As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

" Familiares " do Santo Oficio da Inquisición.
A Inquisición en España , heredeira do procedemento penal propio da inquisición medieval , copiou desta algúns usos e costumes , entre éles foi a adopción de certas clientelas que axudaban os inquisidores en tarefas auxiliares , eran xentes vinculadas por razóns de lealtad e obediencia o inquisidor . As súas funcións eran o traslado de presos a cárcere , cando o personal específico non podía executar a tarefa . Tamén eran confidentes e testigos de cargo , tal foi o número e privilexio destes "familiares" que chegaron a Coroa tal cúmulo de protestas que hacia o ano 1543 tomáronse as primeiras medidas pra reducir o número i os privilexios desta xente .
Henry Kamen no seu libro . "La Inquisición Española " (1972) daba unha cifra de 1.009 familiares só no Tribunal de Santiago de Compostela ,en función da poboación existente no Reino que sería de 1 a 131 (familar / veciños ) esta cifra ,a primeira vista exagerada , foi moi criticada , pero sen dúbida en Galicia a densidade de estes "familiares" era altísima .No obispado de Ourense no censo de 1587 había 64 "familiares" que se viron reducidos a 30 no ano 1641 .
Como non podía ser menos ,en San Fiz tamén houbo "familiares" ,alá por o ano 1575 Don Gaspar Borrajo de Nazara y Temes ,veciño de San Fiz , antepasado dos que anos mais tarde instauraron os Mayorazgos de Cuñas e O Formigueiro ,en cuxa árbore xenealóxica aparece como "familiar" do Santo Oficio da Inquisición .Tamén nesa mesma árbore , pero noutro troco común , figura no ano 1769 Don Francisco de Barcia y Araujo , veciño tamén de San Fiz e que casou con Dona Benita Fuentes Ribera .
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 01-09-2012 19:30
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0