As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

D.Antonio García Varela
García Varela, fillo de Julita Varela Millán, foi o derradeiro posuidor da casa dos " Millanes " de San Fiz de Navío, casou con Teresa Sánchez García , estudou Bacharelato en Ourense e realizou os estudos universitarios de Ciencias Naturais en Salamanca e Madrid. No curso 1895-96 foi a adestrarse a Estación de Bioloxía Mariña de Santander. O día 19 de Febreiro de 1900 foi nomeado axudante segundo da clase de Zooloxía, posteriormente acadaría o posto de conservador do Museo.
Amplioua súa formación nos museos de París e de Berlín. Especializouse na orde dos hemípteros, abordando o estudo da familia dos Redúvidos, concretamente os africanos, éste foi o tema da súa tese de doutoramento.
Desde o 19 de Setembro de 1905 e catedrático de Historia Natural da Universida de Santiago de Compostela.
García Varela participou activamente na Delegación de Santiago da Sociedade Española de Historia Natural, asociación que se constitúe en 1909 con Antonio García de Secretario. Abandonou Santiago en 1919 pa trasladarse a Universidad Central como Catedrático de Fisioloxía Natural. Dese xeito, cambia o seu ámbito docente e de xestión e dedica os seguintes anos a Botánica.
Desde Madrid mantivo unha certa relación con Galicia, cando en 1928 se constitúe a Comisión de Estudos, García Varela forma parte da mesma e membro da diretiva da Asociación Española para o Progreso das Ciencias. En 1925 ocupa a presidencia da Sociedade Española de Historia Natural, e en 1930 substitúe a Ignacio Bolivar na dirección do Real Jardín Botánico.


Sacado do "Album da Ciencia" do Consello da Cultura Galega.
Deixa un comentario (0) - Categorías Fillos ilustres - Publicado o 27-09-2014 19:17
© by Abertal



Santi López Rodríguez