Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Galiza is for p0rn!!
Pois si amigos meus, semella que por fin chegou o tan agardado porno galaico!!

Quintana, o homiño que fala de lado e ten unha obsesión enfermiza con "Facer País" (facede País, facede País, malditos!!) deixou como fala [de lado] un tema primordial para todo país que realmente queira ser País... porno autóctono.

O caso é que xa houbera con anterioridade diversos intentos de creación dunha industria 'pornogalega', mais non acadaron excesivo suceso alén da blogomilloesfera:

- O primeiro filme que eu coñecín foi Empanada de Ameixa, protagonizado por Miki Navalla e Fati Bivalba disponíbel na rede:

Empanada de Ameixa


- Un tempo despois apareceu a primeira peza de porno duro galego, unha curta na que saían penetracións anais e transexuais coa típica musiquiña de fondo das pelis porno. Para vela, podedes clickar aquí baixo a vosa responsabilidade.

- A industria pornográfica galega comezaba a tomar forma; mais, non só de películas vive o porno... entón foi cando apareceu a primeira modelo softcore galega: Nayara Blue.
A nosa pontevedresa favorita fíxose famosa (chuza mediante) ao sair á luz unhas suxerentes fotografías no faro do Cabo do Home.

Nayara está actualmente a rodar a sua primeira película.

- Logo xurdiu unha fracasada (o camiño cara a perfección da industria pornogalaica non é doado) dun veciño da Costa da Morte. Aquí a proba.

- A día de hoxe o Valhala do porno autóctono está moito mais cerca. O pornogalico chega ás mesmisimas portas da Catedral de Compostela!!
Un rapaz e dúas mozas botan un ferrete sideral no Obradoiro, o vídeo sae á luz e... descóbrese que a trama da industria pornogalaica ten raíces en Compostela city e promete dar tralla!!

E diredes... veña si, ho! Iso é unha trola coma unha catedral!!
E eu respostarei... coma esta catedral??

El Correo Gallego fíxose eco da nova... e Chuza ocupouse de difundila.
Pero a cousa non quedou ahí... o que saiu á luz foi a punta do iceberg... e descubriuse que o porno galego está moi afianzado en Compostela... de feito ten vistas á mesmísima residéncia oficial do Presidente.

Aquí podedes coñecer a Totó, o director do filme gravado no Obradoiro.


*Actualización: Teño que engadir que un coñecido meu topouse o xoves pasado con Totó e mais co protagonista da escena do Obradoiro, e disque son moi bos paisanos ambos. E Totó ten mais unha web na que recibe 30.000 visitas diárias: PlaceresVirtuales.
Máis porno rodado en Santiago
Colgan na rede un vídeo porno gravado no entorno da catedral de Santiago
"Entrounos o calentón e decidimos montárnolo no Obradoiro"
Comentários (1) - Secçom: Indefinível - Publicado o 28-03-2008 17:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Cinema europeo
Existe unha tendenza, que non sei de ónde carallo ven, a considerá-lo europeo coma algo frío.

Entre outras moitas cousas, o cinema europeo considérase elitista, minoritario e carente de espectacularidade; é por iso polo que dende a Comisión Europea nos lanzan esta mensaxe que trata de desmitificá-lo cinema europeo (ou de cómo o que diferenza o cinema europeo do americano, indio, xaponés,... é o alto contido de esceas sexuais):

Os amantes dos filmes adorarán isto!
Comentários (0) - Secçom: Indefinível - Publicado o 05-07-2007 19:39
# Ligaçom permanente a este artigo
O legado de Isabel a Católica e Franco
O vicedirector da Real Academia Española, RAE, Gregorio Salvador, criticou que "en las comunidades autónomas con lengua propia no se puede aprender el español en las escuelas". Ademais, sinalou que esta situación "es más grave" que a imposición que houbo durante o franquismo do ensino exclusivo en español.

"Imponer, como se hizo en la dictadura, una lengua que hablan 400 millones de personas, es menos grave para las víctimas del atropello que imponerles, como se hace ahora, una lengua de un millón y medio o de tres millones de hablantes", engadiu.

"As linguas non son iguais"
Gregorio Salvador fixo estas declaracións na presentación dun seu libro, acompañado polo escritor e académico español Arturo Pérez-Reverte. "Parece mentira que no se le ponga remedio a esta situación, porque es un atentado contra los derechos humanos", dixo.

Na súa opinión, impor a ensinanza das linguas cooficiais aos que non as teñen como idioma materno sería "volver a los tiempos pasados", e engadiu que "las lenguas no son iguales; sirven fundamentalmente para comunicarse, y no es lo mismo una que permita hacerlo con tres millones de personas que otra que sirve para hablar con 400 millones".
Comentários (4) - Secçom: Indefinível - Publicado o 12-05-2007 05:22
# Ligaçom permanente a este artigo
De qué pé coxeo?
Andaba eu navegando polo Chuza! cando vin esta nova e decidín facé-lo test de ideoloxía.

Os meus resultados foron os seguintes:
Na escala tradicional de esquerda a dereita, sendo 0 a extrema esquerda e 10 a extrema dereita, estimamos que a túa posición é aproximadamente 3.14.

Na escala liberal libertaria, sendo 0 o máximo colectivismo e 10 o máximo individualismo, estimamos que a túa posición é aproximadamente 6.14.

Polo xeral, estimamos que a etiqueta ideolóxica que mellor describe o teu xeito de vé-la realidade política e económica é: Liberalismo progresista


Anímovos a facé-lo test e publicar aquí os vosos resultados! ;)
Comentários (4) - Secçom: Indefinível - Publicado o 24-03-2007 01:39
# Ligaçom permanente a este artigo
E ti quén ves sendo?
Téñolle que agradecer á xente que se pasa por aquí as súas visitas e os seus comentarios. Eu cría que apenas lían o que escribo os que me comentades con máis frecuencia, mais semella que son bastantes máis.

Flipei o outro día por Compostela cando me presentaron como:
- Este é Suso, o que escribe iso de Sempre en Galiza.
- Hostia, mira quen era!

"Ondié... e esta de qué me coñece?" Foi o que pensei nese intre. Tamén me parou máis dun e fixemos exaltación patriótica de As Pontes en estado etílico... non é a primeira vez, pero curiosamente está a ser máis frecuente.

En fin, que graciñas a todo o mundo.

E aprobeito a ocasión (en realidade era por isto polo que ía escribí-lo artigo... pero nunca está de máis botarse unhas gabanzas a un mesmo, hehehe) pra ver se cadra que é alguén que pasase por aquí o que me mandase esta mensaxe ó mobil:
"hey, ya que vivimos muy cerca a ver si quedamos"

E diredes... pois resposta a ese número, pamparón! Si, claro... pero é que foi mandada dende un tal www.enviagratis.net e como non sei manexá-lo tal chisme, pois iso. Se cadra que se pasa por aquí prégase o comuniquen ;)


P.D.- Nin vos imaxinades a ledicia que levaría se quen a mandou fose esa italiana morena de ollos verdes que vive nun edificio achegado ó meu en Compostela... hehehe.
Comentários (4) - Secçom: Indefinível - Publicado o 17-03-2007 18:22
# Ligaçom permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.