Oriob


de Optonautas i outras criaturas atopadas por Xiro e Brais

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Avesgante, o comedor de sopa.
Terían pasado 6 horas dende a saída do sol, e despóis de sinco camiñando sen parar, sen contar as veses que houbo que parar para jritarlle ao Avesgante, xa que as súas longas pernas daban pasos que paresían rías. O conto é que o moi... non esperaba non non non, por cada jrito que lle daban Brais e Xiro, máis rápido paresía ir.

Nesto Brais, farto de camiñar jritoulle ao Avesgante: "Jei tí, vou faser sopa ajora mesmo que morro coa fame...", foi jritar iso e o Avesgante fitou coma pedra, virou o pescoso, e puxo cara de interrojante, ajora sí entenderon porque o Avesgante era Avesgante, e que tiña cara de interrojante... jajaja jajaja jajaja, escacharon a rír Xiro e Brais de súpeto, coma se tiveranse lido o pensamento dun e doutro.

Avesgante raudo chejou xunta deles, e dixo que foran preparando todo, xa que él mesmo iría a por paus para faser o lume, e dito isto salíu coma unha sentella cara o bosque de carballos, piñeiros, e non sei que máis árbores que se espallaban pola dereita, pola esquera, por arriba por embaixo... mi madriña canta leña.

Brais e Xiro comensaron a falar entre eles do camiño feito, de como o resto de coñesidos andarían polas praias, alí o ladiño das súas casas. De sejuro que as nais deles non estarían tan contentas, pero ajora que levaban dúas noites fora, mellor sejir, xa que os tortasos ían ser ijual de jrandes foran dúas noites coma nove. As súas nais acostumaran fasía moito as "espedisións", coma elas chamaban as desaparisións dos seus fillos. Dito isto sejiron cosiñando tranquilamente, para que darlle voltas o que xa sabían, jajaja escacharon a rír unha e mil veses máis.

Sabían que o castijo había de ser polo menos dun ano, pero ¡qué importa sufrir si luchas por tu libertad! leran naljún sitio...

Avesgante dou rejresado antes de terse durmido estes teimados rapases que vos teño presentado.

Faise tarde...

Tería que contarvos máis do noso amijo Peto, pero o sono hoxe non me deixa rematar. Tal ves mañán, tal ves pasado.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2006 02:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Quedo
Quedo e atento, coma o jranito que pasiente ve o paso do tempo, solsticio tras solsticio, na espera dun xesto de comprensión e así deste xeito ¡SILENCIO!.

Só ise silencio que o incansable Atlántico empéñase en esnaquizar. Co seu empeño déixanos os mapas na area. Terás que memorizalos antes de que a próxima onda dé por borralos e coa seguinte onda novos mapas atoparás. Uns mapas que falan dunha partida. Partida que perdiches.

Partida cara o Oeste, non deixas de axexar a chegada das embarcacións que te han rescatar... tal vez sí, tal vez non.

Acuden os teus soños ecos de violíns, dende lonxano espacio do teu pasado. Ese que decidiches non lembrar, e que non deixate de atormentar. O que unha vez criches perdido no camiñar a ningures. Pero de novo o teu camiño leva cara a costa do Oeste, sempre o Oeste.

Sempre na espera da silueta dos barcos que ves no horisonte lonxano, e namentras pechas os ollos, cheiras o mar, orientas de onde ven i comprobas o que ha traer. O violín nos teus soños non deixa de voar.

O pequeno Peto –o Xogel nomeado na noite de lúa rota– ía de volta o fogar. Tres duros e intensos rastreos pola costa nas últimas semanas. Volta tristón, desconsertado sen resultados que poder ver. Pero, ¡alto! ¿qué silueta debúxase trala fiestra da miña casiña? No máis alto da torre do "Gardamapas" –a residensia ofisial dos Xogel–, vía unha silueta, nun ca vira tal atrevimento. ¿Quén é quén de estar na miña casa sen ter avisado o ter chegado?. Esto vou arranxar.

