Especial Letras Galegas


Image

O meu perfil
enlpontevedra@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acto da Entrega dos Premios Xoan Manuel Pintos
De Xoan Manuel Pintos


Este venres 25 de novembro de 2011 fíxose entrega no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, dos Premios Premio Xoan Manuel Pintos á CGEDNL de Pontevedra e a Aula Castelao de Filosofía.

Dúas entidades estas que traballaron e traballan a reo pola dignidade da nosa lingua. Unha xa veterana, xa van alá 30 anos, a Aula Castelao, e a outra, incipiente na súa organización pero tamén veterana no traballo (vinte anos).


''Este premio dános alento para continuar co noso labor''. Belén Escariz e Rubén Rivas agradecían desta maneira, onte, en Pontevedra, o premio Xoán Manuel Pintos que este ano foi a parar á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Despois citaron o texto que saíu da asemblea da coordinadora este ano, no que se facía fincapé na resistencia como valor fundamental dun traballo de defensa do idioma. ''Debemos esforzarnos por manter a esperanza. O futuro do galego depende moito da nosa capacidade de resistencia. Cómpre non quedar na crise e no lamento. Resistir ten que ser avanzar''.

No nome da Aula Castelao, recolleu o galardón o seu coordinador, Carlos Calviño, que lembrou que entre os obxectivos fundacionais da institución estaba a defensa dunha serie de principios dende un compromiso irrenunciable a prol da lingua galega.

Ver nova na prensa.

Máis sobre Pintos

I Xornadas dos EDNL de Pontevedra dentro da celebración do bicentenario de X.M. Pintos.



Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 27-11-2011 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Imaxes de Lois Pereiro
Comentarios (1) - Categoría: Celebracións - Publicado o 25-05-2011 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso X.M. Pintos
CONGRESO PINTOS
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA


Hoxé, mércores día 6 de abril remata o prazo para formalizar a inscrición no Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra, do 6 ao 8 de abril.

Este congreso conta con 20 horas lectivas recoñecidas como formación para docentes (Consellaría de Educación. Xunta de Galicia) e un crédito de libre configuración para estudantes matriculados nas tres universidades galegas.

A primeira xornada do congreso abrirase coa conferencia da profesora da USC Carme Hermida, e coa inauguración da exposición sobre a figura de Xoán Manuel Pintos no antigo edificio do Café Moderno, sede da obra social de Novacaixagalicia, ás 20,30 horas. Permanecerá aberta ao público do 7 de abril ao 7 de maio de luns a sábados, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas. A mostra abrangue unha infografía de máis de 30 metros de longo e 60 metros cadrados sobre a vida, obra e contexto histórico do autor, fondos orixinais cedidos pola RAG e traballos realizados, a partir do Dicionario de Pintos, por centros escolares de infantil, primaria e secundaria do concello de Pontevedra.

Entre as diferentes actividades programadas dentro do congreso (conferencias, comunicacións, mesas redondas...) destacan un concerto e un roteiro; por unha banda o venres 8 de abril, ás 21.00 horas, terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura un concerto de cámara a cargo de Pablo Devigo (gaita) e Brenda Vidal (piano); a seguir, Roi Casal presentará o seu novo disco Maxicamente vello. A entrada será de balde, ata completar o aforo.

Será o sábado 9 de abril ás 16.30 horas cando se realice o Roteiro Xoán Manuel Pintos, que dará a coñecer aos participantes os lugares máis emblemáticos relacionados coa vida e obra do autor en Pontevedra.

Para obter máis información, consultar o programa completo do congreso e formalizar a inscrición pódese consultar a web do Ano Pintos: www.anopintos.pontevedra.eu/congreso.


