E os soños, soños son...

Saudade
A miúdo vou repasando os sendeiros da miña infancia
uns trocaron en alquitranadas ruas cheas de lámpadas
outros en tupidos silveirais sin poder albiscar a saida
hainos que soportaron o paso do tempo sen apenas cambio.

Percorro paraxes de cando neno brincaba neles
trepo escarpados riscos desde onde botaba a voar
descendo a borcallós pola orballada herba do lameiro
acubíllome nunha lobrega cova entre dous penedos.

Pero un lóstrego de tristura devólveme á realidade cotiá
desapareceron os camiños baixo as solas dos zapatos
esfumáronse os lugares diante mesmo dos meus ollos
volven os recordos o acougo do seu triste cemiterio .

Ata que un día volvan pra quedarse e votar raices
pra habitar rincons, casas, xentes e pensamentos
sen escatimar en añoranza, morriña , sentimento,
enchendo ese gran buraco que produce a soidade.


Comentarios (0) - Saudade. - Publicado o 22-01-2017 14:27
© by Abertal


Santi López Rodríguez