¿Pero quén carallo éche este canpichón? ¿dende cando ándame a axexar? ¡vaste enterar!, collendo un jarabullo do a rastre do chán, ¿vaites que te vou canear? ¿vaites que te vou as janas de entrar sen chamar quitar canpichón?...

Nestas Peto ía cara a porta do Gardamapas, alporisado e a co llo a do, un pouco, pero o bastante para que lle tremasen os xeonllos.

–Alá vou canpichón, son o dono da casa e veño cun jarabullo armado e disposto a na tua testa esnaquisalo. Dijo–. Jritou Peto desesperado ante o silensio reinante no Gardamapas.

Subiu ata o primeiro andar, onde vira a sombra, nejra. E de súpeto, vaites, un tipo cheo de coloríns colorados, nin unha cor 128 128 128, incrible, aljo inaudito, aljo abraiate, aljo aljo aljo para non esqueser. Vaites.

¿Qué carallo és tí e qué... fas na miña casa?, espetou Petiño.

– Boas noites alporisado dono de casa, ¡non son!, ¡chámome turné, bolchevique turné!, ¡turné para los amigos!, la puerta estaba abierta coleguita– dixo turné coa súa sorniña de sempre.

– Boas noite pra tí han ser cando estés fora da miña casa, pero antes justaríame saber como é o da porta aberta, xa que coa chave ben pechada deixeina esta mañá– respostou Peto coa faciana máis brava e aterradora que deu atopado na súa memoria.

– Este... non che sei, la puerta estaba abierta, non comín nada, no he robado nada, lo juro, lo prometo.

– Tés un jrave problema rapás, ou fálasme unha cousa ou noutra, as dúas a vés coma que non.

– Tela clara ló... escachou a rír turnesiño.

E por hoxe aquí o deixamos, a cama vou ir, xa que cansado ando. Dormide cara o norte, a humidade do vento do sul non che e voa para a cabesa, seique din as vellas que cheira mal, e si o vento cheira mal, mala cousa cousa mala a vir, a pasar, está vindo está a pasar. Coidate dos vento do sul. Sonche un pouco rariños. O do norte moi frío, pero é crariño coma él só. Non minte nunca, e iso é o bó que ten este vento do Norte, e cheira a limpo o condenado.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2006 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xertiv
Brais e Xiro espertaron case a un tempo, miráronse interrogantemente, i os dous pensaban o mesmo ¿estaría fora o Avesgante?, habería que sair da tenda para poder sabelo, e así foi. Vestiron a toda presa e sairon coma sentellas para atopar de fronte un sol intenso que cegaba os seus ollos.

Ainda así deron de serpear polo chan ata a sombra dunha sobreira, e sí, alí estaba o Avesgante ainda a durmir prácidamente. Xiro e Brais soriron maliciosamente de berraron a un tempo: "EEEEEEEEEEEEEEsperta que saiu o Soooooooooooooooooool, AAAAAAAAAAAAvesgante, Esperta carallo Xa!

Avesgante abreu os ollos de mala gana i con moi mala cara dixo: "ide a tomar polo..."

- ¡tes mal espertar gante gante! espetou Xiro mentras Brais movía a testa reforzando as verbas do seu amigo.

- Contra raparigos, iste non é xeito de espertarme, se tivésedes sido máis suaviños. Pero a jrito pelado. Paresedes Pelados articulados. ¡Aj! soio pensar neles dame noxo.

- ¿E quénes son ises? preguntou Brais inquedo.

- ¡hum! ¡bah! este..., ¿qué ides faser hoxe? ¿qué tedes para almorsar?

- ¡non fajas o tolo e contesta! ¡non sexas maleducado! cabreouse Brais, xiro escachaba a risa en silencio trala sobreira, claro o avesgante non sabía que Brais non soportaba que non lle contestaran.

- Son vellas lendas vellas... non máis, e xa. Avesgante virou a cabesa con pinta de estar moi anoxado.