PROGRAMA DO CONGRESO

Mércores 6 de abril

17:00 - 17:30 Inauguración co Alcalde de Pontevedra

17:30 - 18:45 Xoán Manuel Pintos, a alborada do rexurdimento
Carme Hermida, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela

19:00 - 19:30 Comunicación: A cultura clásica en X.M. Pintos, material dignificador de Galiza
Xosé Abilleira, docente de latín e grego no IES Pazo da Mercé (As Neves)

19:30 - 20:00 Comunicación: Seguimos muiñando co mesmo vocabulario que na época de Xoán Manuel Pintos
Catalina Pazos, Belén Ares, Mª del Puerto Garrido e Ángeles Martín, equipo de Educación Infantil do CEIP San Martiño (Pontevedra)

20:30 - 21:30 Inauguración da exposición
Percorrido guiado por Ana Acuña, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo


Xoves 7


16:00 - 17:00 Unha visión da xustiza no século XIX
Luís Villares, maxistrado e coordinador de Xuíces para a Democracia

17:15 - 18:15 O contexto de Pintos na historia de Pontevedra
Enrique Sotelo Resurrección, arquiveiro do Concello de Pontevedra

18:30 - 19:30 O contexto político e ideolóxico da obra de Xoán Manuel Pintos
Xusto Beramendi, docente de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela

19:45 - 20:45 O contexto de Pintos na historia social de Galiza
Xosé Ramón Barreiro, historiador e presidente da Real Academia Galega dende 2001 ata 2009



Venres 8

16:00 - 16:30 Comunicación: Pintos contra Rosalía?
António Gil, membro numerario da Academia Galega da Língua Portuguesa

16:30 - 17:00 Comunicación: As achegas literarias de Pintos
Anxo Angueira, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo

17:15 - 18:15 Contexto literario do século XIX
Francisco Rodríguez, filólogo e investigador

18:30 - 19:30 A obra literaria de Pintos. O corpus
Carme Ríos Panisse, filóloga e investigadora

19:45 – 20:45 A lingua na obra de Xoán Manuel Pintos
Xosé Xove, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela


Sábado 9

9:00 – 10:00 Uso oral e cultivo escrito da lingua galega na 1ª metade do século XIX
Ramón Mariño, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela

10:15 – 11:15 O futuro das linguas
Goretti Sanmartín, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña

11:30 – 12:30 Xoán M. Pintos e o léxico galego: "recollelo, compolo e arrombalo, e facer un todo enteiro”
Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega e académica numeraria da Real Academia Galega

12:45 – 14:15 Mesa redonda. Os dereitos lingüísticos
Coordina:
Pilar Freitas, docente de lingua e literatura galega
Interveñen:
Carlos Varela, fiscal superior de Galicia
Xosé Xoán Barreiro, presidente da sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra
Alba Nogueira, docente de dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela

14:30 – 16:30 Xantar

16:30 – 19:00 Roteiro Xoán Manuel Pintos
Visita guiada por Roberto Rivas e explicación da creación do roteiro polos autores Xosé Abilleira e Ana Acuña

19:00 – 20:15 Xoán Manuel Pintos: notario sociolingüístico, cronista do momento histórico
Pilar García Negro, docente de filoloxía galega na Universidade da Coruña

20:30 Clausura
Comentarios (1) - Categoría: Celebracións - Publicado o 06-04-2011 05:23
# Ligazón permanente a este artigo
Feixóo e Sarmiento, dous ilustrados
Feixoo e Sarmiento, dous compañeiros ilustrados

A gran inimiga da Ilustración en España foi a Igrexa. Após o concilio de Trento, a Inquisición perseguiu sen tregua todo tipo de disidencias do integrismo católico. Mais a vida é como a auga e busca sempre o seu camiño. As luces da Ilustración foron entrando de vagariño e foron precisamente dous cregos quen puxeron as bases do pensamento moderno, crítico, na España. O curioso é que ambos os dous procedían da mesma terra, aquel Reino da Galiza que na corte era considerado como un lugar de escuridade e superstición. Benito Jerónimo Feixóo e Montenegro e mais Pedro Joseph García de Balboa, que logo tomaría o nome de Martín e o segundo apelido da nai, Sarmiento, fixeron un xeitoso tándem.

