lopezrodriguezsanti@gmail.com
 E os soños, soños son...

Tecendo soños.
Moitas veces o destino
encárgase de romper en anacos
aqueles soños que un levaba
tecendo toda unha vida.

Logo, nos albores da edade infinita
o anciño da memoria acumulada
xúntaos en sucos semellando longas cordas
que atan o pretérito e o presente.

E así; tecendo soños incompletos
á beira dunha paisaxe imaxinaria
co murmurio lexano e descoñecido
comtemplo a chegada do solpor.
Comentarios (0) - Tecendo soños - Publicado o 08-07-2018 11:28
Viaxe sen retorno
Teño medo dunha viaxe sen retorno
cargado de maletas folgadas e valeiras
agochando moreas de sentimentos e recordos

Teño medo de expresarme sin tapuxos
espindo a crúa relidade do meu pasado
hasta baleirarme de espellismos concibidos

Teño medo de ser valente e non sentir medo
finxindo un desgarrador desacougo
de todo aquelo que me vencella a realidade.
Comentarios (0) - Viaxe sen retorno. - Publicado o 17-06-2018 13:02
Galiza de outrora.
Camiños rachados polas rodas do carro,
veréas desfeitas co paso dos anos,
montóns de miseria apilada en moréas,
laxas gastadas polos cravos dos zocos,
tupidas silveiras semellando fachadas.

Vellos torcidos polo mango da eixada,
nenos brincando na eira do millo,
mulleres tapadas con negros fatelos.

Galiza labrega, galiza de outrora,
galiza de arados, brétemas e toxos.

Igrexas que apuntan co dedo hacia o céo,
clamando que chova para salvar a colleita.

Ollos que choran mirando para o chán,
rezando que alguén os veña labrar.

Galiza añorada, galiza de sempre,
galiza paisaxe, silueta e morriña.
Comentarios (0) - Galiza de outrora. - Publicado o 12-04-2018 18:09
Recordos.
Recordo aínda o eco dos teus pasos,
pasos que se foron ¿ Voltarán ?

Recordo o nacemento dos teus dezaoito,
dezaoito anos que chegaron ...¡non voltarán!

Recordos que recordan o recordo de algo belo
que o tempo i o destino aliados borrarán.
Comentarios (0) - Recordos. - Publicado o 12-04-2018 17:43
Arrastrando recordos.
Xa se albisca no cume de Corneira
a chegada agarimosa da lúa chea
os grilos apagan os berros dos rapaces
e un manto negro debuxa sombras sinistras.
A grella dos recordos remove a sementeira
que cada día fun regando dende a infancia
Desfilan bicos, arumes, bágoas, sentimentos
non destingo os soños da realidade cotiá
Nesta celda de castigo que me impuxen
só se escoita o ruído da cadena dos recordos
esvarando polo chan da soidade
deixando marcas coma engurras recien estreadas.

Comentarios (0) - Arrastrando recordos - Publicado o 08-07-2017 18:40
Vaciando reloxos de area.
Vaciando reloxos de area
desenterrei os meus devanceiros.
Vaciando reloxos de area
rompín en anacos a infancia.
Vaciando reloxos de area
descubrín o infinito do mundo.
Vaciando reloxos de area
malgastei o regalo dos anos.
Vaciando reloxos de area
espallei as miñas angustias.
Vaciando reloxos de area
derramei un tinteiro de bágoas.
Vaciando reloxos de area
conto os anos que poden quedarme
pra escachar o meu reloxo do tempo.
Comentarios (0) - Vaciando reloxos ... - Publicado o 05-02-2017 18:21
Lembranzas
Anacos de lembranzas esmorecen río abaixo
presas nas silveiras dos meus soños mais remotos,
cansos atardeceres salpicados de raiolas
que se agochan tras os cumios da soidade,
espazos infinitos faltos de presenza algunha.

Alá nos cómaros da miña aldea de trasnadas infantís
agora cemiterio de segredos espallados por mil voces
Foi alí onde naceu iste pasado que me asolaga,
entre risos, fentos, pedras e berros apagados.
Os estadullos seguen tremando desta pesada carga.

Rios de bágoas arrincan dende a tristura dos meus ollos
esvarando por as feridas que me proen todo corpo,
pra romper en silencio sinalándome o camiño.
As dúbidas esvaéncense coma febles nubes de verán
e de novo volta o acougo rutinario e o esquecemento.
Comentarios (0) - Lembranzas. - Publicado o 04-02-2017 16:38
Tempo de vendima.
Sentado neste balcón do Ribeiro
cosendo anacos da miña vida
con largos fíos do recordo
Só se escoita o ruxerruxe dos carros
esbarando polo enlousado camiño
O lonxe xurden os aturuxos
coma notas dunha danza de tribo
O céo salpicado de negras andoriñas
que se bambéan ca brisa mañanceira
Flota no ambiente o recendo do viño
que emborracha conciencias e desata línguas
que logo confesan a carón dunha negra sotana
As ringleiras de culeiros suben os portelos
semellan a procesión da Santa Campaña
desfilando nun vaivén de silencios
só roto polo chapuzar dos pisóns na tinalla.


Comentarios (0) - Tempo de vendima. - Publicado o 28-01-2017 14:23
Busco...
Busco o meu pobo enxebre, aloumiñado entre vagos recordos,
acubillado detrás das fiestras, mergullado nas frondosas carballeiras,
acotío esquecido en ringleiras de anos que veñen e se van.

Busco a esas xentes de antaño,torcidas polo mango da eixada,
eses camiños labrados pola roda do carro que soan o son das
badaladas das campás da igrexa que tocan a defunto .

Busco as melodías do vento de inverno que acuna os toxos do Barazal,
mezcladas co armonioso sorriso do regacho que resbala cantareiro polas
saias do monte,ata romper en mil cachos de espuma alá na Fareixa.

Busco ao lexos entre milleiros de cepas adornadas de roxos racimos,
aquelas xentes,aquelas vendimas,aqueles panos brancos a cabeza,
que ao final da colleita se retaban uns a outros con aqueles aturuxos.

Mais xa non atopo... nin vexo...nin escoito...nin xiquera imaxino .
Cheas de cemento tapan as casiñas, moreas de alquitrán
esconden os camiños, cantidade de recordos durmen no cemiterio.

Voan faiscas por riba dos tellados e con elas voan todos os meus
recordos da infancia, xa só quedan : fiestras, pedras, fentos ...
e o murmurio do silencio que o abafa todo .


Comentarios (0) - Busco. - Publicado o 22-01-2017 15:52
Saudade
A miúdo vou repasando os sendeiros da miña infancia
uns trocaron en alquitranadas ruas cheas de lámpadas
outros en tupidos silveirais sin poder albiscar a saida
hainos que soportaron o paso do tempo sen apenas cambio.

Percorro paraxes de cando neno brincaba neles
trepo escarpados riscos desde onde botaba a voar
descendo a borcallós pola orballada herba do lameiro
acubíllome nunha lobrega cova entre dous penedos.

Pero un lóstrego de tristura devólveme á realidade cotiá
desapareceron os camiños baixo as solas dos zapatos
esfumáronse os lugares diante mesmo dos meus ollos
volven os recordos o acougo do seu triste cemiterio .

Ata que un día volvan pra quedarse e votar raices
pra habitar rincons, casas, xentes e pensamentos
sen escatimar en añoranza, morriña , sentimento,
enchendo ese gran buraco que produce a soidade.


Comentarios (0) - Saudade. - Publicado o 22-01-2017 14:27
1 [2]
© by Abertal


Santi López Rodríguez