Xiro prendeu o lume de novo para preparar aljo de comer, sen comer non che era boa idea faser camiño. Brais arrimou man e o avesgante con cara máis relaxada dixo que ía a por máis jarabullos, que tiña intensión de acompañalos un treito do camiño, xa que era evidente que estaban un pouco perdidos.

Mentras almorsaban o avesgante aclaroulle a Xiro e Brais que aínda nin se deran asercado a Etiori, estaban preto do cumio de Xertiv, tan preto que a vella calsada de pedra a tiñan nos pés, montaran a tenda diante sin vela, a sobreira non lles deixaba, ironías de andar despistado. Avesgante respostou a case todo o preguntado por Xiro e Brais sobor como chegar a Etiori, Paresía ser que despóis de ter subido ate Xertiv, dende alí subindo un pouco máis, chejábase unha chaira que cara o Norte a Etiori e sempre subindo e sejindo os trotes dos barbansóns e as fuxidas das vacas, a Etiori habian chejar.

Con esa esperansa Brais e Xiro recolleron campamento e comensaron a subir cara Xertiv. Cun sorriso na faciana, cun soño na frente. O avesgante diante, dando pasos de xigante, e o caso e que o avesgante era ben alto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2006 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Avesgante
Case todo o día a camiñar, case todo o día entre a néboa, húmida, espesa, todo o troca, e coma un mal soño do que non das espertado, un deses pesadelos que ainda sabendo que é un pesadelo non deixa de arrepiarte por sejundos.

Brais andaba máis que farto de tanto camiñar, e Xiro non disía nada pero estaba tan ou máis farto que Brais. Xiro come zou a patear as pedras que ía atopando no camiño, i o condenado cada ves era máis revirado e inclinado, toooooodo costa arriba. Manda... co camiño.

- Brais, tou farto de camiñar, i a verdade ten pinta de ser tarde cada ves hai menos lus. ¿e se montamos a tenda...?

- ¡home!, ¡por fín unha idea das boas!, tirando todo no chan brais puxo un sorriso na súa cara. Os dous riron de ter pensado no mesmo ó mesmo tempo.

Mentras brais andaba a recoller jarabullos para faser o lume, xiro non dou parado ata ter a tenda ben montada, e nesto que mentras andaba a cachear polo martelo de joma, polo ollo malo dou en ver unha fijura a súa esquerda, virou a cabesa e viu aljo raro, coma unha jaliña do tamaño dun arroas, bueno coma unha burra, ou menos...

O caso e que o bichicoma este tiña un pescoso ben raro che, érache coma un interrojante, o que serra no final da frase, poruqe lembro que no prinsipio poñiase outro do revés, ¿ou é o do final o que vai do revés?, en fin o caso é que Xiro dixo hola.

-¿Hola? eu son Xiro ¿é tí? ¿como te chamas oooh?

- Gante, Avesgante. ¿Por qué o prejuntas? ¿Qué é un Xiro? ¿De ónde saiches? ¿Qué fajo aquí?¿Por qué falas conmijo? ¡non teño cartos! non teño, non teño tempo, non teño...

- Calma home que non son destripaterróns nin asalta bichicomóns. Nin quero os teus cartos nin o teu tempo home, pero si non ques falar non te aserques coma unha compaña, caladiño e fasendo o despistadiño.

- Perdoa ou ou, e que ando farto de ser roubado, e sonche un pobre jrabador que non ten nin para vacasións.

- ¿é qué jrabas ló? ¿drananbás? he he he... escachou Xiro, nesto chejou Brais, que sin ver o Avesgante, jritou:

- ¡De qué carallo rís tristrís!, polo menos terás a tenda montada palanquín.

- ¿Quén ven ahí?¿Teño medo?¿é amijo teu?¿cómo dís qué te chamas?... Avesgante, como o seu nome indica, é un contínuo interrogante, todo o fai dubidar, todo o fai recuar. Ata as nécoras sonche máis rápidas en tomar unha desisión que un avesgante.

