E os soños, soños son...

Lembranzas
Anacos de lembranzas esmorecen río abaixo
presas nas silveiras dos meus soños mais remotos,
cansos atardeceres salpicados de raiolas
que se agochan tras os cumios da soidade,
espazos infinitos faltos de presenza algunha.

Alá nos cómaros da miña aldea de trasnadas infantís
agora cemiterio de segredos espallados por mil voces
Foi alí onde naceu iste pasado que me asolaga,
entre risos, fentos, pedras e berros apagados.
Os estadullos seguen tremando desta pesada carga.

Rios de bágoas arrincan dende a tristura dos meus ollos
esvarando por as feridas que me proen todo corpo,
pra romper en silencio sinalándome o camiño.
As dúbidas esvaéncense coma febles nubes de verán
e de novo volta o acougo rutinario e o esquecemento.
Comentarios (0) - Lembranzas. - Publicado o 04-02-2017 16:38
© by Abertal


Santi López Rodríguez