Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Morreu Santiago Valencia
Gustavo Santiago Valencia, fundador de institucións clave na resistencia galeguista durante os últimos anos do franquismo como Padroado Rosalía de Castro, o Pedrón de Ouro, a Fundación Alexandre Bóveda, o Museo do Pobo Galego ou a Fundación Castelao, faleceu onte aos 84 anos no seu domicilio de Santiago de Compostela.

Con Santiago Valencia queda escuada esa xeración que bebeu directamente do ensino do grupo Nós e que, desde finais dos anos sesenta, se converteu nunha ponte cos proxectos que agromarían nada máis extinguirse a ditadura.

Nacido en Ourense no 1924, Santiago Valencia tivo os seus primeiros contactos co galeguismo na adolescencia, da man de Leuter González Salgado, o alumno predilecto de Vicente Risco e primeiro concelleiro nacionalista que houbo en Galiza grazas ás eleccións do 1931.

Tras estudar Enxeñería no Instituto Católica de Artes e Industrias, Santiago Valencia completou a súa formación técnicas con cursos de Planificación. No ano 1953 entrou a formar parte da plantilla técnica de Eléctricas leonesas. Desta etapa é a súa experiencia -el dicía que inesquecible- no Bierzo e, moi especialmente, en Babia, no medio das montañas que separan Asturias de León.

A relación estreita coa comarca do Bierzo e os seus intereses culturais plásmanse xa cando preside a sección do Camiño de Santiago no Instituto de Estudos Bercianos.

Posteriormente, no 1964, integrouse en Fenosa e trasladouse a Santiago, onde permanece o resto da súa vida, sempre disposto a colaborar en distintas empresas da Cultura. Deste xeito, convértese nun animador da vida cultural nas décadas dos anos sesenta, setenta e oitenta, e ata a súa morte nunca deixou de estar vinculado ás institucións que contribuíu a fundar.

Aínda que a súa participación foi moi activa en todas estas institucións, a súa etapa como presidente do Pedrón de Ouro, entidade que presidiu arredor de vinte e cinco anos, foi especialmente significativa.
Comentários (0) - Secçom: Notícias - Publicado o 19-08-2008 18:00
# Ligaçom permanente a este artigo
A crise carnívora
O 16 de Maio estrarase nos cinemas do pais un filme que ten pintas de estar macanudo: A crise carnívora. Que fai a sua estrea mundial na Galiza. A ver se me cadra de ir ao cinema a vela :)

A crise carnívora
Comentários (0) - Secçom: Notícias - Publicado o 07-05-2008 22:40
# Ligaçom permanente a este artigo
Lingua Espallada
Alumnos de 33 países asisten á vixésima edición dos cursos de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros e Españois de fóra da Galiza inaugurada hoxe na Universidade de Santiago. Organizados polo Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Xunta, por estes cursos pasaron xa 1.900 alumnos en edicións anteriores.

O acto foi presidido polo titular da RAG, Xosé Ramón Barreiro, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lorenzo Fernández.

O curso acollerá en Compostela a alumnos que chegan dende a Alemaña, Armenia, Arxentina, Bélxica, o Brasil, Chile, Colombia, Cuba, Eslovaquia, os Estados Unidos, España, Finlandia, Franza, Gran Bretaña, Grecia, Hungría, a India, Italia, Irlanda, Marrocos, México, o Perú, Polonia, Portugal, a República Checa, a República Moldava, Romanía, Rusia, Serbia, a Suíza, Ucraína, Venezuela e o Xapón.
Comentários (1) - Secçom: Notícias - Publicado o 05-07-2007 23:08
# Ligaçom permanente a este artigo
Os xudeus reorganízanse na Galiza
O primeiro de maio do 1492, os Reis Católicos promulgaban o edito de expulsión dos xudeus dos reinos que gobernaban. Tiveron que pasar máis de 500 anos -até o 15 de Sivan do 5767, segundo o calendario hebreo, o que equivale ao pasado 1 de xuño- para que unha comunidade xudía voltase a formarse na Galiza de xeito oficial. Tratase da Javurá Ner Tamid, situada na Coruña.