Os avesgantes jánanse a vida jrabando datos. Sinsel e martelo en mán, e veña pica e pica pica e pica runa ven, kanji vai. Os avesgantes teñen prodixiosa capasidade de reprodusir formas e debuxos, non presisan saber ler ninjún idioma, eles ven e pican pican jraban jraban... Un prodixio os avesgantes, moi aburridiños no seu tempo libre. O perden en indesisións. E coma contertulios sonche un pouco interrogantes.

Brais ó ver o avesgante tamén comesou a rír, fíxose jrasia a o pescoso do bicho. Tanto que lle dixo: ¡Se adiviñas o meu nome invítoche a sopa!

- Es barrijón sijarrón, Brais, chámaste Brais...

- Manda, rosmou brais. Apanda anda, ríu Xiro.

- Quero sopa sopa.

Os rapases comezaron a faser mil prejuntas a Avesgante mentras ían preparando unha sopiña. A néboa comesou a levantar para deixar ver unha media lúa pálida de novembro. Mentres a noite xa caía os nenos con Avesgante por hoxe abandoamos, máis preto de Xertiv que de Etiori, pero non é hoxe día de isto contar.

Tedes que un chisco esperar.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2006 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TeceOito
TeceOito era novo de máis coma para terse atrevido a falar co Xogel, pero TeceOito non sabía que estaba a falar co Xogel, coitado TeceOito. Tan só sentía curiosidade por escoitar a alguen que non fora un tecedor coma él mesmo.

TeceOito ía carón a casa mirando as pedras do camiño, e dandolle voltas as verbas do Xogel, parecía amable, ainda que un pouco serio, como se estivese triste. Non tiña pinta de quer xogar conmigo, pensaba TeceOito.

O sol caía tralos cumios de Xertiv, iso so quería dicir unha cousa, "a casa xa..., mañá haberá que cedo espertar..." comezou a cantar TeceOito entre salto e saltiño que ía dando polo camiño.

Entre salto e saltiño TeceOito non víu unha figura que agardaba na beira do camiño, todo dunha cor, dos pes a testa, sapatos, calzons, camisa e chapeu, cada cousa dunha cor, todo moi ledo.

TeceOito ía no aire entre salto e saltiño, a punto de aterrar sobor un fieito atrevido no medio e medio do camiño, cando unha voz berrou "rapás vas caer rapás", ese berro fixo que TeceOito perdera o pouco equilibrio que tiña de feito que aterrou cos morros no chan, e virou sobre as costas co fieito na boca e fitou carón o tipo das roupas de cor, o que pejara tremendo berrido que o fixera ter o equilibrio perdido.

- ¿e tí quén és? dixo TeceOito encomodado.

- ¡non son!, ¡chámome turné, bolchevique turné!, ¡turné para los amigos!

- pois para non ser vésete con moita cor... ¿i eu como teño que chamarte?, espetou TeceOito.

- ¡hummmmmmmm! vexo que es un pouco novo novo de máis para andar a estas horas por estes camiños... chámame bol, polo de agora. Replicou Turné.

Turné érache un feirante, un deses que ian de acó para aló mirando sempre a quen arrimar, para pao non dar, tan colorida era a súa roupaxe, xa que para sempre estar a xogo coa circunstancia non che hai como a abundancia... simulada ou non pero que sexa amosada amosada, teimaba Turné.

Este Turné de moitos lados fora botado, xa que coma tan doado de idea trocaba en ningures duraba, ficaba... sempre bailando, sempre virando, coma unha maldición, herdada, adoptada, ¿quén sabe como, ou cando?

¡Coidate pequeno TeceOito, coidate dos Bolcheviques Turnés que no mundo atoparás!!!, ¡habelos hainos!

TeceOito levantou e amañou a roupa, sacudeuse a follas dos carballos, e quitod dunha por todas os restos de fieto que na boca ainda lle coljaban.

- Pois Bol, deséxote boas noites, a miña casa vou e non quero tardar.

