Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Tod@s com Ana Palomo!!
E haverá quem diga:
- E quem caralho é essa tal Ana Palomo?
- Que quem é Ana Palomo?? Ana Palomo é a representaçom pura da Galiza emigrante orgulhosa das suas origens, a que ergue a testa polo mundo adiante, a antítese dessas galeguiñas que vam aos concursos da televisom espanhola e agradecem que lhes digam que apenas tenhem acento galego.

Ana Palomo é umha rapaza belga de 16 anos, de origem galega, que o passado 26 de Setembro causou grande surpresa ao improvisar a cappella umha cantiga de berce tradicional galega durante o programa 'Star Academy 8' do canal francês TF1.

Ana Palomo no Star Academy 8
Comentários (0) - Secçom: Diáspora - Publicado o 03-10-2008 16:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Nación Mundial Galega

Aproveitando o recente debate estatutario sobre a nación galega, a asociación cultural Fillos de Galicia propón a súa definición. "O pobo galego espallado polo mundo constitúe unha nación non limitada xeográficamente a territorio ningún, nin sequera a Galiza", indican na web creada ao fío desta iniciativa.

- Recoñecemos e amamos a Galiza como terra de orixe dos galegos, orixe do noso pobo, da nosa lingua, da nosa cultura; porén, o territorio da Nación Galega non se limita a Galiza senón que é o Mundo, porque onde queira que habite un galego ou unha galega, existe a nosa Nación. "Galiza somos nós! A xente e maila fala. Se buscas a Galiza, en ti tes que atopala!" (Manuel María)

- [...] o factor común fundamental desta Nación nosa é o sentimento de pertenza ao mesmo Pobo Galego. Galego ou galega é, polo tanto e sobre calquera outra condición, quen o quere ser.

Proclamación da Nación Mundial Galega
A forza da emigración
Comentários (2) - Secçom: Diáspora - Publicado o 01-03-2007 17:25
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.