E os soños, soños son...

Un día calquera...

Vagos recordos de tardes de verán , de pantalóns curtos ,
de cheiros a herba seca , dun par de alpargatas rotas ,
de choros , esta vez por soarme as mangas da camisa .
Tardes vestidas de festa e de xogos ata un estar canso.
Ledicia , amizade isa e a bandeira que nos arboramos ,
esperando a noite que nos arrule co canto dos grilos .
Os muros e os portelos que nos separan da aventura
fánsenos pequenos a hora de saltalos e superalos ,
non quedan niños , nin cereixas por moi alto que se escondan.
Só a noite co manto negro que se achega polos cumios
e capaz de parar as nosas risas e os nosos pés .
Mañá será outro día cargado de ilusions e de dúbidas
pero iso queda pra mañá , agora toca soñar entre sabas ,
espertar isa outra imaxinación que xurde da escuridade
e se viste de contos a veira da lareira e dun vello trespés ,
pero non , oxe seica toca pesadelo , tristura e bágoas ,
semella un escarmento polas risas da tarde enteira ,
pero só e un soño que me devolve a sinxela realidade.
Xa se óe o capón no seu acubillo , espreguizándose.
Na cociña ruxen as cuncas de leite que nos han de dar forzas.
Un berro seco sóa en toda a casa :"¿levántache nugallao? ".
As pizarras voltan o saco e xa piden chegar a escola
pero un gato no tellado da Sra Celia , fainos chegar tarde ,
a entrada Dña Manuela mira si levamos as orellas ven lavadas ,
e o que agardábamos : sin recreo pola tardanza , maldito gato .
Aburrida espera a que termine o castigo , debuxando no encerado ,
xa cheiran as sardiñas e a bica que nos esperan fumegando ,
a tarde volta de novo con pinceladas de lóstregos ,
con tronos retumbantes que nos fan quedar na casa ,
hasta que por fin o ceo tíntase de azul e o horizonte despexa .


Comentarios (0) - Un día calquera. - Publicado o 21-01-2017 18:30
© by Abertal


Santi López Rodríguez