- ¿e queda moi lonxe a túa casiña meniño? dixo con cinismo e retranca.

TeceOito respostou: "non moito, pero teimo que a túa non estará lonxe ¿non sí?.

- Pois, teimo que estou perdido, porque eu non che son destas terras, é máis, creo que non sei onde estou, ¿cómo chamades isto?.

TeceOito respostou: nidrax, das terras de oriob, na serra do aznabrab. Asi chamamos a nosa terra, coa cara ao norte e o cú ao sul... ha ha ha riu TeceOito...

Pois bol, diriache que viñeras a miña pero penso que podenme matar se apareso con alguen a quen non coñeso, mellor vai cara o sul por este rueiriño e cando chejes a fonte vira cara a dereita, sinco minutos despois chejarás o sentro do pobo e ali pousada has atopar. Respostou TeceOito.

- Jrasias pola informasión, dixo Turné dando catro pasiños atrás, o ver que do tecedor pouco había quitar. Tiña escoitado dos tecedores, seique desían son de rasa traballadora, deses que cumpren co que teñen que faser. Mellor afastar, no sexa que me fajan traballar. Pensaba caladiño Turné.

TeceOito dou as boas noites, e seguiú dando saltos e saltiños polo camiño camiño...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2006 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Espertando entre néboas
Brais espertou cedo, antes de ter saido o sol. Xiro durmia tranquilo, quedo. Fora polo que moviase a tenda sopraba unha suave brisa. Sacou a testa pra buscar nubes, choiva, non se vía moito a verdade, de feito todo estaba coberto de néboa. Sería mellor arrouparse ben.

Brais dou vestido sen espertar a Xiro i saliu da tenda, non era moito o que podiase ver, non mencera i a neboa fasía máis difisil atisvar aljo. Entre o quinto e septimo paso dou cunha pedra ben jrande, rematou no chan, era visto, pensou Brais.

- Xa sabía eu que ía pasar isto, se quedara na tenda a durmir..., Xiro sí que sabe carallo... marmullou mentras levantaba.

Escoitou un paxaro, i pensou escoitar oubear un lobo, pero non quixo pensar niso, preferíu pensar nun can tolo... a verdade é que era un can tolo. Fasia moitos anos que os lobos emijraran dos cumios de oriob e arredores, e non che conto en exteriores.

Brais seguíu camiñando paseniño para non rematar cos morros no chan de novo, i tampoco lle quedaba outra, ou no chan ou de morros contra un penedo ou unha árbore. Pobres árbores.

Dapouco entre a néboa comezou a verse un fío de lus, moi pouca, pero alomenos agora había ver as pedras. Douse conta de que alonxárase máis do que pensaba da tenda, i estaba un pouco desorientado coa caída. Ainda así comezou a camiñar cara a donde pensaba estar a tenda, e dou nela.

Tardou un pouco de máis, pero Xiro tiña o almorso preparado e iso gustoulle porque morria coa fame nin ganas tiña de cosiñar.

- Hola sonámbulo!!! gritou Xiro o ver a Brais chegar.

- ¡Hola roncónnnnnn! graciñas polo almorso, morro coa fame meu.

- Onde andabas lo braisiño.

- Pois votando unha ollada, pero deixando que rematei cos morros no chan, pouco máis vin.

- ¿Mancácheste?

- Non, non, estou ben. Pero ¿cara onde imos tirar hoxe neno?

- Pois... a sejir subindo, aljún día habemos chejar a Etiori, ¿non pensas brais?

- ¡hummmmmmm! non sei, pero por lóxica, será mellor sejir subindo.

- Pois nada, rematamos de xantar, recollemos e tiramos, néboa adentro.

- ¡Néboa adentro! dixo Brais entusiasmado.

Unhas dúas horas despóis de ter saído o sol, ainda que coa néboa non se vía nin chisquiño del, Brais e Xiro perderon de vista as carbelleiras baixo as que durmiran subindo cara un Etiori que non era tal...

