preparatorias encamiñadas a viabilizar a convención sobre linguas en perigo de extinción.

O embaixador de Venezuela en Franza, Jesús Arnaldo Pérez, explicou que na actual situación lingüística está previsto que máis do 50 por cento das 6 mil linguas existentes no mundo corren o risco de desaparecer, debido ao impulso da globalización. O embaixador venezuelano subliñou que unha convención para a protección das linguas indíxenas e linguas en perigo posúe unha importancia capital nos vindeiros anos para moitos Estados e especialmente para eses pobos.

"A súa aprobación efectiva a curto prazo permitiría salvagardar un patrimonio cultural de incalculábel valor universal, rexional e local", puntualizou Jesús Arnaldo Pérez.
Comentários (0) - Secçom: América Latina - Publicado o 18-06-2007 17:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Desocupazón dun territorio indíxena no Brasil
Estado de RoraimaO Supremo Tribunal Federal, STF, do Brasil ditou este luns unha sentenza que despexa a vía para a creazón dunha das maiores reservas indíxenas do Estado. O territorio conta con numerosas plantazóns arroceiras nas que viven uns 7.000 colonos no indios.

Os maxistrados do principal tribunal brasileiro rexeitaron un recurso que cuestionaba o decreto do presidente Luiz Inácio Lula da Silva que homologaba en 2005 a creación da reserva Raposa Serra do Sol, un territorio indíxena na Amazonia con 1,7 millóns de hectáreas.

A decisión resolve que os arroceiros que permanecen na reserva amparados por decisións xudiciais teñen que abandonar o territorio situado no estado de Roraima, no norte do Brasil e fronteirizo coa Venezuela.

Ameazas dos arroceiros
De negárense eses cultivadores de arroz a obedecer a orde de desaloxo, a Fundação Nacional do Índio, FUNAI, pode autorizar o uso da forza para expulsalos.

"Durante 30 años loitamos para que esas áreas fosen transferidas ás comunidades indíxenas. Foi unha loita moi difícil na que moitos dos nosos sufriron a morte e as ameazas dos arroceiros", sinalou Terencio Salamao, líder da etnia Wapixana.

A Raposa Serra do Sol posúe unha poboazón de 18.751 indíxenas que viven de acordo coa súa organizazón social, usos, costumes e tradizóns en 194 comunidades dos pobos Macuxi, Taurepang, Patamona, Capon e Uapixana, e é a segunda maior de Brasil, despois da que teñen os Yanomami (9,6 millóns de hectáreas), tamén en Roraima.
Comentários (0) - Secçom: América Latina - Publicado o 09-06-2007 01:48
# Ligaçom permanente a este artigo
Wallmapu Ceibe!!
Bandeira MapucheCeleste Carilao é representante do partido político mapuche Wallmapuwen, que representa un pobo cunha lingua, cultura e territorio de seu pero non recoñecidos oficialmente, e dividido entre dous Estados: Chile e Arxentina. Carilao estivo viaxando por Europa durante estes últimos días para coñecé-la situazón que viven outras linguas e culturas minorizadas e poder aplicá-las experienzas no seu país.

A súa viaxe comezou na Bretaña, logo en Euskal Herria e finalmente na Galiza, onde remata o seu percorrido. Convidada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Celeste Carilao participa nunha conferenza o sábado á mañá, co gallo de difundí-la situazón que vive a súa nazón e para tentar crear en Wallmapu unha asociazón semellante á Mesa.


Enquisa a Celeste Carilao:

Cal é a situazón da lingua mapuche no seu país?
A situazón é bastante complicada. Cada vez hai menos falantes. Dunha poboación de 600.000 habitantes só a falan 100.000 persoas, aproximadamente. A maioría son persoas adultas, de a partir dos 30 anos. As novas xeracións xa case non a falan. Non estamos recoñecidos como pobo polo estado chileno, e moito menos como idioma. Agora está a retomarse a reivindicación como pobo. Até agora o idioma era algo instrumental e o máis importante era recuperar a terra. Pero cada vez vai acadando máis prestixio.