Feixóo, nacido en 1676 no pazo de Casdemiro (Melias, Ourense), estudou no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil e ingresou na orde bieita en Samos. Estudou teoloxía e gañou a cátedra na Universidade de Oviedo, onde transcorreu o maior parte da súa vida. Foi un intelectual de pensamento libre que recibía información do novo pensamento ilustrado que estaba a nacer na Francia. Autor dunha obra, o Theatro Crítico Universal, sobre temas moi diversos nos que defende o racionalismo para analizar a historia, a sociedade e o medio natural. A súa obra influiu no seu tempo e por iso, aínda que sometía ás súas análises á disciplina da Igrexa e malia contar coa protección do propio rei Borbón Fernando VI, foi moi atacada por elementos reaccionarios.

O seu máis coraxoso defensor foi outro frade paisano, Sarmiento, nacido en 1695 en Vilafranca do Bierzo dun casal galego que aos poucos meses se trasladou a Pontevedra, perto da casa da liñaxe paterna. Con 14 anos entra novicio no convento da orde bieita en Pontevedra e desde aí trasládase ao de San Martín en Madrid. Estuda e imparte aulas por Salamanca, León e Asturias. Alí, no convento de San Vicente coñece a Feixóo, 19 anos maior e entón abade do convento. Feixóo por aquela xa estaba na empresa de difundir as novas ideas e encontra un discípulo entregado e capaz. Sarmiento foi, primeiro, o axudante necesario que lle forneceu libros e documentos que precisaba en Oviedo Feixóo para a súa obra e que el podía encontrar en Madrid na biblioteca do seu convento e nos libreiros madrileños. E, despois, foi o seu gran defensor público cando apareceron os ataques contra este. Mestre e discípulo, a admiración foi mutua. Dicía o abade da orde benedictina do xove frade: "Ten a miña orde un suxeito que, na idade de trinta e cinco anos, é un milagre de erudición en todo xénero de letras divinas e humanas. [...] É suxeito tan admirábel que só peca de modestia moi esaxerada ou moi delicada. É tan inimigo de que o aplaudan que refuga que o coñezan".

Sarmiento pon o seu talento e coñecementos ao servizo da empresa en marcha. "[...] Quiso el ilustrísimo Feijóo que yo corrigiese sus tomos. Corregí todos sus tomos hasta la muerte [...]". Tamén aprende de Feixóo e das súas teimas. Unha delas é o interese deste polas linguas e os prexuízos que acompañan a cada unha, tras analizalo filoloxicamente conclúe: "[...] Juzgo, contra el común dictamen, que todas las lenguas son iguales [...]". Interésase en concreto polas linguas peninsulares e reflexiona sobre o galego, consideráoo indistinto do portugués "por ser poquísimas las voces en que discrepan y la pronunciación de las letras en todo semejante; y así se entienden perfectamente los individuos de ambas naciones [...]".

Sarmiento continuará ese interese no galego e concluirá que a educación en castelán vixente na Galiza é errada. Debera ser na lingua do país, desde o galego serialles máis fácil aos alumnos o aprender o latín e as demais linguas. Sen dúbida estaría a lembrar a propia experiencia, a do meniño obrigado, el e os seus compañeiros, a estudar nunha lingua allea primeiro na escola e despois no convento. E poida que ese punto de vista do rapaz, o do alumno, fose o que conservou toda a súa vida. Un discípulo intelixentísimo, agudo e burlón, que prefire ficar agachado tras o mestre na vez de crecer e afrontar os conflictos da vida no mundo adulto.

Sarmiento traballou apartado na súa cela conventual, agás cando saiu ao público para defender ao seu mestre e amigo. Vendo o que desencadenou a publicación da obra de Feixóo declarouse "escarmentado en cabeza allea", e en adiante proseguiu o seu traballo intelectual mais sen publicar cousa. De seguro que tamén desconfiaría do seu propio carácter, pois sabíase de natural irónico e aínda sarcástico e belixerante. Publicou a defensa do seu mestre a Demonstración crítico-apologética do Theatro Crítico Universal, e para criticar os argumentos contrarios "hice apuntes para ridiculizarlos e impugnarlos". Lóxicamente, tamén el recibiu en resposta os correspondentes ataques, cousa que o incomodou.

