O CEIP Campolongo inicia un novo blogue de Normalización e Dinamización. Puxéronlle de nome, GHAFOS, un dos moitos nomes que ten o río que pasa preto do seu centro. Outros nomes do río son: Menexo, Tomeza, Gafos, Peilán, Taboada ...
Desde a CGENDL vivimos con fonda preocupación a deriva do noso sistema educativo enganchado atrás dun Decreto de Centros Plurilingües que non é máis ca unha extensión do Decreto do Plurilingüismo (D. 79/2010), co que a administración, ademais de atentar gravemente contra a promoción da nosa lingua no ensino, pon en perigo, entre outras cousas, a competencia lingüística xeral do alumnado. No II Encontro de equipos e docentes pola normalización tratamos o tema e presentamos os documentos que se anexan, que precisan unha lectura demorada pero necesaria, e que tamén atoparedes en http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo . Pregamos a súa difusión.
Por outra banda, os XIV Encontros para a Normalización Lingüística que organiza o Consello da Cultura terán lugar o 8 e o 9 de marzo en Santiago de Compostela. Baixo o foco da relación entre a lingua e a mocidade, o labor dos Equipos de Normalización Lingüística e as súas experiencias educativas teñen un papel destacado no programa. A inscrición é de balde para os membros adscritos á CGENDL e o prazo de preinscrición remata o 23 de febreiro . Tedes o formulario e toda a información relacionada en:
Novo traballo feito dende a CGEDNL para explicar á sociedade cal é o traballo dos Equipos de Normalización Lingüística, en especial dos centros educativos.
Dúas entidades estas que traballaron e traballan a reo pola dignidade da nosa lingua. Unha xa veterana, xa van alá 30 anos, a Aula Castelao, e a outra, incipiente na súa organización pero tamén veterana no traballo (vinte anos).
''Este premio dános alento para continuar co noso labor''. Belén Escariz e Rubén Rivas agradecían desta maneira, onte, en Pontevedra, o premio Xoán Manuel Pintos que este ano foi a parar á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Despois citaron o texto que saíu da asemblea da coordinadora este ano, no que se facía fincapé na resistencia como valor fundamental dun traballo de defensa do idioma. ''Debemos esforzarnos por manter a esperanza. O futuro do galego depende moito da nosa capacidade de resistencia. Cómpre non quedar na crise e no lamento. Resistir ten que ser avanzar''.
No nome da Aula Castelao, recolleu o galardón o seu coordinador, Carlos Calviño, que lembrou que entre os obxectivos fundacionais da institución estaba a defensa dunha serie de principios dende un compromiso irrenunciable a prol da lingua galega.
Dende o 25 de outubro de 2011, o blogue pasa a ser particular . Xa non é do EDNL do CEIP Campolongo.
A razón de pechalo: por perder a súa principal finalidade dentro do centro queda PECHADO.
"A decisión de deixar de ser "oficial" e pasar a ser particular tomouse baixo unha xuntanza promovida por inpección para que eu acatara os seguintes puntos. Algúns deles non atinxen directamente a este tema en particular, pero quero deixar constancia de todos .
Como se negaron a dalo por escrito, van deste xeito:
1- Calquera exposición que se queira solicitar terá que ser primeiro comunicada ou ben ó coordinador ou ó Equipo Directivo. Nota: Se alguén quere cóntolle este conto.
2- Entregar as claves do blogue e do correo electrónico ( xa llelas entregara fai dous anos pero estraviáronas).
3- Antes de subir un artigo ó blogue, ou poñer unha nova no taboleiro do EDNL, ou nos xerais, teño que ter autorización do coordinador ou do Equipo Directivo.
4- Teño que retirar todos os artigos "complicados" (inapropiados) do blogue.
5- E último, teño que entender ben claro cal é a xerarquía.
Como non me gusta nada o que se me di, en especial non estou disposto a acatar o punto nº 4; e os outros, aínda que poidan ser legais, nesta contexto que estou vivindo parécenme humillantes, é polo que propoño, (despois de maduralo un pouco), como alternativa, que o blogue deixe de ser oficial no centro, deste xeito non teño por que borrar nada, nin dar ningunha clave de novo.
Todos os presentes aceptan: Equipo Directivo e Coordinador de Normalización Lingüística.
Agora mesmo non estou con forzas de loitar por esta inxustiza. Temo pola miña saúde e polo benestar da miña familia e dos compañeiros.
Sinto decepcionar a aqueles que lles gustaría e que me animaron a seguir pelexando .
Grazas a todos os que me animaron e me axudaron nesta xeira. Dedicareime a seguir manifestándome con liberdade e a traballar pola normalización da nosa lingua no meu blogue particular de Milprimaveras.
Se queres saber máis podes ler a opinión doutro director (comentario deste blogue nº 31) en IES OU NON IES , xunto con outros comentarios de outros usarios, incluídos os de Milprimaveras).
Este artigo é copia dun anterior que había no blogue do EDNL do CEIP Campolongo. Xunto co artigo "Que pasa coas pancartas?" foi obrigado a ser retirado para outros foros. Neste temos cabida. Aquí vos queda.
Hoxe escoitamos na radio que os que non foron a folga están de acordo coas medidas que está a tomar estes anos en educación: baixada de soldo, recorte de profesorado, máis horario lectivo ...
Ben dicindo que "O que cala otorga" ?
Como é capaz de dicir semellante aseveración un Director Xeral de Centros?
Quererá que vaia máis xente a folga? Quererá dicir que non está pasando nada?
Dende esta humilde bitácora podemos dicir, a este señor, e a outros, que o ensino está adoecendo, as aulas están indignadas, que prácticamente a maioría do profesorado, máis dun 95%, por non dicir todos, non lle gusta o que está a pasar, e por exemplo, aínda que non foran a folga, si están de acordo con poñer unha pancarta nos centros pedindo calidade do ensino, que sí están de acordo coas concentración que se farán, por exemplo, en Pontevedra, o próximo luns día 3 de outubro as 20:00 h, para protestar polas medidas que se están a tomar.
Hai outras medidas que si están a dividir ó profesorado: as de si facer as actividades extraexcolares e complementarias porque hai pouquísimo tempo para poder organizalas . Esta sí é a verdadeira realidade do que está a acontecer.
Que lectura lle dará este señor ó que estamos a contar?
O outro día este mesmo persoeiro dixo que os mestres "marchaban para casa" en vez de facer as tarefas no colexio.
Dannos dúas horas de libre disposición que a maioría dos mestres as pasabamos nos centros, e este indivíduo atrévese a dicir que marchamos para casa en horas de que tiñamos que estar no centro.
Cantas razóns haberá para non ir a folga aíndo non estando de acordo coas medidas que se están a tomar?
Deixamos aquí como un colexio protesta cantando polo que está a pasar:
Este artigo é copia do que había antes no blogue do EDNL do CEIP Campolongo. Como se considerou "inapropiado" por parte do Equipo Directivo do Centro, tivésmolo que sacar para outros foros con máis liberdade.
O señor presidente no parlamento dixo que había que respectar a aqueles que non foron a folga? Querendo dicir que a maoría non foi a folga e que comulgaban co que estaban a facer. Cousa que é mentira e por iso están intentando que non se vexa moito o cabreo xeral do profesorado.
Aquí preguntámonos como é posible que prohiban que poidamos manifestar o noso malestar (maioría do claustro) polo que está acontecendo no ensino público: descontos, recortes, incremento do horario lectivo, eliminación das especilaidades ...
Dende logo, sei que algúns centros aínda teñen a pancarta ... Nós só podemos dicir que estaba decidido poñela pero chegou a censura antes de tempo.