Agora que está de visita no noso país, como ve o status do galego?
Creo que hai máis avance en Galiza, porque a lingua ten un instrumento xurídico. Nós non. Estamos aínda comezando, porque a historia do pobo mapuche foi moi triste, dende a ocupación do territorio por Chile e Arxentina. Os movementos están tendo cada vez máis forza. É algo recente.

Cando comezou ese rexurdimento do mapuche?
Despois da ocupazón, denominada “pacificación” en Chile, comezaron a aparecer organizazóns, que existiron até o goberno de Salvador Allende. Logo chegou a ditadura, que provocou a súa desaparición. Coa volta da democracia, a comezos dos 90, o movemento mapuche volveu cobrar forza. Antes era un movemento puramente indíxena, pero agora é máis nazonalista. Somos un pobo, unha nazón. Temos un territorio, un idioma, e resistimos aos Estados de Chile e Arxentina.

Hai algún paralelismo entre o galego e o mapuche?
Aquí hai moitos avances na normalizazón, porque hai unha norma. Aló hai sete ou oito normativas diferentes, o que dificulta e entorpece o proceso. Aquí xa se deu ese paso. Tamén hai un movemento social e iso é o que temos que facer aló.

Das experiencias que viu na súa viaxe, cales poderá aplicar no seu país?
Comecei na Bretaña, logo en Euskal Herria e agora aquí. O domingo regreso a Wallmapu, o territorio mapuche. Eu falei da situación en Chile. En Arxentina é diferente: hai menos mapuches e o movemento nazonalista é máis recente. A idea é coñecer experiencias, e creo que no caso de Euskal Herría hai moitas organizazóns que traballan a un nivel moi avanzado. Descubrín un bo panorama de por onde poderiamos comezar. Agora sei que o que queremos facer pódese facer.
Comentários (4) - Secçom: América Latina - Publicado o 03-06-2007 14:08
# Ligaçom permanente a este artigo
No Paraguai, en Guaraní!!
Zona guaraní-falanteAs organizacións rurais demandan ás persoas candidatas á presidencia nas eleccións do 2008 a plena e íntegra oficialidade da lingua maioritaria do país, o guaraní.

Nas áreas rurais do Paraguai vive case a metade da poboación, e delas é orixinaria tamén boa parte da poboación das cidades. Agora, 2.234.761 de persoas diríxense ás persoas que se presentan ás eleccións presidenciais para o ano, esixindo xustiza. “Unha xustiza de séculos que abarca todo: acceso á terra, á saúde, ás infraestruturas, á educación, á auga, ao prezo dos nosos produtos, ao traballo, ao guaraní”. Denuncian a corrupción dun Estado que as ten marxinado, reprimido, empobrecido e analfabetizado: 3.946.904 de persoas, dun total de 5.163.198 habitantes do país, na altura do 2002, falaban o guaraní (o 76 % da poboación). O 30% da poboación falaba exclusivamente guaraní, o 60% dos fogares era de lingua guaraní con diferenzas na área rural e urbana: 82,5% no primeiro caso e 42,6% no segundo.

Dende a colonización española, o guaraní, como moitas outras linguas precolombianas, ten experimentado un proceso de marxinación e represión. Entre 1811 e 2007, o Paraguai viviu nun réxime de apartheid lingüístico que marxinou á poboación falante de guaraní (rural e labrega, maioritariamente). As organizacións asinantes demandan como entre as clases dirixentes do país non hai unha soa persoa que fale guaraní, malia ser a primeira lingua do Paraguai. Imponse o castelán ou “karai ñe’ẽ”, a “lingua do señor”, e mantéñense tradicións do tempo da escravitude. O pacto “hispanoguaraní” marxina e empobrece aos falantes desta lingua. “Por que unha persoa que só sabe falar castelán pode traballar no funcionariado público, se ten que atender a unha poboación de lingua maioritariamente guaraní?”

