As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

O Magníficat galego de 1886
No ano 1887 houbo no Vaticano unha exposición internacional en homenaxe o Papa León XIII . Para esa Exposición Vaticana moitas dióceses , ordes relixiosas , reis , nobres e tamén cidades e paises , rivalizaron en agasalla-lo Papa León XIII con objectos de máximo valor artístico . Entre os agasallos que o Papa estimou mais foi un " Magníficat in XL linguas versum et propiis caracteribus redditum et expresum " ofrecido polo Abade dos Cistercienses de Lèrins , un dos mosteiros mais antigos de Europa .
Pois resulta que e a versión mais antiga escrita en galego do Magníficat que coñecemos , e sabedes quen foi o autor desa traducción o galego ? o que foi noso veciño D.Urbano Ferreiroa.
O Magníficat é un dos treitos mais coñecidos da Biblia. Aparece únicamente no evanxelio de S.Lucas ( 1,46-55 ) metafóricamente tamén se lle chamou o " Evanxelio de María ". O Magníficat e mesmo unha das bandeiras da Teoloxía da Liberación , polo seu contido político-social ( Bota dos seus tronos os poderosos e fai medra-los pobres , enche de fartura os que pasan fame e os ricos despachaos sen nada ) .
Do Magníficat hay varias versions :
* 1886 Versión de Urbano Ferreiroa Millán
* 1965 Versión de Xosé Morente Torres
* 1968 Versión dos Irmandiños
* 1989 Versión de Rodriguez Pampín,Torres Queiruga
* 2001 Versión do Leccionario.

O autor deste traballo XESUS FERRO RUIBAL
fai un análese lingüistica do Magníficat galego do 1886 e estuda as características gramaticais e ortográficas deste texto .
A traducción do Magníficat levouna a cabo D.Urbano Ferreiroa sendo Chantre da Catedral de Valladolid . O autor diste traballo pregúntase en certo momento :¿ Por qué os frailes de Lèrins piden unha traducción do Magníficat o galego a Valladolid e non buscan entre os cistercienses dispersos por Galicia ? ¿ Por qué os monxes de Lèrins coidan que Ferreiroa era a persona axeitada , se nada escribira en galego , que nos saibamos ? A hipótese mais verosimil e que algún dos frailes de Lèrins estudase en Roma con Ferreiroa e éste , coma todos os galegos fora da nosa terra , fixese reiteradas referencias a Galicia e a sua peculiaridade lingüistica entre os compañeiros de estudos .

Estes datos foron sacados dos Cadernos da Lingua , Xesús Ferro Ruibal :A primeira traducción do Magníficat o galego.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 15-08-2012 15:14
© by Abertal



Santi López Rodríguez