E os soños, soños son...

Aqueles intres...
O candil xa non alumea, nembergantes fica alí colgado encima da lareira, hasta fai pouco a carón dunhas varas de chourizos de cebola, hoxe só.

Estame recordando que houbo tempos en que era imprescindible, pintando sombras fantasmais nas paredes da cociña. Pendurado sobre a miña cabeza, permanece inerte entre o fume do canizo, ollando o devir dos tempos, esperando unha faisca que o acenda e lle dé vida.

Debaixo eu; nunha loita a vida ou morte coa miña computadora, alumeando palabras,desenterrando recordos, calculando canto falta para que este ritmo endemoniado nos faga voltar aqueles intres, ainda que millor que non volten.

Miro para arriba e vexo moverse,derrepente xurden aquelas noites de contos, de meigas e de trasnos, menos mal que só e un soplo de vento que se colou pola fiestra, pero consigo arrastrou aquela morriña que xa pensei enterrada.

Agora foise a luz e a pantalla amenaza con durar só unhos cantos minutos mais, pero non importa, no peto ainda teño unha caixa de mistos.
Comentarios (0) - Aqueles intres. - Publicado o 21-01-2017 20:26
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal


Santi López Rodríguez