Pero a Etiori han chegar, non o dubidedes. Xiro e Brais non son de fásil derrota. Son duros coma o buxo, o mellor para navejar sejuro. Non o esquezades... o Buxo é bó. Prantade Buxo, buxiños buxos... ¡ai, meus buxos! ¡onde van...!

Brais mirou atrás por un chisco e pensou ver unha árbore crusando o camiño, non dou creto, e tanto foi que nada lle dixo a Xiro.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2006 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tecedores
Ian un pouco espallados, pero contro é domingo pola tarde, tempo de lecer, disque. Suponse que non sería estrano velos espallados, o caso e que como dacotío velos tecedores tan ordeadiños, tan limpiños, caladiños... nas súas ringreiras...

Estes tecedores, sempre me abraian. E así andaba a argallar Peto dendo o penedo no que sentaba coa faciana cara ao vento do sul-oeste. Añorab era o que tiña, uns ventos do máis interesantes, ¡é qué vistas! ¡qué luscos! ¡qué fuscos!... o sol queimando o mar... O mar... Peto ficou calado, triste e cos ollos cara a lonxana liña que o mar debuxaba no horizonte, aló onde se xuntan ceo e mar, onde Peto sabia nunca había estar.

Desexos, sempre argallando cos desexos de fuxir e navegar cara o oeste... Esquecendo que Xogel son, e coma tal das miñas obrigas non podo renunciar.


Mentras Peto enredaba coas súas penas, un teceder dou chegado ata o seu penedo, e increiblemente faloulle.

- Hola, son teceOito. ¿Tí quén es? ¿A túa cara está gravada na miña cabesa? ¿coñezote?

- Hummmmmm, dixo Peto. De vista, tan só nos coñecemos de vista, chámome Peto.

- ¿Peto? ¿non és os Xogel? Estasme a confundir... eu só teño un nome, teceOito.

- Esto, teceOito, ten doada explicación homiño, o meu nome é Peto, pero o meu traballo incrue que se me chame Xogel, para a familia i amigos son Peto. No traballo son Xogel.

- Eche unha liada, eu ando mellor sendo tan só teceOito.

- Pero... ¿non te aburre que haxa teceNove, teceVinte, teceOitenta?, ¿non preferirías ser xertiv? por exemplo...

- ¡hummmmm!, penso que teceOito está ben, góstame.

Incrible, Peto non daba creto a primeira vez na vida que un tecedor falaba con él. Este teceOito tiña que ser moi novo para terse afastado do grupo na praia e vir a falar con él. Os tecedores, excepto Capoeira, non tiñan por costume falar co Xogel.

Tería que preguntar a Capoeira sobre o comportamento de teceOito, por si o vira extrano de mais. Tal vez o teceOito precisa dunha revisiòn.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2006 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Longo
Brais e Xiro levaban máis horas das que lembraban camiñando. Ascendendo sen tempo de falar. Brais farto dou co cú nun penedo, Xiro nin escoitou caer os fardos de Brais no chan.

– ¡Xiiiiiiiiro! ¡Para xa! , de certo que na última virada collemos carón onde non é...

– Home Brais, pois a verdade non che podo diir. Niso memos aragallaba eu. Isto non cadra moito cos sinais do Bio. Eu non lle atopo o parecido co que de Etiori contou.

– Xiriño, pra min que este eche outro montiño.

– Sempre lle podemos dar nome, MonBrais, por exemplo, sorriu Xiro.

– A ter un, o caso e atopa quen o saiba. A lo menos habiamos saber canto tardaremos en chegar a Etiori.

– Niso levas razón Brais.

– O de MonBrais non soaba mal...

Os dous fitaron cara o camiño descendente i o lonxe que vian o mar...

Brais e Xiro tiñan as súas casas pretiño do mar. Tanto que dentro da casa cheiraba o arjaso, as nasas, os trasmallos, o vento do sul, o do oeste.

