E os soños, soños son...

Arrastrando recordos.
Xa se albisca no cume de Corneira
a chegada agarimosa da lúa chea
os grilos apagan os berros dos rapaces
e un manto negro debuxa sombras sinistras.
A grella dos recordos remove a sementeira
que cada día fun regando dende a infancia
Desfilan bicos, arumes, bágoas, sentimentos
non destingo os soños da realidade cotiá
Nesta celda de castigo que me impuxen
só se escoita o ruído da cadena dos recordos
esvarando polo chan da soidade
deixando marcas coma engurras recien estreadas.

Comentarios (0) - Arrastrando recordos - Publicado o 08-07-2017 18:40
© by Abertal


Santi López Rodríguez