As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

San Fiz no ano 1580
No libro : " O padrón de San Clodio de 1580 " editado pola Asociación Galega de Onomástica , escrito por D. Frutos Fernández González , aparece no apartado do padrón da xurisdicción de San Clodio do ano 1580 , San Fiz de Navío formando parte de dita xurisdicción que estaba composta da siguiente maneira :
1.- Padrón de Leiro
*Leiro Grande
*A Agra
*Barzamedelle
2.- Padrón de Lebosende
*Vilaverde
*Caldas
*A Portela
*O Corbal
*Eira de Mouros
*Rubial
*Ribeira
*O Sebe
*O Convento
*A Costa
*O Candendo
*O Outeiro
*A Raña
3.- Padrón de San Clodio
*San Clodio
*A Esperela
*A Barouta e A Regueira
*Meín
*A Ponte San Clodio
*Veiga Vella
*Veiga Nova
4.- Padrón de Cuñas
*Cacabelos
*Cuñas
5.- Padrón de Vieite
*Cima de Vila
*O Val
*O Ivedo
*O Souto e O Torrón
*Cabo de Vila
*Churide
6.- Padrón das Pousas
*Granxa de Cascalleira
*Granxa e Pousa de Eiras
*Granxa de San Fiz de Navío
*Granxa de Suiglesia
*Granxa de Outeiro de Abades
*Granxa de Lamas
*Granxa de Figueiredo
*Granxa de Toscaña
*Granxa de Santián


Datos sacados do libro de Frutos Fernández González
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 18-08-2010 20:58
Mapa de orientacions do terreo.

Este mapa móstranos as orientacions dos nosos terreos e cabe destacar que son orientacions idénticas as do veciño Osmo , de aquí a miña teima por esa similitude de terreos con os do Ribeiro . Predominio de Oeste - Noroeste .
Deixa un comentario (0) - Categorías Cartografía do terreo - Publicado o 18-08-2010 18:50
Mapa de pendientes

Interesante mapa de pendientes que nos deixa ver as claras a inclinación natural dos nosos terreos , casi son nulas as zonas llanas , de aquí que a mayoría dos nosos tarreos teñan unha estructura en "sucalcos" , moi difíciles de traballar i este traballo farase a man , debido a morfoloxía do terreo .
Deixa un comentario (0) - Categorías Cartografía do terreo - Publicado o 18-08-2010 18:50
Análisis territorial .

Pequeno mapa que mostra un análisis territorial da Parroquia de San Fiz.
Deixa un comentario (0) - Categorías Cartografía do terreo - Publicado o 18-08-2010 18:49
Cobertura e uso do solo

Neste mapa podemos ver a cobertura e uso que lle damos o solo da nosa parroquia . Fai poucos anos as zonas de labradío eran mais amplas , oxe en día as zonas forestais van gañando moito terreo sobre as zonas cultivadas .
Deixa un comentario (0) - Categorías Cartografía do terreo - Publicado o 18-08-2010 18:49
Configuración administrativa.

Esta e a configuración administrativa por parroquias do Axuntamento de San Amaro
Deixa un comentario (0) - Categorías Cartografía do terreo - Publicado o 18-08-2010 18:48
Necesito da tua colaboración

Este blog naceu co sinxelo propósito de achegar a toda aquela xente que naceu viviu ou ten algunha relación co a parroquia de San Fiz de Navío . Destacando sobre todo a xente xoven que non conoceu aquela maneira de trasmitir de abós a pais e de pais a fillos as anécdotas , historias e contos como fixemos nos , o carón da lareira nunha noite do cruo inverno . Eles dáselle mellor a tecnoloxía por eso voto mau dela e espero que entre botellón e conexión , fagan un pouco de tempo e se paren a ver quen foron , como se chamaron e como viviron os seus ancestros .


Por eso necesito a axuda de todos os que pasedes por aquí , si tendes fotos antigas , historias non coñecidas , documentos de antaño , calquer cousa será ben recibida .
Deixa un comentario (1) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 18-08-2010 16:09
Entronque dunha familia de San Fiz no Mayorazgo do Formigueiro

Corría o ano 1810 cando unha moza : Doña María Benita Borrajo y Camba ,irmá do fraile da Orde de San Benito : Don Domingo Borrajo , e filla lexítima de D.José Faustino Borrajo y Camba e de Dña María Angela Barcia y Fuentes , veciña de San Fiz de Navío , casa con Don Miguel Teijeiro Montero que era señor do Mayorazgo do Formigueiro . Aportando dista maneira o matrimonio unha dote de cuarenta mil ducados en diñeiro , bens raices e muebles .
Iste matrimonio foron pais de : D.Rafael , D.Zacarías , D.Gerardo e Dña Angela Teijeiro Borrajo fallecida de nena . Pero ímonos centrar en Don Rafael Teijeiro Borrajo que naceu en 1812 ,estudiou filosofía ,foi lider progresista na comarca do Ribeiro e capitán da compañía de Cazadores de Cenlle , tamén foi alcalde diste pobo ( Cenlle ) entre 1839 e 1843 . Casou en primeiras nupcias con Dña María del Carmen Villarino y Díaz e en 1845 casa Don Rafael en segundas nupcias con Doña Vicenta Millán y Fajardo , filla de Don Francisco Millán , escribano de número do Municipio de Ribadavia e veciño de San Fiz de Navío , e de Doña Rita Fajardo .
Da casa orixinaria do apellido Millán no pobo de San Fiz , ainda se conserva a casa en perfecto estado e permaneceu en poder da familia hasta mediados do siglo XX ; o seu último poseidor foi Don Antonio García Varela , fillo de Doña Julia Varela Villar , catedrático da Universidad Central e Decano da Facultade de ciencias naturales da misma , que falleceu sin fillos en Madrid en agosto de 1842 ; a sua viuda Doña Teresa Sanchez García , enajenou a citada casa en 1952. Dista casa e apellidos proceden entre outros : o político e periodista D.José Millán Astray e tamén o seu fillo o xeneral Millán Astray .



Datos todos recabados do traballo de : Isabel Leyes Borrajo / Carlos Acuña Rubio
Mayorazgo del Formigueiro . "Los Teijeiro"
Deixa un comentario (4) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 15-08-2010 20:28
Monte dos Castros

Lugar de interese arqueolóxico e cultural , pois alí están as orixes do actual pobo de San Fiz .
Pra chegar o lugar , hay que ir hasta a aldea de A Regenga i o estar a altura do último dos chalés , hay que coller o cortafogos que vai por debaixo da liña de alta tensión , hasta chegar o pé dun poste da líña.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 15-08-2010 20:26
O Toco do Zorro

Trátase dun lugar a primeira vista misterioso , cheo de grandes pelouros de granito , que antiguamente pudo ser un lugar de culto relacionado co castro que hay cerca do lugar .
Predominan sobre toda a vexetación grandes e centenarios carballos , arbol que formaba parte importante da cultura celta , que tupen todo o lugar .
Deixa un comentario (0) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 15-08-2010 20:26
O Barazal

A importancia diste lugar reside sobre todo no cumio do monte , dende donde se pode ver gran parte do ribeiro e tamén parte da comarca do Orcellón . A paisaxe que se atisba dende aquí e fermosa cerrando a visión como telón de fondo o alto de Pena Corneira .
Deixa un comentario (1) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 15-08-2010 20:26
© by Abertal



Santi López Rodríguez