O característico da súa figura é que, por unha suma de motivos, pasou a vida fundamentalmente na súa cela rodeado de libros. Analizou e a críticou as ideas equivocadas e escribiu correccións sen facelas públicas. Debeu vivir nunha tensión interna tremenda, sabendo que tiña cousas que dicir, escribíndoas, e deixándoas estar sen dar ao prelo. "He escrito este papel, no para soltarle de la mano y abandonarle a la imprenta, y exponerle al capricho, ya del vulgo idiota, ya del vulgo literario: sino para que uno u otro amigo le lea en mi celda [...]". Que escribise unicamente para si, esa anomalía infrecuente, explica que non argumentase con fundamento todas as súas consideracións, deulle tamén unha gran liberdade de expresión. Vai co seu estilo a liberdade crítica e a soltura coloquial: "Yo soy incapaz de tornear períodos. Pienso, hablo y escribo natural y sencillamente"; critica a aqueles que "ponen el primor del estilo en adular a las orejas de los idiotas".

Deita a súa atención e estudo a todo tipo de asuntos, da botánica ás ciencias naturais, da matemática á agricultura ás análises lingüísticas. Aínda que fai unha vida retirada das luces públicas relaciónase en Madrid cos ambientes ilustrados e preocúpase por promover e ordenar as bibliotecas, os libros son o seu mundo enteiro. Entre as súas preocupacións sobrancea un asunto que debeu de ser a cada vez máis obsesivo: a lingua galega. E faino en dous planos, desde a súa experiencia persoal e tamén desde os descubrimentos entre os libros, bibliófilo á fin. Sitúa o galego na súa dialéctica co castelán e tamén co portugués, estuda a lingua falada nas tres viaxes que fixo a Galiza e escribe Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, Coloquio en coplas gallegas, o Coloquio de vintecatro galegos rústicos... Alén dos estudos filolóxicos sobre a lingua falada, encontra un tesouro enterrado, oculto e esquecido: a evidencia histórica de que o galego fora escrito non só en Portugal senón tamén nos reinos do noroeste peninsular. Que fora unha lingua literaria. Foi cando tropezou coas Cantigas de Santa María. Se tivese publicado no seu día o froito dos seus traballos sobre Galiza e a súa lingua e cultura tería sido unha base importantísima para un renacer da cultura galega. Mais polas razóns que fosen non foi así.

O resto da súa vida, até 1772 pasouno cumprindo os encargos de todo tipo que lle chegaban da súa orde e da nobreza reformista. Expresou nalgún momento o seu desexo de retirarse a vivir na Galiza, mais rematou os seus días onde trascorreu a súa vida, nun convento a "enredar y revolver libros".
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 26-02-2011 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición a Manuel Quiroga
Onte, 22 de febreiro, inagurouse a Exposición do músico pontevedrés, Manuel Quiroga, dirixida pola mestra de música, Mª Luísa Taboada Rivadulla (Misi). Temos que dicir que é un dos nosos Sarmenteiros que temos na cabeceira do blogue, por suposto, o que toca o violín.

A exposición estará durante dúas semanas, e por suposto estades todos invitados, nela temos os datos sobre a súa vida e traxectoria musical así como documentos gráficos e sonoros deste destacado violinista pontevedrés.


A exposición, que poderá visitarse de luns a venres en horario lectivo polas mañas, e de luns a xoves de 16.30 a 18.30, contará con documentos orixinais do autor, facilitados por Milagros Bará Viñas, sobriña neta de Quiroga.

O traballo é o resultado da colaboración de toda la comunidade educativa, a través das distintas aportacións documentais, recollida de datos, preparación e selección do material, e na producción plástica dos rapaces.




Ver vídeo en Youtube

Nota na Prensa

Ver nova no blogue do ENDL do CEIP Campolongo

Ver nova no blogue das Escolas Asociadas da Unesco
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 23-02-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro en Pontevedra


Vótalle unha ollada a Programación das Actvidades

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 03-02-2011 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades lúdicas nas I Xornadas dos ENDL do Concello de Pontevedra
De Xogos Populares II


Nota: Este artigo irase actualizando segundo se confirmen datos e aumente a información.