¿Sabedes que cada vento ten un cheiro?, Cada un o seu, de xeito que así non te perderás. Nin neboada nin treboada, na noite no día. Sempre o vento coma guía. Faro sen lume que cara onde viaxes a de te orientar. Cando as nubes cobren o sol e por él no n te podes orientar, lembra camiñante, polo cheiro do vento has chegar.

– Brais teño fame, tócache prender lume.

– ¿Non será mellor montar a tenda primeiro larpeiro? Temos unha hora de lus, e pouco lume habemos precisar hoxe.

– Ben, ben... contestou Xiro.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2006 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Brais e Xiro camiñan.
Xiro e Brais deixaron os fardos no chan. Estaban cansos xa que dende o intre en que se despediran do Bio-Repetidor non fixeran outra cousa que non fora camiñar. Os petos, os fardos no chan, na sombra pra non quentar as reservas, algo terían que comer durante a viaxe. Os dous ó rás, na herba seca e fresquiña, na sombra...

Brais ¿isto é unha sobreira ou unha carballeira? xa to teño dito CAR BA LLEI RA... jei...

Brais teimaba se lles quedaría moito camiño ate os cumios de Etiori, i as chairas cheas de cabalos dos que lle tiña falado Bio-Repetidor. Según él contara eso lle dixeran os poucos camiñantes que despóis de ter Etiori acadado foran quen de dar baixado.

Bio-repetidor contoulles dunha lenda, ista dicía que o que a Etiori chegaba en añorab remataba. Xiro bostezou... "teño fame", "imos facer un lumiño para xantar algo.Cando baixe a calor sería bo tomar camiño. Penso que pra cando o fusco e lusco habemos estar en Etiori"... "Brais brais, imos xantar..." "Moita presa tés, xa vou xiro vou, estou a coller uns jarabullos", rosmou Brais.

¡Boh!, exclamou Xiro, "Xa está o palanquín do sijarrón a chorar polo pouco camiño por facer. Estamos no sejundo día de camiño e non da co cú..."

"Vai rañala señor das presas", espetou Brais, "será por tempo home, será por tempo...", xiro fitou cara brais asentido coa testa "será será...".

Brais: Xa, dous días máis do que falaramos.

Bueno bueno, xa veremos como cadra o tempo, se lle da por chover xa podemos telo clariño. Rosmaba Xiro namentras recollía pedras e paus ben secos para o lume.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2006 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Peto e Capoeira conversan.
Mentras Peto ía, viña, non sabía nin que facía, Capoeira dixo "Hola". Peto virou a cara as súas cosas e cortesmente: -Bos días Capoeira.
- Bos días Xogel.
- ¡oh! téñote pedido que me chames Peto.
- Non podo.
- Xa, xa, as tradicións as xerarquías...
- Temos a obriga de informa ó Xogel: "Sistema informa fallo en liña "taini" Rede sobrecargada. Moita cor Azul".
- Ben, témola boa. Pensou Peto.
- ¡Capoeira!, exclamou Peto, ¿qué aconsellas?.
- Xogel aconsellamos: "Refrixerala inmediatamente, polo menos catro horas de verquer hache dous. Temos varios puntos de liña por tecer en frío, como precaución dunha estoupada". Dicía Capoeira a Peto. Peto escoitaba e ante o seu visor pegaba olladas ós distintos esquemas e estructuras das liñas e dos conservadores que estaban en probable colapso.

Despóisde minutos teimando dun lado a outro da Sala de Control, camiñando camiñando, Peto fitou os seus ollos en Capoeira i coa testa deu o sinal de aprobaciónás recomendacións de Capoeira.

Capoeira tan cumpridor como ne tiña que ser, partiu para dar as ordes pertinentes ós tecedores.

Tra-la marcha de Capoeira, Peto sentou ante o visor, deixou repousar as máns sobor do manipulador. A mirada perdida cara o visor, soñando esperto con lonxanas e descoñecidas paisaxes que non vería. A imaxe das naves cara o oeste, perseguindo o sol, xa se convertira nunha presencia diaria que comezaba a fartalo por intres.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2006 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal