| Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Gañadores da XXII edición dos premios Frei Martín Sarmiento |
|
Escolas católicas, federación que agrupa 112 colexios relixiosos concertados na comunidade, entregou o venres día, 8 de maio os galardóns literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola vixésimo segunda edición. Estes recoñecementos, que buscan impulsar a lectura en galego, contan co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio do grupo Anaya.
O acto, que tivo lugar nun ateigado salón de actos, con presenza de editores, autores, ilustradores, alumnado, profesorado e pais foi inaugurado por Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas, e por María Coutiño, subdirectora de planificación e dinamización lgtca. da Secretaría Xeral da Lingua.
Juana Otero destacou na súa intervención a “importancia de facer produtos en galego pero tamén a importancia de consumir galego”.
As autoras ou autores gañadores son os seguintes:
Infantil
O pirata Bruno. Olaia Sendón. Cuarto de Inverno
1ª categoría (1º e 2º EP)
A rebelión da lectura. Fran Alonso e Chus Rojo. Cumio
2ª categoría (3º e 4º EP)
Tres nenos tristes e medio unicornio. Beatriz Giménez de Ory. Rodeira-Edebé
3ª categoría (5º e 6º EP)
Cando o mundo é azul. Óscar Reboiras. Galaxia
4ª categoría (1º e 2º ESO)
Invisible. Eloy Moreno. Hércules de Ediciones
5ª categoría (3º e 4º ESO)
A maldición do papiro alexandrino. Beatriz García Turnes. Xerais
6ª Categoría (Bach e adultos). Tradución
Billy Budd. Herman Melville. Traducido por Xosé Duncan. Bululú
Premio Literario Frei Martín Sarmiento
Fotos Premios Sarmiento 2026
PREMIOS REC-CURTA 2026
Curtas premiadas 2026
Na gala que tivo lugar o venres, tamén se entregaron os premios REC.curta, que promocionan o uso do galego no eido audiovisual escolar. Nesta edición Alfonso Pato, director do Festival de Cans, animou o alumnado a seguir facendo curtas e lembrou como moitas das persoas que hoxe están colleitando éxitos no audiovisual, empezaron coas curtas escolares proxectadas en Cans.
As curtas gañadoras desta edición do REC.curta foron A palabra que se perdeu, elaborada por alumnado de Primaria dos padres franciscanos de Lugo e O derradeiro camiño realizada por alumnado de ESO de Santa María de Tui.
A palabra que se perdeu
O derradeiro camiño
Rec-curta
Fotos Premio Rec-Curta 2026 |
|
|
|
|
|
|