E os soños, soños son...

Vaciando reloxos de area.
Vaciando reloxos de area
desenterrei os meus devanceiros.
Vaciando reloxos de area
rompín en anacos a infancia.
Vaciando reloxos de area
descubrín o infinito do mundo.
Vaciando reloxos de area
malgastei o regalo dos anos.
Vaciando reloxos de area
espallei as miñas angustias.
Vaciando reloxos de area
derramei un tinteiro de bágoas.
Vaciando reloxos de area
conto os anos que poden quedarme
pra escachar o meu reloxo do tempo.
Comentarios (0) - Vaciando reloxos ... - Publicado o 05-02-2017 18:21
© by Abertal


Santi López Rodríguez