As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

¿ Cabeza cortada castrexa ?
Sabemos que a manifestación artística mais típica e mellor conservada da cultura castrexa son as esculturas de pedra e unha das tipoloxías e exemplo significativo son as "cabezas cortadas" ou "cabezas trofeo". Polo xeral trátase de pezas feitas en granito do país, para encaixar nas paredes das casas ou nos muros, a función foi sempre moi discutida, para uns trátase de trofeos guerreiros e para outros a representación de ídolos ou deidades.
Pois ven nunha casa do Outeiro, na súa fachada lateral atópase unha destas cabezas, o interrogante de si se trata ou non dunha cabeza cortada castrexa, pono de novo Felisindo González Iglesias, que nun recente paseo por a nosa parroquia atopou esta escultura.
Non sería arriscado, pola miña parte, afirmar que sí se pode tratar dunha destas cabezas cortadas, pola proximidade cos castros de San Fiz . Debemos ter en conta que tanto a casa en donde se atopa empotrada coma os castros están a carón do antigo camiño real de San Fiz e non sería difícil que a escultura chegase a esta casa, que por outro lado era unha casa solariega e podente, cerrada cun balado alto toda ela e mais a finca adxacente. Esta casa no Catastro de Ensenada de 1749 figuraba como heredade de Don Andrés de Temes , rexidor da cidade de Ourense e posteriormente pasou a ser posesión dun Notario do Carballiño.
A falta de mais datos arqueolóxicos quedareime coa interrogante de si se trata dunha cabeza castrexa, na actualidade e reutilizada como desaugadoiro dunha cociña.
Pola tosquedade da figura e moi doado encaixala nunha filiación castrexa e mais pola súa proximidade do Monte dos Castros, esto non e mais ca unha suposición.
Preguntando o actual dono da casa, contoume que a pedra de granito usada na súa construción foi a chamada pedra de Anllo, procedente das canteiras do pobo veciño se ben non sabía nada da cabeza. Unha das características do granito utilizado na construción da casa e que co paso dos anos vaise desfacendo como si de area se tratase o que non pasa na figura que se mostra mais sólida a pesar dunha fenda que a recorre dende a frente hasta a boca produto sen dúbida dun golpe que levou.
A todo esto hoxe fágome eco do que se veu a chamar cultura das cabezas cortadas , en relación coa costume celta de cortar a cabeza os inimigos e colocalas na entrada das súas casas, pois crían que nelas residía, ademais da intelixencia a valentía dos guerreiros vencidos, calidades que pasarían a formar parte do poseidor de dita cabeza.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 11-07-2015 11:51
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0