Javurá significa grupo de amigos, unha fraternidade. Alá onde a comunidade non era o suficientemente numerosa para conformar unha sinagoga, comezaron a reunirse estes grupos, máis informais. O que non quita que nun futuro pretendamos crear unha sinagoga, para o que precisaremos de apoio das autoridades locais”, explica Adiel Cangado, oficiante da javurá coruñesa. Definido polos seus máis achegados como o que será o “primeiro rabino galego”, Adiel, natural de Lalín, polo de agora é Shaliaj Tzibur, experto na Torá, e encarregado de dirixí-las distintas cerimonias.

“Non tiñamos onde ir -lembra Luisa Conde, vicepresidenta da comunidade-. As celebracións tiñan lugar na familia, en segredo. Non podiamos casar nen recebir sepultura segundo os nosos ritos, xa que a sinagoga de máis preto está en Oviedo. É marabilloso poder escoitar shalom, despois de tanto tempo.” De feito, até fai ben pouco non existía contacto entre os xudeus da Galiza. Internet permitiu que dende fai dous anos se celebren reunións na Coruña, onde son unhas 50 familias as que participan, en maior ou menos medida, e calculan que na Galiza pode haber 300 xudeus.

Segundo explica Ramón de Oliveira, presidente da comunidade, o obxectivo desta é dobre: “Queremos que sirva aos xudeus galegos, pero tamén ó resto da comunidade. Que sexa un referente a nivel social e cultural. Hai que manté-las portas abertas; o descoñecemento crea pantasmas e prexuizos”. Mesmo se atreve a vaticinar un aumento do turismo: “Un xudeu informase antes de visitar unha cidade de se esta ten sinagoga”.

“Nunca nos fomos. Aquí sempre houbo unha arraigada tradizón xudea”, asegura Ramón Oliveira. Esta afirmación ven avalada por documentos como a Biblia Kennicott, o manuscrito relixioso medieval máis relevante da Galiza, tamén coñecido como a Biblia da Coruña e cuio orixinal se atopa en Oxford; ou os asentamentos de Ourense, Ribadavia ou Tui.
Comentários (1) - Secçom: Notícias - Publicado o 20-06-2007 17:50
# Ligaçom permanente a este artigo
Comida rápida galega
Os profesionais que traballan nas cidades cada vez teñen menos tempo de xantar na casa, un problema para os que levan unha dieta sa. E é que os restaurantes de comida rápida ofertan menús sen suficiente froita ou verdura fresca.

Pero xa hai unha alternativa, chámase Cocó, a primeira cadea galega de comida rápida e, o que máis importante, equilibrada.

Alternativa aos MacDonalds
Cocó é unha iniciativa de Frutas Nieves, firma viguesa con máis de sesenta froiteirías e popular polo seu slogan "De Fruta Madre".

O seu director xeral, Armando Gallar, explica que o público de Cocó son "mozos, que traballan no centro e con pouco tempo para xantar, e tamén preocupados por levar unha alimentación equilibrada". É dicir, algo similar aos Pret a manger, que están a comerlle o mercado aos McDonalds e Burger Kings nas capitais europeas ofertando comida rápida, pero menos calórica.

Proximamente en toda Galiza
Cocó, que xa ten en marcha un restaurante na Gran Vía de Vigo, abrirá outro este ano nesa cidade. A medio prazo, prevé expandirse no resto de capitais galegas. E é que o local da Gran Vía conquistou rápido un público "moi fiel", di o empresario.

Un dos retos de Cocó é adaptar os menús aos gustos galegos. Gallar destaca que os sándwichs, ensaladas e froitas nos que se basea Pret a manger "non son abondo tendo en conta o clima que hai aquí no inverno". Por iso ten un equipo de restauradores e nutricionistas traballando na incorporación de caldos, entre outros produtos.

As cifras de Frutas Nieves
As posibilidades de medrar de Cocó están avaladas pola fortaleza de Frutas Nieves, que ten perto de 100 empregados e move uns 15 millóns de froita ao ano. O grupo, que facturou 12 millóns en 2006, acaba de inaugurar unha nave de distribución no Parque Tecnolóxico de Valadares.
Comentários (2) - Secçom: Notícias - Publicado o 16-06-2007 19:57
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.