Calquera consulta:

enlpontevedra@gmail.com


Data celebración das Xornadas: do 14 ó 18 de marzo.

Lugar de celebración: O espectáculo musical para os de Infantil (co Grupo Migallas) farase o martes 15 no Teatro Principal. Faranse dous pases, un ás 10 h. e outro ás 11:30 h. Os colexios que comecen as clases as 09:30 h, terán preferencia para o segundo pase: CEIP de Campañó, CEIP Cabanas, ...

Os xogos populares para Primaria faranse o mércores 16 de marzo. Hora de confirmación da chegada: 10:15 h. Hora de comezo dos Xogos: 10:30 h. Hora de remate: 13:00 h

Lugar de celebración: Alameda e Avda. Montero Ríos

Lugar de encontro para os Xogos: Palco de Música, no centro da Alameda.

Obxectivos das Xornadas

Colexios e nº de participantes nas dúas actividades

Reparto dos grupos polas diferentes estacións.

Plano dos Xogos

Responsables - Colaboradores dos Centros

Fichas de Xogos

Estacións.Fotos

Monitores das actividades

Fonte onde poder beber

Persoeiro homenaxeado : Xoán Manuel Pintos

Os centros que precisen autobús, deberán comunicárllelo ó Concello:

Telef: 986 863 157

normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es



Prégase o máis axiña posible, que os centros manden un listado numerado do alumnado que virá ás xornadas e do mestre encargado. Indicar o nivel do grupo (curso).

Recordamos que imos aproveitar para mesturar os grupos, coa finalidade de facer tamén algo de convivencia.

Cada grupo escolar podería traer un distintivo:camiseta, biseira,pano ... para que os monitores souberan a que colexio pertenzen.


En cada estación haberá un Mestre - Colaborador ó lado dos monitores
que dirixirán a actividade (alumnos do Ciclo TSFAAD do IES Sánchez Cantón)

Podedes deixar tamén un correo electrónico persoal do responsable e un teléfono para axilizar as cousas nas datas próximas ás xornadas.

A PARVA: Fárase un descanso de 20` despois do 3º xogo para tomar a parva.

BAÑOS: Están habilitados os baños do Concello para este evento. O alumnado terá que ir acompañado por un mestr@. O mellor será ir en grupo ó baño para non facer moitas viaxes.

O alumnado fará un só circuito, o que lle toque.

Habilitaranse para ese día os baños do Concello de Pontevedra na Praza de España.

Artigos relacionados:

Acto de inaguración do Ano Xoán Manuel Pintos

Libro de xogos.

Xogos no Renacemento (Brueguel)

Xogos de sortes

Banco de Actividades dos EDNL para as Xornadas (exporanse o luns no Concello)

Vocabulario de Pintos


Información no blogue da CEDNL da Comarca de Pontevedra

Máis fichas de xogos
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 27-01-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Traballar a paz en informática
Algunhas actividades para o Día da Paz:

Unha webquest para o 3º Ciclo:

1- http://www.zunal.com/process.php?w=84600

Tres sinxelas webquests:

2- primeiro ciclo http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=89968&id_pagina=1

3- segundo ciclo http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=89967&id_pagina=1

4- terceiro ciclo http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=42179&id_pagina=1


Un LIM en galego, castelán e inglés:

5- http://dl.dropbox.com/u/4518185/paz/paz.html


Xogo para un xogador feito con “Xogamos?”:
6- http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/exemplos/paz.html


Dous lim máis:

7- http://dl.dropbox.com/u/14722558/PAZ/paz.html


8- http://chiscos.net/almacen/lim/o_castelo__de_area/o_castelo__de_area.html


Xogos para a paz:
9- http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/paz/juegopaz.htm#


10- Constructores de paz (da páxina de Unicef):

http://www.unicef.org.co/kids/constructores.htm


11- “El color de mi piel” conto e actividades con LIM: http://www.chiscos.net/almacen/lim/paula_paz11/paula_paz1.html
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 20-01-2011 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Un Nadal en galego
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 07-12-2010 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncia de GB a nlcampolongo
Comentarios (1) - Categoría: Celebracións - Publicado o 29-11-2010 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis