E os soños, soños son...

Tempo de vendima.
Sentado neste balcón do Ribeiro
cosendo anacos da miña vida
con largos fíos do recordo
Só se escoita o ruxerruxe dos carros
esbarando polo enlousado camiño
O lonxe xurden os aturuxos
coma notas dunha danza de tribo
O céo salpicado de negras andoriñas
que se bambéan ca brisa mañanceira
Flota no ambiente o recendo do viño
que emborracha conciencias e desata línguas
que logo confesan a carón dunha negra sotana
As ringleiras de culeiros suben os portelos
semellan a procesión da Santa Campaña
desfilando nun vaivén de silencios
só roto polo chapuzar dos pisóns na tinalla.


Comentarios (0) - Tempo de vendima. - Publicado o 28-01-2017 14:23
© by Abertal


Santi López Rodríguez