Non existe unha alfabetización en guaraní, pero tampouco a poboación recibiu unha eficiente alfabetización en castelán, e menos a que traballa no agro. Isto non só marxinou á lingua, senón á comunidade de falantes, excluíndoos da vida social, cultural, económica e intelectual da nación. “Temos sido marxinados de xeito consciente polas clases dirixentes”. Pola contra, na época electoral, as persoas que optan á presidencia empregan o guaraní para as súas arengas, cando realmente non é a súa lingua de uso, nin a que transmiten aos seus fillos e fillas, que reciben unha educación bilingüe en castelán e inglés. O guaraní é unha lingua que marca e marxina. Dende as organizacións asinantes defenden a educación en castelán, mais reivindican o respecto á súa identidade lingüística. Recentemente, apareceu un anteproxecto de Lei de Linguas do Paraguai, e dende as comunidades rurais esixen que esta lei contemple a alfabetización en guaraní, en castelán e nunha terceira lingua. Logo do fracaso dunha Reforma Educativa, esixen agora un programa para a lingua guaraní.


Asinan a carta:

MCNOC – Mesa Coordinadora Nacional de Organizacións Campesiñas, Luis Aguayo
OÑP – Okaraygua Ñemongu’e Paraguáipe (MCP Movemento Campesiño Paraguaio, Fermín Bobadilla)
OLT – Organización de Loita pola Terra, Narciso Ruiz Díaz
ONAI – Organización Nacional de Aborixes Independentes, Mario Rivarola
UCN – Unión Campesiña Nacional, Daniel Duarte
CNSL – Coordinadora Nacional Sebastián Larrosa, Mercedes Fleitas
OCN – Organización Campesiña do Norte, Asunción Duarte
OCM – Organización Campesiña de Misiones, Mario Talavera
OCP – Organización Campesiña de Paraguarí, Sergio Orsuza
ACMD – Itapúa
CONAMURI – Coordinadora Nacional de Organizacións de Mulleres Traballadoras Rurais e Indíxenas, Julia Franco
FNC – Federación Nacional Campesiña, Odilón Espínola
ONAC – Organización Nacional Campesiña, Angel Giménez
CNUCIP – Coordinadora Nacional de Unidade Campesiña, Indíxena e Popular, Tomás Zayas
OCRC – Organización Campesiña Rexional de Concepción, Edilberto Saucedo
ACADEI- San Pedro
MAP – Movimiento Agrario Popular, Jorge Galeano

Manifesto en Guaraní
Manifesto en Galego
Comentários (3) - Secçom: América Latina - Publicado o 26-03-2007 18:32
# Ligaçom permanente a este artigo
Autodeterminazón Indíxena
Indíxena coa WhipalaBolivia podería recoñecer o dereito dos indíxenas á autodeterminazón

O goberno de Bolivia está decidido a que a nova Constitución recolla o dereito á autodeterminazón dos pobos indíxenas. A proposta foille entregada á Asemblea Constituínte, encargada de redactá-la Carta Magna.

O documento Propostas do poder executivo á Asemblea Constituínte para a elaboración da nova Carta Magna de Bolivia contempla o recoñecemento a que "os pobos indíxenas e orixinarios recuperen o seu dereito á autodeterminazón". O informe do goberno que dirixe Evo Morales foi entregado á axencia EFE polo presidente dunha das comisións que están a traballar na redacción da Constitución.

No capítulo correspondente ás autonomías, o Executivo sinala que "os dereitos de autodeterminazón e autogoberno se exercen a través da capacidade de autonomía dos pobos e comunidades", e suxire que os indíxenas recuperen o seu "papel protagonista".

Dereito a veto no seu territorio

"As autoridades dos pobos indíxenas teñen personalidade xurídica de orde constitucional. O seu recoñecemento corresponde a cada pobo e comunidade segundo os seus usos e costumes, sen que se lles requira ningún trámite adicional ante outra entidade", salienta o informe.

Ademais, segundo este, "terán dereito a que se lles consulte sobre a exploración e explotación de recursos no seu territorio, e, mesmo dereito ao veto".

A desalambrar!!
Comentários (0) - Secçom: América Latina - Publicado o 03-03-2007 17:43
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.